ALEGACIÓNS Ó PXOM

Unha vez coñecida a presentación do proxecto do novo Plan Urbanístico ( PXOM ) , esperado e desexado dende o último plan dos anos 80 , analizouse o mesmo , e unha vez recoñecidos erros e carencias , ademais das suxerencias veciñais recibidas , elaboramos unha serie de alegacións que suman un total de 40 .

Distribuímolas en 5 apartados , correspondentes ós enuncidos no proxecto : 1- Normativa Urbanística , 2-Catalogación de béns do concello ,  3- Memoria Descriptiva e Xustificativa , 4- Planificación do Núcleo Urbano de Escairón , e 5- Espazos de Protección Forestal .

1 . Respecto o que se refire á Normativa Urbanística alégase :

         ALEGACIÓN 1– Non se recolle en todo o PXOM a mínima referencia a espazos urbanos adicados á reserva para vivendas protexidas .

         ALEGACIÓN 2– Non recolle a relación de solo afectado polos incendios , que condiciona o posterior uso do mesmo , e que neste último ano afectou ás zonas de :

2.1.  Chave e Amedo .

2.2. Os Amieiros en S. Vitorio de Ribas de Miño .

2.3. A Broza .

2.4. Pudio en Rebordaos .

         ALEGACIÓN 3– Como concepto xeral do urbanismo plantexado para o núcleo de Escairón , considérase que se restrinxe o polígono edificativo das zonas máis centrais de Escairón e téndese a medrar hacia as zonas máis exteriores , alongandose e estirándose o núcleo urbano ata as periferias , en lugar de medrar cohesionado nun núcleo central . Deberíanse reprantear certas zonas orientadas a poñente , tendendo a buscar a orientación nacente e sur como máis doadas para ser habitadas .

        ALEGACIÓN 4 – Respecto ás condicións de construcción nas zonas de Residencial Aberta , considérase excesiva a parcela mínima de 1000 m. cuadrados  , suxírese que 600 m. serían suficientes .

        ALEGACIÓN 5 – Respecto dós polígonos SURB-ND , consideramos excesiva superficie a comprendida nestes catro polígonos , podendo disminuir estas áreas para facilitar a ampliación doutras máis céntricas .

        ALEGACIÓN 6 –  Respecto ás condicións de construcción na Residencial Pechada , considérase excesivo o fondo máximo edificable dos locais baixos , establecido en 32 m. . Solicítase un máximo de 24 m. .

        ALEGACIÓN 7- Nas edificacións de 4 plantas non deberían consentirse vivendas retranqueadas . Os áticos habitables equivalen a fixar 5 plantas .

        ALEGACIÓN 8-  Respecto dó Polígono Industrial , non se ten en conta a zona das normas subsidiarias non incluidas no Plan Parcial , situada por riba da depuradora , onde o concello ten adquiridos varios terreos . Nembargantes inclúese unha nova zona  , a SURB-ND I1 , que ten case que inviable a saída das augas residuais .

        ALEGACIÓN 9- No entorno da Devesa van calificadas varias zonas como Espazo Equipamental que , de executarse ,  pecharia totalmente o espazo arbolado . Solicítase recoller a prohibición nesta zona concreta de toda nova edificación ; asi como limitar os volúmenes dos edificios actuais ó que xa está construido a día de hoxe , impedindo toda ampliación que posteriormente quedaría pegada ás árbores , ameazando este espazo catalogado .

         ALEGACIÓN 10– Respecto ás Ordenanzas :

3.1. Nas que se refiren ó Solo de Protección Forestal ( art. 210 ) chama a atención que se permitan as actividades extractivas de actividade mineira e canteiras , así como de extracción de áridos e terra . Solicitamos a supresión destas actividades pois considerámolas totalmente incompatibles coa finalidade de protección da masa forestal .

3.2. Respecto á mesma ordenanza , e dentro das actividades permitidas , solicítase a introducción dun condicionante de tala ou corta que contemple a prantación de dúas pezas arbóreas da mesma tipoloxía por cada peza cortada . Preténdese así garantir o futuro e coservación das masas forestais .

