UNHA NOVA PLANTACIÓN DE EUCALIPTO ABRE A AMEAZA DESTA ESPECIE E DO BOSQUE CADUCIFOLIO QUE CARACTERIZA Ó NOSO TERRITORIO.

Tal e como está recollido nos principios estatutarios, a defensa da natureza e o medio ambiente no territorio do Saviñao é un obxetivo prioritario da asociación e o eucalipto é rexeitado por tratarse dunha especie invasora, pirófita e degradadora da terra e dos acuíferos soterrados. Por iso xa hai úns anos a asociación veciñal integrárase na Plataforma Comarcal contra o eucalipto e no pasado ano solicitábase da Corporación municipal a creación dunha ordenanza que proibira esta especie no territorio municipal.

Consideramos que hai moitas outras alternativas arboreas produtivas e respetuosas coa vexetación imperante no noso territorio. A intención é poñer freo a esta especie para protexer o bosque caducifolio e autóctono que abonda por toda a comarca e o sur de Lugo. Comprobada a nova plantación, diriximos pregunta á Consellería de Montes.

     A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 13651 no rexistro provincial de asociacións, a través da súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor con DNI 33.812.714 T, diríxese á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal para preguntar pola idoneidade e permiso para unha plantación de eucaliptos realizada na parroquia de Piñeiró no concello do Saviñao.

     A asociación veciñal confirma a plantación de eucaliptos nunha parcela  de mais de 5 hectáreas situada entre San Saturniño e Vilamor na parroquia de Piñeiró no concello do Saviñao. A parcela en cuestión é a número 30 no polígono 117 con referencia catastral 2705A117000300000UI. Trátase dunha plantación duns 3 anos de antiguidade realizada nun entorno de bosque caducifolio e ubicada na área forestall VIII onde non se recomenda a plantación de eucalipto.

     Analizada a plantación en cuestión, atopamos datos suficientes para rexeitar este tipo de plantacións invasivas e adulteradoras da terra, nunha xeografía cuberta por unha flora autóctona ou espontanea de caducifolias e frondosas. Aportamos as observacións seguintes documentadas con imaxes:

  • A parcela non está íntegramente plantada de eucalipto, conservando na zona S-O exemplos das caducifolias que testifican que esa era a vexetación imperante no recinto.
  • Ó longo de toda a plantación brotan de forma expontanea multitude de quercus xa que, como se pode aseverar pola vexetación dominate no entorno da parcela, esta é unha amplia zona de frondosas autóctonas, o que por si só debería ser causa de impedimento para a plantación do eucalipto.
  • A plantación está ubicada nunha zona denominada “ Os Castros “ e aínda se aprecia unha parede ó sur e dous cumios os acrópoles.
  • A plantación exténdese pegada literalmente á estrada local que comunica a Portela e Vilamor, sen manter a distancia de seguridade que recolle a Lei de Montes para evitar a propagación dos lunes.

Por todos estes motivos SOLICITAMOS da Dirección Xeral:

  • Información acerca do permiso solicitado para dita plantación e sobre a concesión do mesmo.
  • Orden de retirada da plantación de todos e cada ún dos pés de eucalipto.

Coa intención de garantir a pervivencia e conservación do bosque autóctono de caducifolias e frondosas que predominan por todo territorio da área forestal VIII, esperamos impere o sentido común e sexan atendidas estas argumentadas peticións.

Na espera de resposta, despédese atentamente de Vde. A Presidenta da asociación veciñal. En Escairón, a trece de outubro do 2020.

informacion sigpac parcela

 

P9253900-copia

Despois de non ter resposta da Consellería de Medio Rural á pregunta polos permisos para dita plantación e a solicitude de retirada de dita plantación, decídese seguir adiante coa denuncia coa finalidade de disuadir das intencións de novas plantacións no municipio.
O 23 de abril contactamos con ADEGA e ofrécesenos a presentar eles a denuncia. Enviamos o formulario da denuncia e adxuntamos a documentación fotográfica.
facebooktwittergoogle_pluspinterestmail