A ASOCIACIÓN VECIÑAL DENUNCIA GRAVES DEFICINCIAS DE MANTEMENTO NO CENTRO DE SAÚDE DE ESCAIRÓN, ASÍ COMO A ALARMANTE CARENCIA DE INVESTIMENTOS POR PARTE DO CONCELLO.
Na data de hoxe, lúns 17 de decembro, os veciños do Saviñao sufriron a carencia de calefacción no Centro de Saúde, feito que se leva repetindo dunha maneira preocupante durante todo este outono. A causa radica no ineficiente sistema de calefacción de biomasa recentemente estreado no concello, pero a Alcaldía non parece ofrecer solución. Pero neste lúns negro non foi a única incomodidade sufrida polos pacientes. Engadíuse a carencia de luz e os contínuos cortes ( denunciados pola asociación, sen resposta ), co que as consultas estiveron inoperantes boa parte da mañán.
A asociación veciñal ven reclamando nos últimos catro anos reformas no centro de saúde. Agora quérenos contentar coa construcción dun novo edificio, pero haberá que esperar como mínimo ata o 2020 para velo funcionado. ¿ teremos que soportar todo este tempo as contínuas derramas, o frio e condicións mais propias doutro século ?.
Preocúpanos que estas carencias nos servizos públicos contrastan co afán recadatorio que leva aplicando esta corporación. Sopórtase un IBI elevadísimo, incrementáronse todas as tasas municipais, co que existe superávit nas contas. Pero esta bonanza económica non repercute nos veciños xa que non existe investimento algún desta corporación municipal. Pola contra, sopórtanse tres dedicacións exclusivas e outra media, algo desproporcionado para un concello de 3.850 habitantes.
Nas vísperas dunhas eleccións municipais a actúal corporación parece máis interesada en organizar citas culinarias populistas que en solucionar as graves carencias e os problemas cotiáns dos veciños. Unha xestión global do Alcalde que pode catalogarse de NEFASTA:
GRETAS NA IGREXA ROMÁNICA DE SANTO ESTEVO. SOLICITAMOS VIXIANZA E SEGUIMENTO DAS MESMAS.
Dacordo cun dos obxetivos da asociación , como é a protección do patrimonio do municipio, e a iniciativa da nosa asociada Silvia Ayestarán, interesada e profesional en temas patrimoniais , na data do luns 17 de outubro do 2016 diriximos díante da Consellería de Cultura a solicitude para que se faga unha vixianza e seguemento das gretas detectadas en distintos puntos do templo. Concretamente na escaleira de acceso interior ao rosetón , na parte interna da ábsida, e nas arquivoltas da fachada principal .
Trátase de reclamar da institución civil responsable que se coordine un seguemento da evolución destas gretas que permita rápidas actuacións no caso de detectar un empeoramento das mesmas . Santo Estevo é ún dos edificios románicos máis emblemáticos da Ribeira da Sacra .
Anteriormente xa nos dirixíramos díante de Patrimonio cando acontecera o derrubo da fachada do Pazo Bispal de Diomondi, ou cando alertamos da crecente inclinación dun ortostato do dolmen de Abuíme. Sigue leyendo
¿ PARA CANDO A PROMETIDA RESIDENCIA PARA MAIORES EN ESCAIRÓN ?
Na data do 2 de xuño rexistramos envio de pregunta á Deputación Provoncial acerca de si existe intención de construir una residencia para maiores en Escairón. Pasados xa 7 anos dende a firma do convenio entre Deputación e Concello para a construcción dunha residencia, puiblicitada como una realidade inmediata e executada a compra do solar no fondo da Devesa pola Deputación, vemos como as dúas partes incumpliron o firmado no convenio. Nin a Deputación presentou o proxecto de obra , nin solicitou o permiso, nin o Concello aportou a primeira entrega dos 200.000 € acordados.
Úns polos outros e o noso municipio carece deste servizo esencial, e os veciños do Saviñao temos que andar buscando un lugar de reposo ou un centro de día para os nosos maiores nos municipios aledaños, cousa non doada de conseguir.
Recordamos que Dona Maruja Somoza deixara no seu testamento a doación do edificio da praza Maior de Escairón para a construcción dunha residencia para os maiores de todo o Saviñao. O que non se esperaba , nin ela nin os veciños, é que esa residencia ía ser entregada polo Alcalde a una empresa privada, en forma de “ apartamentos tutelados “, sin posibilidade de concerto e a un custo de 1.500 € por praza, co que exclúe á pràctica totalidade da poboación maior do noso territorio, cunhas pensións agrarias moi alonxadas desa cifra.
OS VECIÑOS RECLAMAN MEDIDAS DE SEGURIDADE VIAL NO BARRIO DE CABREIRA EN ESCAIRÓN.
O pasado luns 26 de marzo vimos de rexistrar no concello unha solicitude de mellora da seguridade vial no barrio de Cabreira en Escairón, despois de recollida a queixa formulada por veciños daquel barrio, Adxuntamos copia da solicitude.
EXPOÑENDO :
Recentemente recíbiuse na asociación unha queixa dos veciños do barrio de Cabreira pola velocidade coa que pasan o coches pola entrada a Escairón dende A Páxara, co perigo añadido da presenza dun paso de peóns próximo á panadería Avenida e á saída dunha curva.
Asemesmo relatan que a sinal que limita a velocidade a 40 está deteriorada e colocada nun lugar onde casi non se vé.
Tamén solicitan o cumprimento da proibición de estacionamento alternativo quincenal a cadaún lado da Avenida Buenos Aires, na proximidade do cruz e do Café Moderno. É evidente que a sinal actual a día de hoxe está tan oxidada que xa non se ven os números dos días que indicaban a proibición .
ALEGACIÓNS PRESENTADAS Á DECLARACIÓN BIC DA RIBEIRA SACRA
O 19 de marzo envíamos á Dirección Xeral do Patrimonio da Consellería de Cultura as alegacións á relación de bens a incluir como bens de protección da paisaxe cultural ( BIC ) da Ribeira Sacra, previa á proposta a Patrimonio da Humanidade.
Indicamos a omisión dalgúns elementos medievais e románicos do noso concello, así como doutros elementos patrimoniais de interese dentro do noso territorio municipal. tamén rexistramos no concello esta relación, para que teñan coñecemento das omisións detectadas.
A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 13651 no rexistro provincial de asociacións de Lugo, e co nº 14 no rexistro municipal do Saviñao, a traves da súa Presidenta, Celia Ferreiro Riazor con DNI 33.812.714 T, diríxese á Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e,
EXPOÑEMOS:
Que Segundo o anunciado no DOG num. 246, do venres 29 de decembro do 2017, incóase expediente para declarar a Ribeira Sacra ben de interese cultural ( BIC ).
Que dentro do prazo de tres meses que se lle concede ás institucións e persoas xurídicas formulamos as seguintes
ALEGACIÓNS :
FUTURO DO RÍO PESQUEIRAS : REXENERAR A VIDA NATURAL DUN RÍO
Estamos a primeios do 2018 e continúan as obras de construción da necesaria depuradora na planta de CELEGA que se iniciaran a primeiros do setembro pasado. Con esta obra espérase que remate dunha vez por todas o pesadelo dun río morto e cheirento, e que os veciños e visitantes do Saviñao non teñan que soportar a pestilencia e degradación dunha fonte de vida.
Agora compre recuperar sa condicións biolóxicas naturais e consustanciais a un cauce fluvial.
Xa no 21 de xuño do 2017 a europarlamentaria Lidia Senra levara ó Parlamento Europeo o tema da persistente contaminación deste afluente do Miño. Daquela a Comisión europea respostara que estaban evaluando a resposta das autoridades españolas e esperaba ver cumpridas as diretrices europeas na materia da calidade das augas, evaluando despois as medidas propostas.
pregunta de Lidia Senra ( 21 de xuño do 2017 )
resposta a Lidia Senra ( 16 de agosto do 2017 )
A primeiros do 2018 coñecemos que o tema do río Pesqueiras foi levado ao Congreso dos Deputados. Na data do 15 de decembro do pasado ano o grupo Podemos-En Marea presenta unha Proposta non de lei solicitando o cese inmediato dos vertidos contaminantes e a aprobación dun Plan de Rexeneración e Limpeza do río. O Congreso dos Deputados español insta ao Ministerio-Confederación Hidrográfica Miño-Sil a aprobar un Plan de Rexeneración e Limpeza do río. Esta resolución acércanos a posibilidade de voltar a ver un río vivo, e reconfórtanos despois de dous longos anos de rabia, traballos e actuacións.
A ASOCIACIÓN VECIÑAL DENUNCIA NOVOS VERTIDOS DA EMPRESA LÁCTEA CELEGA Ó RÍO PESQUEIRAS.
Na data do 11 de novembro do 2016 recibíronse queixas dos veciños polo aspecto das augas do cauce do río Pesqueiras , en concreto nos lugares de A Veiga e Torno , úns 5-6 quilómetros abaixo da central leiteira. A alarma despertouna os restos flotantes de espuma branca , cun fétido cheiro e o leito opaco das augas.
Recordamos que na primavera deste mesmo ano ADEGA presentou denuncia ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil ( CHMS ) e o SEPRONA, despois do informe elaborado pola asociación veciñal. Asemesmo un veciño afectado tamén se dirixíu ante a CHMS , o Concello e a Consellería de Medio Ambiente. Os feitos son repetidos e continuados , pois ademais destes residuos visuais , comprobamos como case que todas as mañáns percíbese un fétido olor nas proximidades do cauce que vai desaparecendo ó longo do día , o que fai sospeitar que eses vertidos fanse alevosamente pola noite.
Os frecuentes cortes de luz supoñen custos ós negocios e veciños ¿ que fai a Alcaldía ?
Dado que xa pasaron dous meses dende que lle enviáramos ó Alcalde solicitude de intervención diante da empresa Gas Natural Fenosa, para que esixira correccións cara a evitar esta lacra enerxética, vemos como seguen a repetirse os cortes de luz sen solución, ocasionando custos e quebradeiros ós veciños, negocios e empresas do municipio. Por elo enviamos nota de prensa denunciando a pasividade da Corporación municipal.
A CATÁSTROFE DOS LUMES NON PODE VOLTAR A REPETIRSE. PROPOÑEMOS MEDIDAS A ADOPTAR NO NOSO MUNICIPIO.
Despois da debastadora vaga de lumes que sufríu este ano a comunidade galega, consideramos que debe servir de alerta e chamada de atención a toda sociedade ou do contrario, considerando a ameaza que suporá no futuro mais inmediato o cambio climático que xa estamos padecendo, o mundo rural corre serio risco de afrontar un número crecente de incendios similares aos das recentes datas.
Por elo compre sentar as bases para que NUNCA MÁIS se volva producir un desastre humano e medio ambiental como o deste ano. Por iso é o momento de aportar solucións deixando a un lado intereses enfrontados ou posicións tácticas políticas, e adoptar as medidas consensuadas que minimicen no posible as desoladoras consecuencias do lume.
Dende a asociación dirixímonos ó órgano de goberno local e a todos os partidos políticos do municipio coa finalidade de que sexa tratado este tema coa seriedade e responsabilidade que se merece, e se adopten resolución plenarias para previr e evitar na medida das posibilidades locais a catástrofe do lume no noso municipio.
Dende a asociación veciñal propoñemos unha serie de medidas para que sexan debatidas nunha sesión plenaria e, si se consideran, sexan executadas dun modo inmediato:
DE NOVO A POBOACIÓN TEN QUE SAIR NA DEFENSA DO HOSPITAL DE MONFORTE
Despois de que a Xunta de Galicia presentara, a principios do mes de agosto , un proxecto de lei dunha nova lei de sanidade na que se ameaza de novo aos hospitais comarcais, concretamente ós de Monforte e Burela en Lugo, O Barco en Ourense e o Salnés en Pontevedra, xenérase de novo alarma na comarca.
Segundo a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Monforte, a Área sanitaria destas comarcas baixa de categoría, pasando a ser Distrito dependente de Lugo , co que se perde capacidade de xestión, decisión e contratación, e pode ocurrir que certas especialidades onde hai un só médico, no futuro sexa enviado dende Lugo 2 ou 3 días á semana.
Ademais desaparece a idea de que o paciente é o centro e eixe da asistencia sanitaria, pasando a ser » os recursos dispoñibles » o motor das prestación sanitarias, co que é facil deducir que a sanidade dependerá dos recortes presupostarios.
Ademais ábrese a porta á privatización de parcelas da sanidade pública. Sigue leyendo