Proxecto de revalorización do mundo rural

NOTA DE PRENSA LA VOZ DE GALICIA 8 DE MARZO 2013

 

O sábado 9 de marzo do 2013 ten lugar a primeira presentación na comarca de Lemos do proxecto de Valorización do Mundo Rural que se pretende extender a outros concellos da comarca. A asociación encargárase de transmitir o proxecto a pequenos productores, artesáns, asociacións veciñais e culturais, SAT, colexos, e persoas interesadas. Contactouse con 28 entidades. Ó acto acudiron unhas 30 persoas. Agora trátase de divulgar o proxecto a máis tecido social do noso municipio, coordinarse para comenzar a traballar e esperar a aceptación que teña nos concellos veciños.

É un intento de revalorizar o noso mundo rural, de interrelacionar os distintos productores e elementos da nosa sociedade, de coordinalos para buscar a posta en valor de todo o que aquí temos: agricultura, gandería, foresta, acuíferos, patrimonio ecolóxico e cultural, etc. A finalidade: conseguir que se poida vivir onde nacemos e presentar todo o potencial da vida rural. O proxecto abarca toda a comarca de Lemos. É unha difícil tarefa, pero temos a obriga de intentalo, esperando ser o xérmolo dun renacer do campo.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail