admin

Curso de ofimática

A ASOCIACIÓN VECIÑAL DO SAVIÑAO INVITA ÓS VECIÑOS A APUNTARSE Ó CURSO DE OFIMÁTICA

ofimatica

É NECESARIO APUNTARSE , POIS SÓ HAI 15 PRAZAS , CHAMANDO Ó 982 452013 OU NO CORREO ELECTRÓNICO asociacionvecinaldosavinao@gmail.com

Solicítase reparación das estradas afectadas polas obras de Solidaridad Solar

Na asociación veciñal recibíronse varias inquedanzas acerca da preocupación dos veciños polo deterioro das estradas e de certos camiños veciñais por donde se está a sacar a derivación eléctrica de media tensión da planta solar de Seteventos , que , aínda que vai soterrada , ocasionou a desaparición de boa parte da banda de rodadura da estrada entre  o cementerio da Portela e A Touza na parroquia de Piñeiró , así como a desfeita de paredes e balados de propiedade particular e deterioro dalgúns camiños .

Tamén estan intransitables e descarnados os viais de acceso a Mosiños dende a estrada de Monforte e deiquí ata Seteventos , así como a estrada entre Seteventos e Abuíme , desfeitas dende o inicio das obras do parque solar , fai xa tres anos .

SOLICÍTASE :

Aclaración , cara a tranquilizar ós veciños  , acerca de quen será a autoridade responsable da reparación das infraestructuras deterioradas , si será a empresa responsable Solidaridad Solar ou ben  si será o Concello  quen asumirá a reposición dos viales tal e como estaban denantes de ditas obras . Cremos que o feito de ser declarada de Interese Municipal non exime da reparación e acondicionamento das infraestructuras deterioradas na súa implantación .

Na espera de resposta , despédese de Vde. Violeta Perez Figueroa , presidenta da asociación vecinal . En Escairón , a 7 de xuño do 2012

Limpeza area de Quian

A Comisión de Patrimonio e Cultura da asociación propuxo a limpeza da zona de Quián en Teibel (Reiriz) para a posta en valor e coñecemento de esta peculiar área de valor arqueolóxico e medioambiental. Lévase a cabo en xullo do 2010.

Trátase dunha volta que describe o río Pez próximo a súa desembocadura no Miño. Marca unha encaixonada ribeira que bodea un castro e describe unha pequena fervenza “ O pozo da Pía “. Hai un muiño, o do Gaiteiro, así como unha cova ou mina no mesmo castro.

A zona é dunha vexetación frondosa e exuberante. Fixose unha primeira limpeza polos dous laterais das paredes do castro ata chegar o leito do Pez, onde se contempla a fervenza. A idea é a de seguir coñecendo a zona para que se poida visitar e poñer en valor. Limítanos o feito de que ata este pasado 2012 non se arranxou á pista que baixaba en moi pronunciado descenso, co que a ida faciase ben, pero a pendente do regreso faise moi dura e fisicamente esixente, co que é preciso poder acceder en todoterreo.

Ofrecémonos a acompañar a quén desexe coñecer este enigmático rincón.

Rexeite veciñal a subestacion de Torno (Pesqueiras)

A Asociación veciñal do Saviñao manifesta o seu apoio aos veciños e veciñas do lugar de Torno, pertencente á parroquia de Pesqueiras, no Saviñao, os cales rexeitan a instalación dunha subestación eléctrica vinculada coa empresa de enerxía Solidaridad Solar.

Esta empresa caracterizouse dende o principio por incumprir os procedementos legais: informes de impacto ambiental, de patrimonio, etc, sempre por razón de urxencia temporal e alegando o interés xeral que a corporación lle otorgou.

Nin a empresa nin o Concello se puxeron en contacto cos veciños, que se enteraron das intencións da empresa ao ter noticia da venda do terreo en que se pretende asentar a subestación e, posteriormente, ao ver publicado no Diario Oficial de Galicia do 1 de decembro un anuncio da Consellería de Economía e Industria polo que se somete a exposición pública a petición de autorización da antedita instalación eléctrica.

Os afectados fixeron unha reclamación dirixida á Consellería de Economía e Industria na que se recollían os seguintes argumentos en contra da subestación:

Primeiramente, o perigo que supón para a saúde das persoas que viven nas proximidades, a menos de 50 m., xa que o proxecto non garda as distancias de seguridade coas vivendas. Como consecuencia indirecta deste incumprimento, alegouse que as propiedades colindantes se verán devaluadas.

Segundo: A distancia de esta instalación ás dúas estradas que a bordean non é a legalmente establecida.

En terceiro lugar, a lexislación non admite ese tipo de uso industrial en solo rústico, que é como está catalogado o terreo en cuestión.

A resposta foi que esa instalación non era nociva, xa que o nivel de emisión de radiacións electromagnéticas é o mesmo que se da en calquera casa que teña electrificación e os electrodomésticos de uso común.

Con relación ás consideracións legais, a Consellería contesta que o Concello dera o seu informe positivo e que polo tanto non había máis que dicir. A este respecto, chama a atención a denegación dun permiso para a instalación dun taller artesanal de restauración a cen metros dese solar, alegando a mesma razón que agora rexeitan, é dicir, que en solo rústico non se permiten instalacións industriais.

A asociación non admite nin as respostas da Consellería, que xustifican irregularidades e minimizan os riscos para a saúde; nin as formas con que a empresa Solidaridade Solar e o Concello do Saviñao acometeron a construcción da subestación, quenes antes de iniciar as obras deberan tratar cos veciños máis próximos ou buscar outra ubicación menos conflictiva. Manifesta, polo tanto, o seu apoio aos habitantes do lugar, que da noite á mañá ven como lles constrúen ao pé da casa unha instalación nociva, molesta e contraria á lexislación.

Maio do 2012.

A día de hoxe, esa obra non se iniciou, o que demostra que non contaban cos permisos obrigatorios. Pero ten que ser o veciño quen se impoña ás ilegalidades cometidas e amparadas.

Necesidade dun local social en Escairón

1ª solicitude arranxo local sindicatos

2ª solicitude arranxo local sindicatos

Reunión co alcalde

Segundo soupemos na última reunión mantida co alcalde no 2012, o local pertece á Xunta de Galicia, quen propuxo unha subasta do mesmo partindo dun valor de 200.000 €. Comenta asemesmo que o concello intentou introducilo no Plan Leader, pero foi rexeitado por non ter a titulridade do local.

Pese a estar recollido nos dereitos veciñais do ROF e da LRBRL que a corporación facilitará locais ás distintas asociacións, non se está a cumplir. De esta maneira seremos a única parroquia de todo o Saviñao que carece de un local social para as moitas asociacións que aquí o precisan.

Continuaremos na procura de este dereito veciñal.

Solicítase inclusion no Parque Bombeiros Monforte

anagrama

A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese díante da Alcaldía do Concello do Saviñao coa finalidade de

EXPOÑER:

Observando a cantidade de accidentes en forma de incendios en domicilios e vivendas que acontecen durante todo o ano na nosa comarca e no resto da comunidade galega; e dado o deplorable estado das instalacións eléctricas de moitas das vivendas do rural; e engadindo que no noso concello non existe un servizo permanente que poida atender unha urxencia en forma de lume, pois tan só se dispón dunha carroceta e un pick-up cun limitado depósito e cunha disponibilidade limitada ó horario laboral (non as 24 horas), e dado que tampoco se dispón dun equipo de Protección Civil nin tampouco dos GRUMIR xa que de ambos se prescindíu no seu momento por parte da Corporación.

SOLICÍTASE:

Se inícien os trámites para solicitar dende o Concello a inclusión do Saviñao na Mancomunidade do Parque de Bombeiros de Monforte para así ter a garantía dunha resposta rápida, continuada no tempo e profesional díante dunha potencial emerxencia en forma de lume nas vivendas de calesquera lugar da ampla xeografia do noso municipio.

Esperando se inicien os trámites para a solución desta importante carencia de servizos no noso concello, despédese atentamente de Vde. o presidente da asociación. En Escairón a 15 de novembro do 2011.

Na defensa dos servicios sanitarios do noso municipio

No mes de maio do 2011 o noso municipio ten a desgraza de ser pioneiro nos hachazos das medidas de recorte nos servizos sanitarios por parte do goberno do PP na comunidade autónoma. Así, xusto dous días antes das eleccións municipais, suprímese un médico no centro se saúde de Escairón, levado moi habilidosamente por parte de Raquel Arias ó seu concello de Sober cando aquel era o municipio, coa lóxica poboacional, candidato a  perder un profesional. 4.450 veciños fronte os escasos 3.000 de Sober así o facían previsible.

A asociación púxose rapidamente na tarefa de tentar cambiar este negativo destino. Dirixímonos ó Comité de Centros de Atención Primaria de Lugo, a Recursos Humanos da Consellería, á mesma Conselleira Pilar Farjas e ata en dúas ocasións ó Valedor do Pobo. Todo esforzo foi inútil. Convocouse ós veciños a manifestarse ante o concello con ocasión dun Pleno onde se tratou “á lixeira” o tema, acodiron unhas 300 persoas. Colocáronse pancartas en Escairón e nos pasos elevados do corredor. Falouse nunha ronda de prensa en Monforte, e ata nos manifestamos ante a propia conselleira con ocasión dunha visita ó Hospital de Monforte. Anímase ós veciños a presentar follas de reclamación a título individual, e a fé que responderon, pois foron enviadas máis de 600 reclamacións á Xerencia de Lugo do SERGAS.

Pero non contentos coa afrenta, dous meses despois salta o rumor da posible supresión do consulorio de Currelos que, grazas o cambio de moitos veciños para ó médico de Currelos, consigue manterse.

A conselleira non foi quen de responder ós argumentos que defendían a xusta demanda, que expoñemos agora.

anagrama
A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 13651 no rexistro provincial de asociacións diríxese á Illma. Sra. Conselleira de Sanidade Dña. Pilar Farjas Abadía co ánimo de

EXPOÑER:

Que no noso concello e a data 21 de maio foi suprimida unha praza de médico e que pese ás instancias dirixidas díante dos diversos estamentos da administración sanitaria solicitando a reconsideración da decisión, non se obtuvo resposta algunha. Dende os veciños consideramos esta unha decisión inxusta e discriminatoria respecto do resto de municipios que nos rodea, e supoñendo un recorte sanitario que merma a cobertura e protección desta zona.

E que por máis circula o rumor da intención da supresión do consultorio periférico de Currelos (no norte do municipio) e o traslado do persoal (médico, enfermeira e administrativo) ó centro de saúde de Escairón. Sigue leyendo

Queixa polos recortes nos medios contra os incendios

Díante do incendio localizado nas proximidades da Broza no Saviñao na tarde noite do 30 de setembro e do localizado nos Amieiros, a Asociación Veciñal do Saviñao recrimina a falta de sentido común por parte da Consellería de Medio Rural na retirada das brigadas de SEAGA.

O ano 2011 foi especialmente seco, pero e que tamén foi o ano que se empezou coa tixeira dos recortes en todo o público. Aquí esa mistura explosiva tivo como consecuencia que no mes de setembro, cando a sequía estival alcanza o culmen e os riscos de lume son máximos, a Consellería de Medio Ambiente suprimira os contratos coas brigadas de apoio ós medios antiincendios.

E foi precisamente nese mes cando vimos no ceo as columnas de fume que delataban os incendios da Broza e dos Amieiros. Non compredimos como na tempada de máximo risco se prescindíu de persoal contra o lume e queixámonos nos medios de comunicación.

Cando estamos no mes de maior e máis alto risco de incendios, incrementado este polo ano especialmente seco que estamos a pasar, coas evidentes consecuencias sobre a vexetación, consideráse unha neglixencia e un abandono do medio rural galego a retirada prematura das brigadas forestais, cando aínda non se coñece o fín da tempada estival.

Asistimos a outra mostra máis dos recortes que estan a aplicar sobre todo o entramado dos servizos públicos. Esta vez coa disculpa do aforro miserable duns soldos temporais, deixanse abandoadas á sua sorte e desprotexidas as zonas forestais e rurais da nosa comunidade, expostas ós coñecidos e de sobra sabidos riscos de incendios. Parece que a desastrosa experiencia dos incendios de fai uns anos non enseñou nada ós nosos responsables políticos e caese outra vez máis nos mesmos erros. Si xa se iniciara rácana a tempada contra o lume prescindindo da función preventiva da presenza do exercito, agora acortouse a protección que a presenza das brigadas ofrecia nestas terras consideradas de Alto Risco de incendios.

Sigue leyendo