RÚA PIÑEIRO DE ESCAIRÓN: PETICIÓN VECIÑAL DE SEGURIDADE VIAL.
A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 13651 no Rexistro Provincial de Asociacións e co nº 14 no Rexistro Municipal, a través da súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, diríxese á Alcaldía do Saviñao para solicitar a adopción de medidas de seguridade vial na rúa Piñeiro de Escairón.
Os veciños da rúa Piñeiro dirixíronse á asociación expoñendo os seus problemas de tránsito. Concretamente refírense á velocidade coa que circulan por esa rúa os vehículos, co afán de adiantarse aos que veñen pola estrada principal. Esto está poñendo en risco aos peóns e a quenes viven alí, pois sair da casa convírtese nun perigo.
Por este mesmo motivo xa recolleron firmas e entregáronas no Concello, pero ata agora non houbo resposta, polo que expresan o seo malestar e queren insistir nesta demanda lóxica.
Dende a asociación facemos nosas as peticións e trasmitímoslle ao Concello a SOLICITUDE:
- Colocación dalgunha medida que obrigue a reducir a velocidade dos vehículos. Ben coa colocación de bandas transversais na calzada ou ben coa creación dun baden de aglomerado.
- Para facer segura a deambulación a pé por dita rúa pídese a dotación dunha beirarrúa polo lado esquerdo da calzada, que é onde hai vivendas, como merece toda rúa urbana.
Na procura de garantir a seguridade vial dos veciños da rúa Piñeiro e para prevenir accidentes de tránsito, esperamos unha pronta reacción da administración municipal.
A Presidenta da Asociación Veciñal do Saviñao.
Escairón a 2 de novembro do 2026.

