Actividades culturais, ludicas e formativas

PRESENTACIÓN DO LIBRO PIRATAS DA LIBERDADE, EPISODIO DO SECUESTRO DO SANTA MARÍA.

O sábado 11 de xaneiro do 2020 tivo lugar no Círculo Cultural e Recreátivo do Saviñao a presentación da novela documental Piratas da Liberdade, do catalán Xavier Montanyá que foi presentada polo editor da obra Paco Macías ( Edicións Positivas ) quen se nos ofreceu para dala a coñecer no noso municipio.

O libro relata o episodio do secuestro do trasatlántico Santa María, moi usado pola emigración galega a Venezuela, por membros da resistencia portuguesa e española, coa finalidade de dar visibilidade mediática e internacional á oposición ás dictaduras de Salazar e Franco alá polo ano 1961.

O interese deste relato radica na participación directa dun veciño do Saviñao, Basilio Losada , e indirectamente doutros veciños do nosos municipio. Esta acción tivo en vilo durante uns días a todo o mundo. Recomendamos a súa lectura.

 

foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O sábado 11 de xaneiro do 2020 tivo lugar no Círculo Cultural e Recreátivo do Saviñao a presentación da novela documental Piratas da Liberdade, do catalán Xavier Montanyá que foi presentada polo editor da obra Paco Macías ( Edicións Positivas ) quen se nos ofreceu para dala a coñecer no noso municipio.

O libro relata o episodio do secuestro do trasatlántico Santa María, moi usado pola emigración galega a Venezuela, por membros da resistencia portuguesa e española, coa finalidade de dar visibilidade mediática e internacional á oposición ás dictaduras de Salazar e Franco alá polo ano 1961.

O interese deste relato radica na participación directa dun veciño do Saviñao, Basilio Losada , e indirectamente doutros veciños do nosos municipio. Esta acción tivo en vilo durante uns días a todo o mundo. Recomendamos a súa lectura.

 

VISITA CULTURAL Á ÁREA DA CIUDÁ EN XUVENCOS

      Na data do 30 de xullo do 2017, a comisión de cultura da Asociación Veciñal do Saviñao organizou unha visita cultural á área da Ciudá.

        Previa limpeza da zona, nesta xornada de reunión fraternal dos veciños, acodíuse a coñecer  unha pequeña porción da historia da nosa terra. Nunha tarde apacible paseamos o recorrido dende a estrada ata o pequeño val que describe o río Sardiñeira. A zona aprécise fértil e de interese para o establecemento de poboación.

       Achegámonos os 42  visitantes ata a única vivenda que alí foi construída. Na fachada dos restos da mesma chaman  a atención as dúas pedras incrustadas a cada ún lado da ventana da esquerda, un trisquel e unha flor de auga, ambos símbolos castrexos, pero que probablemente foron trasaladados á vivenda dende o derrubo por parte dos irmandiños dunha torre medieval ubicada no cumio do castro que se localiza xusto detrás da casa .

        Despois dunha serie detallada de datos históricos aportados por Enrique Perez Losada, iniciamos a subida en círculo ata a croa do castro, por unha senda recén limpada e amurallada en diversos niveis de socalcos ou terrazas. Na cima, dende a que se divisa toda a contorna labrada polo río Sardiñeira, vese unha parede vertical duns 2 metros e medio que indica a presenza dun costrución , e por riba dela o escombro de cascotes de derrubo, que poden ser indicio evidente da existencia anterior  dunha torre medieval.

     Esta foi unha actividade de coñecemento e divulgación da historia da nosa terra, que pretende que a memoria perdure e non se perda nas xeracións vindeiras.

         Xa no ano 1930 o historiadores Cuevillas e Fraguas visitaron a zona e levantaron plano do castro, máis non se percibiron da existencia dos restos da torre.

         Planos do castro  12

ANDAINA CONXUNTA CON COLADO DO VENTO NO CABO HOME

Na data do 9 de xullo acodimos a Cabo Home no Morrazo a realizar unha andaina xunto coa asociación de Sober O Colado do Vento , e invitados por unha asociación de sendeirismo que acodira no pasado outono a realizar a ruta da Ribrira Sacra do Miño .

A ruta foi espectacular en canto a paisaxe , próxima o mar e divisando as illas Cies e as Ons , así como as rías de Vigo e de Pontevedra , e facendo parada na fermosa praia de Melide . A viaxe foi coorganizada con Colado do Vento . Acodimos nun microbús 13 persoas , das que tan só 3 foron do Saviñao .

SOLICÍTASE DO CONCELLO A ORGANIZACIÓN DE CURSOS DE MANIPULACIÓN DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS NO TERRITORIO MUNICIPAL .

Despois dunha moratoria de varios anos , no presente 2016 entra en vigor a normativa europea que esixe a posesión do título de manipulador de productos fitosanitarios a todo aquel que vaia comprar ou aplicar un tratamento agrícola .

A medida colle por sorpresa a maigrande parte dos nosos veciños , pois nestes anos anteriores o número de cursos foi mínimo e case que unicamente orientado a viticultores .

Consideramos que debe ser compromiso do concello o facilitar o acceso a estes cursos á totalidade dos veciños , e o máis proximo posible para garantir o desenvolvemento das tarefas rurais que secularmente ven facendo a nosa sociedade . Por elo solicitamos que xestione neste senso esta necesidade imposta .

Sigue leyendo

CALENDARIOS ANUAIS

No ano 2013 iníciase a edición do calendario da asociación , coa intención de divulgar e dar a coñecer o noso municipio , así como de promocionar o paisaxe e patrimonio .

Para a elaboración do calendario do 2014 a temática é a paisaxe da Ribeira Sacra do Miño .

No 2014 decídese facer un concurso fotográfico , no que a foto gañadora ocupará a portada , e recibirá un premio consistente nunha noite na casa de turismo rural de Santo Estevo para duas persoas , con cea e almorzo incluídos . Este ano o motivo elexido son fotos feitas dende a ruta de sendeirismo da Ribeira Sacra do Miño ( PR-G 162 ) .

CALENDARIO 2015

No 2015 repítese o concurso . Esta vez o motivo é a construcción civil no municipio .

CALENDARIO 2016

O concurso ten como tema as festas tradicionais. A foto gañadora foi enviada pola Asociación Veciñal de Vilelos.

CALENDARIO 2017

 

Baixada polos codos de Belesar

En cumprimento dún dos obxetivos da asociación veciñal, que é o do estudo e divulgación da nosa historia e património, preténdese con esta actividade recordar no seo recorrido os antecedentes históricos e culturais destas terraCoa Baixada polos Codos de Belesar preténdese a institucionalización desta xornada como unha pequena viaxe de confraternización veciñal e interxeneracional a traveso das culturas castrexa : coa presenza do castro da Portela, da romana: cos vestixios da calzada empedrada dos Codos e do burgo e restos da ponte de Belesar, e da cultura medieval: coa partida dende a egrexa románica de Diomondi descendendo polo Camiño de Inverno ata cruzar o río na dirección de Chantada, O Faro e Compostela. Descéndese. Farase no 2º ou 3º domingo de agosto.

Vista a boa acollida e a diversidade de xeneracións partícipes, preténdese dar continuidade anual nas datas da primeira quincena de agosto. Son 2.600 metros de baixada a pé por unha zona espectacular en paisaxe e natureza, chegando a Belesar con un paseo polo burgo e ó outro lado da ponte, e remate coa degustación duns aperitivos no clube naútico. O acto comeza cunha analise historica do lugar de partida.

No ano 2010 comentouse dende as abas do castro da Portela a historia da calzada romana e posteriormente medieval e logo “ camiño francés “ a Compostela; así como as orixes romanas da ponte de Belesar e a existencia de un mosteiro – hospital nesa localidade.

No 2011 iníciase o paseo coa visita ó interior e exterior da egrexa románica de S. Paio de Diomondi, onde se comentan datos históricos e estilísticos así como a presenza de diversos obispos no pazo aledaño.

No 2012 visítanse os restos da capela da Virxe do Camiño de Montecelo, con recordos do camiño real, vista do cruceiro, e o peto de ánimas da Portela.

No 2013 parte a ruta dende Piñeiro, onde valoramos os restos da capela de S. Cosmede. Dende alí transítase por un tramo do Camiño Real que nos codonduce ata Montecelo. Continúa a camiñata ata A Portela e baixada polos Codos.

No 2014 visitamos a egrexa románica de Seteventos e as súas curiosas pinturas murais para logo iniciar o descenso polos Codos.

No 2015 faise a visita cultural previa á camiñata na igrexa románica de San Salvador de Fión , que conserva da construción inicial á básida , e no seu interior unhas ben consevadas pinturas murais do século XVI . Posteriormente faise o descenso polos Codos ata o burgo de Belesar , onde se comparte un refrixerio e merenda .

Exercicio Físico para todos

Esta actividade foi facilitada pola Diputación de Lugo á asociación, é totalmente gratuita e só para concellos de menos de 5.000 habitantes.

Iníciase esta actividade en novembro do 2011. No ano 2011 e 12 chámase “Todos a xogar” e celebrouse os martes e xoves, no auditorio de Escairón, de 20:30 a 21:30 durante 8 meses, cunha participación media dunhas 22 persoas.

No 2013 celebraráse os lúns e xoves no mesmo local e horario e ata o mes de xuño e chamase “Tempo”.

No ano 2014 concédennos esta actividade, chámase Mo-vémonos. Celebrarase os lúns e mércores de 21 á 22:30 no Pavillón Municipal, o sernos denegado polo concello o uso do Auditorio. Iníciase o 15 de setembro e durará ata xuño do 2015.

cartel 2- ximnasia de mantemento Movémonos 2014

 

Visita guiada pola área da leira rapada

Na data do 6 de xullo faise un recorrido circular pola área da Leira Rapada en Vilatán para dar a coñecer ós interesados o dolmen descuberto neste mesmo ano, así como os petróglifos atopados na súa tapa e a pedra tallada con forma de cabeza animal (¿serpe, can, cordeiro….?. Tamén se sobe ó castro pasando polas dúas paredes dos respectivos niveis. Contémplase unha posible vivenda ou cabana, así como unha especie de refuxo con tapa e tres ortostatos laterais. Xa na croa do castro visítase unha pedra con uns curiosos trazos rebaixados ¿feito natural ou intervención humana?.

cartel Leira Rapada

Visita veciñal dolme de Abuime

Despois das conversas mantidas cos veciños propietarios das parcelas de acceso ó dolmen de Abuíme, e de conseguido o seu permiso de paso, e para celebrar este acordo, procédese a limpeza do acceso e do perímetro do monumento megalítico.

Para celebrar esta falta de institucionalización do acceso, organízase a visitar ó dolmen de Abuíme, nun acto público no que se explica o significado de este monumento naquel momento da prehistoria, así como o aspecto actual. Acoden máis de 80 persoas.

Pilates 2013-2014

Na data do 30 de maio do 2013 publicítase o inicio da ximnasia Pilates. Será unha actividade a realizar no Auditorio municipal durante dous días á semana, impartida polo veciño Diego, e autofinanciada polas/os asistentes. No outono retómase esta actividade que continúa ó longo do 2014.

cartel PILATES 13