3.3. Nas que se refiren ó Solo Rustico de Protección da Paisaxe ( art. 214 )  permítese a instalación de infraestructuras de telecomunicacións , así como os desmontes e recheos . Consideramos que estas actividades modifican a paisaxe e contradicen a propia protección , polo que solicítase a retirada destes conceptos de actividade .

3.4. Segundo o art. 176 permítese vertedoiro e esterqueiras .  Solicítase incluílas nas actividades  non permitidas pois a LOUG obriga ó control dos residuos en vertedeiros oficiais .

3.5. Respecto o art. 191 da Ordenanza III , permítense a instalación nun Espazo Libre de almacén de mantemento , de quiosko , pequeno local de hosteleria , e de dispensario médico . Considérase que ditas actividades deberíanse eliminar da ordenanza , pois son máis propias dun Espazo Equipamental , rexeitando toda instalación fixa , permitindo tan só as temporables e desmontables .

 

2 . Respecto á Catalogación de béns do concello alégase :

         ALEGACIÓN 1– Polo que respecta a Elementos Naturais consideramos que se debería recoller  a inclusión da Devesa de Escairón como elemento patrimonial natural a dotar dunha figura de protección , dada a amplitude , antigüedade e relevancia social que representa .

         ALEGACIÓN 2– Na mesma catalogación de elementos naturais solicítase a dotación dunha figura de protección para o río Sardiñeira dende a súa desembocadura ata a zona baixo Valiñocovo onde conflúe co río Portiño . Búscase unha protección fronte á intención de calesquera uso industrial , permitindo o uso forestal , deportivo e turístico . Esta solicitude baséase no acordo tomado na Sesión Plenaria Municipal de data 25 de febreiro do 2011 na que se acordou por unanimidade incluir esta área nalgunha figura de protección recollida no Plan Urbanístico Municipal . Dito acordo non se vé reflexado no presente documento .

         ALEGACIÓN 3– Respecto á catalogación de béns arqueolóxicos solicítase a inclusión dos seguintes elementos non recollidos no PXOM :

3.1. Castro de Samuiños en Pudio ( Rebordaos ) . ( ANEXO XII TM-    13 ) .

3.2. Castro de Felón . ( ANEXO VII TM-22 ) .

3.3. Castro da Albariza na Broza .

3.4. Castro da Broza . ( ANEXO XI TM-12 ) .

3.5. reseñar que no que se refire ó castro de Mourelos , falta o recoñecemento da segunda croa do castro . ( ANEXO II TM-25 ) .

         ALEGACIÓN 4– Respecto á catalogación de bens arquitectónicos solicítase a inclusión dos seguintes elementos non recollidos no PXOM :

4.1. Peto das ánimas da Besta – Vilaseco en Vilelos .

4.2. O conxunto de adegas que conforman “ A Calle “ no lugar de Cuñas .

4.3. O muiño do Gaiteiro , en Teibel ( Reiriz ) , baixo o castro de Quián.

4.4. O muiño do regato da Millarada en Diomondi .

4.5. No curso do río Sardiñeira , dende a piscifactoría ata a desembocadura , fata incluir os muiños do Carral , do Coiteiro e do Maseda ( pertecen a Vilaesteva e S. Vitorio de Ribas de Miño ) .

 

3 . Polo que repecta á Memoria Descriptiva e Xustificativa , presentanse as seguintes alegacións :

         ALEGACIÓN 1– No que se refire ós Espazos Libres solicítase a inclusión dentro de este catálogo do espazo do campo de futbol vello de Escairón . Basandose nos antecedentes históricos do espazo verde que conformaba A Devesa e o campo da Lama ( que é como se lle denominaba ) , como conxunto de espazo público . Por outra parte , a inclusión como equipamental ,  supón un risco de que nalgun momento se faga algunha construcción neste espazo , feito rexeitable por todos os veciños ,  polo que solicitamos a súa catalogación como Espazo verde ou Libre , extendendose ata a zona dos aparatos biosaludables recentemente vallada e xa incluida  como tal .

         ALEGACIÓN 2– Asemesmo alégase a inclusión do perímetro da egrexa de Escairón como equipamental , solicitando o recoñecemento como espazo libre , xa que é unha área arbolada que no seu momento foi cedida a institución clerical , e que a día de hoxe no se prevé nela ampliacións dotacionais .

         ALEGACIÓN 3– Respecto a zona de díante do concello de Escairón , recoñecida como libre , solicítase a extensión ata a beirarrúa onde está a fonte , un vello carballo  e o panel de anuncios , xa que de sempre foi o límite da zona perimetral do concello e formaba parte do antigo campo da feira .

         ALEGACIÓN 4– En Escairón , a zona triangular e pública que hai no cruce onde se colle para o campo de futbol novo vai como equipamental , solicitando para ela a consideración de Espazo Libre .

         ALEGACIÓN 5– O espazo de díante do edificio da gardería municipal de Escairón debe ser recoñecido como Espazo Libre xa que é continuidade do considerado EL- 38 .

         ALEGACIÓN 6– O espazo do aparcamento entre o lavadoiro da Devesa e o centro de saúde vai como Equipamental . Solicítase catalogación como Espazo Libre , xa que este espazo foi gañado recentemente  á Devesa e trátase de evitar que se poida construir nel nun futuro , deixandoo como acceso á Devesa .

         ALEGACIÓN 7– Recoñecer tamén como espazo libre a zona composta polo conxunto de 5 carballos que está díante do cemiterio e da egrexa de Ousende .

         ALEGACIÓN 8– O mesmo recoñecemento se solicita para a área arbolada que está ó lado dereito da egrexa de Mourelos , onde foron colocados uns aparatos de ximnasia .

         ALEGACIÓN 9– Solicítase o recoñecemento de espazo libre a zona do cruceiro de Seteventos así como a zona arbolada que hai ó outro lado da estrada , segundo se vai cara a egrexa .

         ALEGACIÓN 10– Solicítase a inclusión como Espazo Equipamental a área do local social de San Sadurniño de Piñeiró , que foi adquirida polo conxunto dos veciños da parroquia e serve de local de reunións da parroquia .

         ALEGACIÓN 11– Tamén falta por recoñecer como Equipamental a área da fonte , lavadeiro e abrevadoiro de Villarreme , na saída pola pista que vai cara á Costa de Stº. Antón , xa que é pública e comunal .

 

4 . No que se refire á Planificación do Núcleo Urbano de Escairón .

         ALEGACIÓN 1– Na rúa Pardo Bazán  ( RP-34 ) propóñense 4 alturas neste lado da rúa . Solicítase que quede en 3 , xa que neste lado tan só dúas vivendas posuen 4 alturas , habendo varias vivendas de 2 e 3 alturas , considerando que se xeneraría moita discrepancia no caso de permitir as 4 alturas . ANEXO XVII .

         ALEGACIÓN 2– Na Av. Buenos Aires ( RP-47 e 48 ) propóñense 3 alturas . Solicítanse 2 , ó menos entre a confluencia de esta coa rúa da Serreira  e  a  confluencia coa rúa do Progreso , xa que este barrio de Cabreira manten unha uniformidade de 2 alturas dunha maneira bastante homoxenea e equilibrada . ANEXO XIV .

         ALEGACIÓN 3– A rúa Amando Losada , que é a que mira ó campo de futbol , vai incluida na área da Praza de España ( RP-11 ) , polo que supón 3 alturas . Solicítase separar  esta rúa do conxunto do polígono  á altura da última vivenda que da á praza e ó concello , e dado que a rúa Amando Losada dá a unha área verde como o campo de futbol , permitir ata o C.P.I. Lopez Suarez Residencial Aberta , de feito xa hai unha vivenda de esa configuración . ANEXO XV .

         ALEGACIÓN 4 – Rúa Miguel de Cervantes . A mazá que vai  como Residencial Aberta RA-8  dende sempre ten varias vivendas en residencial pechada , aliñeadas ata a propia calle , algunhas moi pequenas , co que no caso de querer construir non daría o tamaño mínimo da parcela . Ademais , dúas de esas vivendas figuran no catálogo ( AC 204 e AC 205 ) , e están no núcleo de vivenda pechado . É incomprensible o establecemento de Residencial Aberta no casco antigo . Solicítase que na zona marcada no ANEXO XIII que abarca o inicio do Camiño de Cimadevila ata a rúa Miguel de Cervantes se manteña a conceptualización de Residencial Pechada con 2 alturas .

         ALEGACIÓN  5 – Na rúa do Camiño Real  , nos polígonos RP-12 e RP-13 van proxectadas 3 alturas . Solicítase que se aproben 2 alturas , por canto nesta vella rúa ( a máis aniga de Escairón ) todas as vivendas son de 2 alturas coa excepción do hotel , incluso existen vivendas en Residencial Aberta . ANEXO XIII e XV.

         ALEGACIÓN 6-  Respecto a Cima de Vila , debería ser incluida no Plan Urbanístico como Residencial Aberta , dada a súa ubicación céntrica ( paralela ó Camiño Real ) e a boa orientación ( a leste e sur ) . Asemesmo arguméntase que xa dispón de servizos ( asfaltado , traida de augas e alumeado público ) e que daría solución á saída das augas residuais e pluviais cara a depuradora de Villasante ( hai vontade de facilitar esta obra ) . Por outra parte vai unha anchura prevista de 14 e 16 m , cando os veciños de ambolos dous lados xa cederon terreo para a súa urbanización , solicítase 12 m. de ancho . De non ir incluida no Plan , sería incomprensible a falta de consideración de Cima de Vila como núcleo rural , pois son catro vivendas de construcción tradicional , e quedarían fora de ordenamento . ANEXO XIII .

         ALEGACIÓN 7– Na rúa Piñeiro , vai considerada Residencial Aberta ( RA-9 e RA-10 ) . Solicítase Residencial Pechada de 2 alturas , por canto xa están as vivendas de ún dos lados aliñeadas na rúa e as parcelas non dan o tamaño suficiente para Residencial Aberta . ANEXO XIII .

         ALEGACIÓN 8- Na saída á Monforte , na calle sin saída sinalada no plano como RA-11 , debería tratarse como casco antigo , é dicir , Residencial Pechada , limitando o ancho da rúa de Outeiro a 8 metros , deixando afectadas por igual ás edificacións xa construidas na embocadura . ANEXO XIII .

         ALEGACIÓN 9- No entorno da egrexa ( RA-11 ) . Debería abrirse unha rúa entre a rúa Stª. Lucia e a calle sin saída , con consideración Residencial Aberta . ANEXO XIV .

         ALEGACIÓN 10- Rúa Curros Enriquez . As edificacións incluidas na RA-18 de esta rúa xa estan construidas aliñeadas , polo que deberian considerarse Residencial Pechada de 2 alturas . ANEXO XIV .

         ALEGACIÓN 11- Rúa Xan de Forcados . Suprímense e estreitanse as 3 bocacalles previstas na anterior normativa . Deberíase manter e incluso ampliar a anchura a 12 m. previndo unha futura modificación e unha ampliación urbanística nesta área .

         ALEGACIÓN 12- Rúa Rosalía de Castro . Na área RA-3 , dende o alto de Mondavide ata o emboque coa Travesía do mercado gandeiro debería ir Residencial Pechada de 2 alturas por canto as vivendas xa existentes están aliñeadas á beirarrúa . ANEXO XV .

         ALEGACIÓN 13- Rúa Progreso . A área marcada no anexo , dende a esquina que fai esta rúa coa 2 de Maio , vai Residencial Aberta ( RA-16 ) . Debería ir Residencial Pechada de 2 alturas nos 5 solares ata as primeiras vivendas que xa estan configuradas como Aberta , xa que xa hai construcións adosadas e aliñeadas á beirarrúa . ANEXO XIV .

         ALEGACIÓN 14- Rúa Celso Emilio Ferreiro . Habería que replantearse a planificación de esta rúa a ambolosdous lados , como continuación dos poligonos RP-2 e RP-3 , incluíndo como Residencial Pechada de 2 alturas a parte sinalada do anexo dentro da SURB-ND R-1 , SURB-ND R-2 e SURB-D R-1. Son varios os veciños que teñen recoñecidas as súas parcelas como solares polos que veñen contribuíndo dende fai máis de 20 anos . ANEXO XVI .

         ALEGACIÓN 15- Nos polígonos RP-22 e RP-24 van 3 alturas . Solicítase que se restrinxa a 2 alturas por canto non hai alturas semexantes nesa zona próxima á Equipamental e á Devesa , cando as casas aí construidas  teñen 1 e 2 alturas . ANEXO XVII .

 

5 . Polo que respecta os Espazos de Protección Forestal destacar que a paisaxe e a foresta de este noso concello está condicionada e caracterizada polas densas e pechas masas arbóreas de caducifolios e bosque autóctono , que supón de por sí un verdadeiro patrimonio ecolóxico que , ó mesmo que a paisaxe en socalcos da ribeira , nos caracteriza e identifica . Basta acceder pola estrada ó termo municipal dende Chantada ou dende Monforte para darse conta da magnitude e da importancia que para o noso concello ten o elemento forestal . Por elo solicitamos se concreten ben os espazos arbóreos a protexer na normativa municipal que estamos a tratar . Na procura dunha maior concreción alegamos :

         ALEGACIÓN 1– Respecto á gran masa arbórea da boca ribeira . Referímonos ó conxunto forestal de caducifolias que se extende por toda a boca ribeira dende Stº. Estevo de Ribas de Miño ata o límite sur do concello en Arxuá . Dito conxunto non ten interrupción xa que os viñedos non chegan ó cumio da ribeira , sen embargo no proxecto do PXOM móstrasenos fragmentado en distintos puntos , polo que solicitamos modificación e ampliación deste espazo forestal nos seguintes puntos :

1.1. Por baixo de Galegos de Diomondi . A interrupción da masa forestal non refrexa a realidade , aparecendo no proxecto totalmente interrumpida , cando a simple vista dende a ribeira chantadina vese que salvo unhas poucas adegas en S. Mamede e próximas á estrada  ( S. Fiz ) , a arboreda continúase ata empatar co castro da Portela e a baixada dos codos de Belesar . ( ANEXO I TM-21 ) .

1.2. Baixo a Portela e Montecelo . Tampouco aquí se refrexa o espazo forestal existente , ainda que nunha estreita franxa . ( ANEXO I TM-21 ).

1.3. En Mourelos , ampliar a zona que vai dende o castro ata a estrada A Cova – Belesar baixo o Mato . ( ANEXO II TM-25 ) .

1.4. En Mourelos falta refrexar a arboleda entre Arxemil e A Senra e A Reguenga , así como a franxa existente dende A Reguenga ata a boca ribeira baixo Cerdeiro e Sobrado . É unha vagoada densamente poblada xa que está orientada a poñente . ( ANEXO II TM-25 e ANEXO III TM-26 ) .

1.5. Seguindo o descenso do Miño, cabe ampliar esa mesma liña arbolada dende Sobrado ata a Sta. Mariña de Rosende . ( ANEXO III TM-26 ) .

1.6. Débese continuar esa liña entre o Pumar e Sabariz , xusto baixo a pista que as comunica . ( ANEXO III TM-26 ) .

1.7. Tampouco se refrexa a franxa existente entre Sabariz e Cuñas polo Pousadoiro . ( ANEXO III TM-26 ) .

1.8. Falta por icluir a masa que dende Fión se extende ata Seoane acompañando a baixada pola estrada da Cova , incluindo o bosque de Arxeriz . Esa masa exténdese ata case que o Priorato e empata coa arboreda que hai por riba de Arxuá  e ascende á Casa do Monte . ( ANEXO III TM-26 e ANEXO IV TM-28 ) .

         ALEGACIÓN 2– Falta por refrexar a masa arbórea autóctona que se divisa no acceso á Escairón pola estrada de Monforte . Sitúase entre Seteventos ata Morgade ó norte . Dende Seteventos a Malveiros e dende aquí , tendo como límite a pista que comunica Malveiros con Vilasante , ata a estrada de Monforte , polo sur . O límite da masa está na circunvalación de Escairón en Cimadevila e de aquí ata a estrada de Currelos . Abarca as zonas da Cortiña e a Lagoela . ( ANEXO V TM-23 e ANEXO VI TM-27 ) .

         ALEGACIÓN 3– Falta por ampliar unha franxa de bosque que se extende entre A Fonxe e Vilarreme a ambos lados da pista que as comunica , cruza o regato Saviñao . ( ANEXO VII TM-22 e ANEXO X TM-18 ) .

         ALEGACIÓN 4– Unha franxa entre Carreixas e Licín , que é continuidade dunha masa forestal que xa pertece a Pantón , entre O Mato e Galegos de Castillón . ( ANEXO VI TM-27 e ANEXO VIII TM-26 ) .

         ALEGACIÓN 5– Respecto a masa arbórea de autóctonas que se extende á marxe dereita do corredor dende Pesqueiras ata Marrube .

5.1. Ampliar a masa entre Louredo e a Casanova ( Piñeiro , Diomondi ) e Santantuiño . ( ANEXO I TM-21 ) .

5.2. Ampliar a masa entre A Torre , Freán e Cucos . ( ANEXO VII TM-22 ) .

5.3. Ampliar a masa entre a egrexa de Vilatán e o núcleo de Vilatán , con límite na estrada Escairón – Chantada . ( ANEXO VII TM-22 ) .

5.4. Mesmo enfronte desta zona , ó outro lado da estrada , ampliar a masa . ( ANEXO VII TM-22 ) .

5.5. Non se refrexa a masa entre Gonzán e o corredor . ( ANEXO VII TM-22 ) .

5.6. Ampliar a masa entre o corredor e S. Fiz e Meitriz . ( ANEXO X TM-18 ) .

         ALEGACIÓN 6– Na zona entre Vilelos e a estrada Escairón-Currelos , así como entre S. Sadurniño de Piñeiró ,hai unhas interesantes arboledas caducifolias que compre incluir no PXOM .

6.1. Unha franxa que vai dende Vilelos ata o Gorgozo acompañando a estrada que as une na súa marxe esquerda . ( ANEXO IX TM-14 e ANEXO X TM-18 ) .

6.2. Refrexar unha masa arbórea entre S. Sadurniño de Piñeiró e Vilamor , na marxe dereita nese sentido da circulación , xusto onde está o castro , que non ven catalogado . ( ANEXO X TM-18 ).

         ALEGACIÓN 7– Non está refrexada unha masa autóctona que se extende a ámbolos dous lados da estrada entre Rebordondiego e Xixiriz  . ( ANEXO XI TM-12 ) .

         ALEGACIÓN 8– Falta por incluir unha masa arbórea por baixo de Outeiro e Bexe , e entre estes e O Quintairo ( parroquia de Rebordaos ) . ( ANEXO IX TM-14 e ANEXO XII TM-13 ) .

O que se fai en Escairón a 27 de xuño do 2012 .

ANEXOS :          anexo 1          anexo 2          anexo 3          anexo 4          anexo 5          anexo 6          anexo 7          anexo 8          anexo 9          anexo 10          anexo 11           anexo 12         anexo 13          anexo 14          anexo 15          anexo 16          anexo 17

 

 

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail