APERTURA DUNHA RUTA DE SENDEIRISMO HOMOLOGADA , A RUTA DA RIBEIRA SACRA DO MIÑO ( PR – G 162 ) . Stº. Estevo de Ribas de Miño – Segade ( Cima de Atán ) 36 km.

Este foi un dos retos ós que se someteu a asociación veciñal mais esixentes debido á longa duración e a responsabilidade que supuxo a coordinación dos distintos organismos e a variedade de funcións  . A motivación que nos moveu a traballar nesta iniciativa foi, en primeiro lugar , a ausencia no municipio do Saviñao de rutas de sendeirismo , nin homologadas , nin sin homologar . En segundo lugar ,  intentar compensar con esta actividade o gran desequilibrio existente entre a promoción da Ribeira Sacra do Sil respecto da ribeira do Miño , a gran olvidada . E en definitiva , para da a coñecer o noso entorno e poñer en valor aqueles elementos que nos definen e que debemos ofertar .

Foi un longo traballo que se iniciou no outono do 2010 e rematou en marzo do 2013 . Comezou co diseño dunha ruta que concentrara elementos patrimoniais ( románico , codos romanos , calzadas medievais , castrexo , ..) , coa paisaxe e vexetación ( dende a imaxe dos socalcos da ribeira ata paso por pechos bosques , e paso por moitas poboacións así como pola fervenza de Augacaída  ) , e coas posibilidades de ocio e gastronomía ( paso polo burgo de Belesar , a praia da Cova e a área de Maiorga , e alternativas de turismo rural próximas , adegas  ) .

Unha vez diseñado o traxecto e comprobada a viabilidade con saídas de campo , exploracións das distintas vías , comprobación da transición por camiños pechos dende había máis de 25 anos ; plantexamos esta alternativa á Vicepresidencia da Deputación , sendo ben recibida , pero esixindo a súa homologación . Tamén se lle prantexou esta iniciativa á Alcaldía de Pantón , quenes están bastante máis sensibilizados con este tema , pois xa teñen unhas 6 rutas abertas no seu concello . Interésalle o proxecto . Rómpese así co corsé do localismo , agora trátase de ensinar o Miño no seu conxunto .

Houbo que elaborar un presuposto de todo o custe como si o fora facer todo a asociación , establecer contacto con dúas ou tres empresas . O final adxúdícase a obra de sinalización e homologación a empresa SEGATUR , debendo a asociación administrar a subvención . No ano 2012 apróbase unha subvención na Deputación de Lugo de 30.000 € a xestionar pola asociación . Desta cantidade , 28.000 € pertecen ó proxecto presentado por SEGATUR . Quédannos 2.000 € para desbrozar e limpar 20 km. de recorrido polo noso municipio , namentras que o concello de Pantón faise responsable da limpeza dos restantes 16 km que recorren o seu territorio .

Iníciase a labor voluntaria da limpeza e desbroze dos camiños , debendo modificar en varias ocasións os traxectos , unha laboura de 2 anos de profundo recoñecemento dos nosos camiños . Do resultante do presuposto , non chegaron os 2.000 € para pagar 10 xornadas do desbroze mais esixente para dous traballadores , debendo aportar a asociación 640 € máis .

Cando se remata a obra , surxen os primeiros inconvintes . O paso por unha viña non é permitido polo dono , debendo improvisar un paso por onde non o había . Supoñen maís días de desbroze e 1.000 € añadidos do custo de facer uns peldanos de madeira para salvar o desnivel e resolver a homologación . De novo aporta a asociación a cuantía e o traballo . Despois coa chegada do inverno , a subida do nivel das augas dificulta o paso polo rego que aboca á fervenza de Marce . Encárgase unha pasarela de ferro para salvar este novo inconvinte que é colocada no paso por membros da asociación e financiada por aportacións económicas voluntarias dos veciños : 400 € . Ademáis procédese a mellorar a sinalización coa colocación de 3 sinais de madeira non incluídas no axustado presuposto que indican a conveniencia de visitar S. Pedro de Cela , o centenario souto de Torno , e o miradoiro do Castelo ( ou das Marabillas ) de Marce .

En marzo do 2013 ábrese ó público . A finais dese ano recíbese o certificado da homologación pola Federación Galega de Montañismo e Sendeirismo , o que premia o noso traballo . Só quedaba a promoción en todos os medios de comunicación das comarcas de Lemos e Chantada , nos distintos grupos de sendeirismo , a presentación ós establecementos rurais , os concellos limítrofes , a promoción nas institucións responsables do turismo , e a organización de saídas de coñecemento de esta longa e traballada ruta .

A ruta foille finalmente entregada ós concellos de Pantón e O Saviñao , pois é pública , e a partir de agora son os responsables do seu mantemento e conservación . Finaliza o noso traballo .

Os pormenores da mesma estan disponibles no apartado das rutas de sendeirismo . Disfrútenna , é increible .

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail