Queixa pola auga de consumo e dos ríos

A Asociación Veciñal do Saviñao, díante da alarma pola turbidez e opacidade das augas de consumo doméstico durante todo o mes de xullo do 2012, dirixe denuncia díante da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, para solicitar analise da salubridade das mesmas así como das causas ou orixe desta anomalía.

Recibidas queixas veciñais polas cualidades da auga da traida, que ven obscura e negruzca, así como pola alarma que orixina a permanencia durante todo este mes destas características, acodese a comprobar a auga dos cauces fluviais de onde procede a traida. No lugar de captación no río Sardiñeira en Eirexafeita o cauce vai totalmente opaco con tonalidade negruzca que impide ver o leito empedrado do río aínda en puntos onde non hai mías que 30 cm. de profundidade. Augas arriba, no lugar da Veiga (Cazón) compróbanse as mesmas características. Acódese aínda máis arriba, esta vez no río Portiño, afluente do Sardiñeira, o seu paso polo Ourigo e as características da auga son aínda peores, fluíndo o cauce totalmente negro.

A asociación solicita analise da auga de consumo doméstico así como das augas dos cauces fluviais para descartar algún verquido ilegal e determinar o orixe do mesmo, así como para tranquilizar á poboación e garantir a potabilidade da auga. Acode a TVG a facer unha noticia no lugar sinalado así como no centro de Escairón, verificando a opacidade da auga.

Un mes despois responde a Confederación Hidrográfica que a turbidez das augas ten a súa orixe nas tornmentas e arrastre de terras provocado polas correntías.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail