COMENZAN AS OBRAS DO CENTRO DE SAÚDE: NACE AUGA. AS ADVERTENCIAS FORON DESOIDAS.

Neste mes deu inicio a construcción do novo centro de saúde de Escairón e ó pouco de profundizar para a cimentación tiveron que parar a obra por aparición de auga, feito do que xa advertíramos en multiples ocasións ás distintas administracións. É mais que probable que este feito encareza o custo da obra, e quizais esixa a reconsideración técnica da mesma. Porén a Asociación Veciñal do Saviñao denuncia a incompetencia e os despropositos nas actuacións das distintas administracións implicadas nesta obra.

ANTECEDENTES :

Con data do 21 de abril do 2016 o Pleno municipal toma o acordo de iniciar os trámites para facilitar a construcción do edificio sanitario na zona verde e dotacional deportiva da Lama de Escairón. Daquela a asociación dirixira queixa razonada ó Concello para o rexeitamento desta decision. Como non houbo rectificación procedeuse a recollida de firmas dos veciños contra a ubicación elexida, entregadas no Concello e enviadas á Consellería de Sanidade un total de 578 no 5 de setembro.

Con data 18 de maio diriximos escrito á Consellería de Sanidade, e no 16 de xullo remitímosnos ao propio presidente da Xunta, acompanando unha petición razonada e argumentada da reconsideración desta obra. Entre os argumentos esgrimidos, ademais da agresión urbanística, alertábamos do inapropiado do lugar elexido por canto alí nace auga continuamente e de feito está no leito do río Pesqueiras.

A resposta veu da Directora de Recursos económicos da Xunta o 19 de setembro e, nun alarde de técnica professional, afirmase que existen medios técnicos máis que suficientes para solventar ese obstáculo. Hoxe compróbase como o advertido cúmprese xa que ó pouco de perforar e tras unha tempada na que non houbo precipitacións, mana auga en grandes cantidades, co que o problema vai ser grave e crónico.

Tamen o 17 de xuño solicitamos acreditación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil de si os terreos onde se proxectaba a obra estaban nos límites de protección das augas. Como concecuencia abríuse un expediente, pero ignoramos cal foi a súa resolución ou si hai unha resolución expresa para a realización de ditas obras.

Despois do ninguneo mostrado polas distintas administracións ás consideracións de quenes coñecen o territorio ( os propios veciños ), a asociación veciñal esixe responsabilidades das tres administracións:

  1. Do Concello por permitir a obra nunha zona deportiva e a sabendas de que aquela zona é un acuífero.
  2. Da Consellería e Xunta por non valorar a alerta que a veciñanza lle amosara e polo probable sobrecusto da obra.
  3. Da CHMS por permitir a construcción nunha zona de augas da súa responsabilidade.

O que se fai a 17 de xuño do 2019.

P6163588 P6163589

Ó Día seguinte diriximos denuncia á Confederación Hidrográfica Miño-Sil ( CHMS ) e á Comisaría de Augas de Lugo, xa que estaban vertendo as augas para valeirar o “novo estanque ” e chegaron ata o lavadoiro. Instamos a que o organismo do ministerio impida as obras no leito mesmo do río Pesqueiras, así coñeceremos si a obra se iniciou cos permisos necesarios.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail