SOLICÍTASE Á DEPUTACIÓN TAREFAS INMEDIATAS DE CONSERVACIÓN DAS ESTRADAS DA SÚA TITULARIDADE NO SAVIÑAO.

      A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese á Delegación de Vías e Obras Públicas da Área de Xestión Territorial da Deputación de Lugo , para solicitar labouras de mantemento en certas estradas do territorio do Saviñao da rede viaria da Deputación.

    O deterioro das estradas de calesquera responsabilidade ( municipal, autonómica ou provincial ) no territorio do Concello do Saviñao é xeneralizado, pero no caso das estradas que a continuación relacionamos trátase dunha situación de urxente emerxencia, xa que estan impracticables e con alto risco de siniestrabilidade debido as profundas fochancas e a perda da capa de rodadura.

        As vías de comunicación son o elemento indispensable para manter poboación, pois evitan o aillamento das xentes, que é o que leva á emigración e ó éxodo, ó abandono dos lugares e aldeas, en definitiva á desaparición da vida rural.

        Dende esta asociación somos conscientes de que non vai ser posible o asfaltado integral de todas as estradas, que sería a alternativa mais efectiva e duradeira, debido á elevada inversion necesaria; polo que só solicitamos se executen os traballos de conservación e mantemento periódicos para manter a rede viaria transitable.

        Por elo solicitamos da Deputación de Lugo inicie de maneira prioritaria as tarefas de matemento e conservación das estradas da súa titularidade. Concretamente solicítase intervención inmediata de rebacheo e capa asfáltica nos seguintes tramos:

        1. Estrada 4202 Currelos-Paradela. Tramo Currelos ata pasado Teibel, no cruz coa 5816 a Reiriz, 8´2 km.. O arranxo desta estrada xa fora reclamado nos dous últimos anos polos veciños. Moi afectada en xeral a capa de rodadura.

           2. Estrada 4102 Escairón-Ferreira polo antigo trazado Escairón-Lamalonga. Tramo dende A Páxara ata o final de Aira da Vila, no cruz coa que desvia á nova 4102, 1´8 km.. Fochancas moi localizadas, cunha fondura maior de 10 cm..

         3. Estrada 5806, dende a confluencia coa LU-617 Escairón-Chantada ata Diomondi. Tramo dende a confluencia mencionada, onde a láctea Celega, ata o lugar de Meán, 1´9 km., Perda da capa de rodadura.

             4. Estrada 5807 Fontela ( Fión )-Montecelo. Hai dous tramos que precisan atención:

            – Dende Fontela á Bendanova, ata o desvio a Mourelos ( 5817 ). 3´4 km.. Hai tramos onde é imposible evitar as fondas fochancas, moi     deteriorada e todos os anos reaparecen os baches.

                 – Dende Outeiro a Montecelo, 800 metros. Precisa arranxo superficial.

          5. Estrada 4112 Fión-O Reguengo. Tramo Rendal ( Fión ) no cruz coa 4102 ( Escairón-Ferreira ), ata o final da Barxa, no desvio ó Camiño Grande. 1 km.

             6. Estrada 5804 Morgade-Rebordondiego, recentemente arranxada pola Deputación cunha boa capa de aglomerado, pero só ata Aiaz, faltando o tramo mais deteriorado entre Aiaz e Rebordondiego, ata o cruz coa LU-611 ( Taboada-Rubián ). 3´2 km.. O pior está na entrada a Rebordondiego onde xa non hai estrada, está totalmente arada.

       Na espera dunha pronta actuación por parte dese Departamento de Xestión Territorial que satisfaga as lóxicas reclamacións dos veciños, depédese atentamente de Vde. a Presidenta da asociación. Escairón a 20 de marzo do 2019.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail