CAPÍTULO I

DA ASOCIACIÓN EN XERAL

Artigo 1º.- 1.- Constitúese unha asociación veciñal sen ánimo de lucro coa seguinte denominación “ASOCIACIÓN VECIÑAL DO SAVIÑAO”.

Artigo 2º.- O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade de Escairón, rúa Pardo Bazán nº 1 Baixo C.P. 27540, correo electrónico …………………….

Artigo 3º.- A asociación, en funcións dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial do concello do Saviñao.

Artigo 4º.- 1.-A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.

2.- A asociación será aberta, progresista e independente de credos relixiosos e de partidos políticos, á marxe de que se poida colaborar con estes para fins concretos.

Exclúese todo fin de lucro. A asociación manterase coas contribucións dos seus membros e coas axudas públicas ás que teña dereito.

A asociación rexerase segundo os seguintes principios:

  1. a) O respecto pola dignidade, igualdade e liberdade das persoas baseado na acción solidaria entre veciños e veciñas.
  2. b) A busca do beneficio colectivo e social por diante de calquera interese individual ou privado.
  3. c) A integración das distintas sensibilidades sen discriminación de sexo, raza ou cultura.
  4. d) A defensa permanente da xusticia social e do ben común ante decisións autoritarias e caciquís das autoridades políticas e sociais.
  5. e) O respecto e a potenciación do noso medio natural, fomentando o desenvolvemento sostible da nosa economía para frear o progresivo abandono que sofre o noso concello.
  6. f) A utilización da asemblea como foro de análise e toma de decisións.

Artigo 5º.- 1.- Son fins principais da asociación:

  1. a) Impulsar a cohesión social e o desenvolvemento de todas as parroquias do Saviñao.
  2. b) Asesorar e defender os dereitos cívicos e servir de vehículo das opinións dos habitantes do concello.
  3. c) Propiciar estudos e alternativas que potencien os intereses socio-económicos, culturais e estruturais do Saviñao.
  4. d) Facer seguimento continuado da acción de goberno municipal para garantir unha eficaz xestión dos recursos públicos e do seu uso no ben común xeral.
  5. e) Estudar, divulgar e defender o patrimonio histórico-artístico; fomentar a cultura en termos xerais e apoiar todas as iniciativas a este respecto que xurdan no ámbito veciñal.
  6. f) Protexer, vixiar e mellorar o noso contorno natural e responder aos problemas ambientais do concello ou da comarca co desenvolvemento de iniciativas.
  7. g) Promover actividades encamiñadas á formación e cualificación profesional dos habitantes do concello no ámbito produtivo.
  8. h) Facilitar a participación xuvenil na vida socio-cultural.
  9. i) Fomentar a integración social e a mellora do nivel de vida dos nosos maiores, para conseguir que poidan desenvolver a súa existencia completa no seu propio concello.
  10. j) Esixir o cumprimento rigoroso da normativa vixente en materia de urbanismo, intentando impedir o feísmo e o deterioro da nosa paisaxe.
  11. k) Solicitar a participación na organización dos servizos básicos do concello (consello escolar municipal, consello de sanidade…), así como en plenos e comisións de goberno segundo estableza a lexislación.
  12. l) Esixir o cumprimento da lexislación en canto a información sobre comisións de goberno, plenos… e a utización dos medios públicos municipais, como auditorio, biblioteca e casa da cultura.
  13. m) Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

 

CAPÍTULO II

DOS ASOCIADOS

 Artigo 6º.- 1Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas residentes no Saviñao ou que estean especialmente vencelladas ao concello.

2.-Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición da persoa que desexa ser admitida.

Artigo 7º.- Dentro da asociación poderán existi-las seguintes clases de asociados:

  1. a) Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.
  2. b) Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.

 Artigo 8º.- 1.- A condición de asociado pérdese:

  1. Por vontade propia.
  2. Por falta de pagamento de 4 cotas.
  3. Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que prexudiquen gravemente os intereses da asociación, logo do expediente disciplinario, con audiencia do interesado.
  4. Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
  5. A expulsión de asociados e asociadas será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria.

 Artigo 9º.- Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:

  1. Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, exerce-lo dereito de voto, así como asistir á Asemblea Xeral, de acordo cos estatutos.
  2. Ser informado da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
  3. Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
  4. Impugna-los acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou ós estatutos.

 Artigo 10º.- Son obrigas dos asociados e asociadas:

  1. Comparti-las finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución.
  2. Paga-las cotas que se establezan.
  3. Desempeña-los cargos para os que foron elixidos.
  4. Acatar e cumpri-los acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación.
  5. Acata-lo contido dos estatutos.

 CAPÍTULO III

DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN

 Artigo 11º.- A dirección e administración da asociación serán exercidas polo presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

Artigo 12º.

1.O presidente da asociación será designado pola Asemblea Xeral entre os asociados e o seu mandato durará 2 anos. Será asistido nas súas funcións por un vicepresidente, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

2.- O presidente terá as seguintes atribucións:

  1. a) Representa-la asociación perante calquera organismo público ou privado.
  2. b) Convocar e presidi-las sesións que celebre a Xunta Directiva; presidi-las sesións da Asemblea Xeral; dirixi-las deliberacións dunha e outra, e decidir con voto de calidade, no caso de empate.
  3. c) Executa-los acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
  4. d) Ordena-los pagamentos acordados validamente.
  5. e) Asina-las actas, certificados, pagamentos e outros documentos da asociación xunto co secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.

 Artigo 13º.

1.- A Xunta Directiva estará formada polo presidente da asociación, un vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e 5 vocais.

2.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuíta, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa asociación. As persoas elixidas para estes cargos deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade levada a cabo pola asociación.

3.-. A súa duración será por un período de 2 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.

4.- A Xunta directiva será elexida pola Asamblea Xeral Extraordinaria entre tódalas candidaturas presentadas á mesma. Cada candidatura, formada por un presidente, un vicepresidente, un segredario, un tesoureiro, así como hasta 5 vocais, debe ser presentada na segredaría da Asociación e ha de estar exposta aos asociados/as con unha antelación mínima de 3 días.

5.- Si non se presentase ningunha candidatura á Asamblea Xeral, ésta elexirá entre os socios presentes unha Xunta Xestora Provisional que asumirá as competencias da Xunta Directiva por un período máximo de 3 meses, no que se celebrará nova Asamblea Xeral extraordinaria.

6.- A votación realizarase polo sistema de mao alzada ou por manifestación oral, se ben algún socio o solicitase, a votación sería secreta.

7.- A elección da Xunta Directiva efectuarase co voto favorable da maioría simple dos socios presentes.

8.- Os cargos cesarán na súa función por:

  1. a) Facelemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
  2. b) Renuncia voluntaria.
  3. c) Transcurso do prazo para o que foron elixidos.
  4. d) Acordo de cesamento de toda a Xunta Directiva adoptado por 2/3 dos asociados reunidos en Asamblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto.

A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cesamento automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor.

As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva serán cubertas provisoriamente entre os ditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral. En calquera caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como mínimo por 3 persoas, que exercerán as funcións de presidente, secretario e tesoureiro.

9.- Non poderán formar parte da Xunta Directiva as persoas que desempeñen cargos en calquera partido político ou que ocupen cargos políticos electos.

10.- Dado que un dos nosos obxectivos é procurar a cohesión social e o desenvolvemento das parroquias, procurarase a representación de tódalas parroquias na asociación. Mentres isto non sexa posible, nomearase un encargado de relacións coas parroquias, que será un membro da Xunta Directiva.

Artigo 14º.- A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:

  1. Programar e dirixi-las actividades asociativas.
  2. Leva-la xestión administrativa e económica da asociación.
  3. Someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
  4. Convocar e fixa-la data da Asemblea Xeral.
  5. Propoñerlle á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados.
  6. Designa-las comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación.
  7. Ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral.
  8. Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.
  9. Propoñe-lo plan de actividades da asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
  10. Resolve-los procedementos disciplinarios que se instrúan.
  11. Aquelas que non veñan atribuídas expresamente á outro órgano da asociación.

Artigo 15º.

1.- A Xunta Directiva será convocada polo presidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes.

2.- Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da metade máis un dos seus membros e, en todo caso, do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.

O secretario ou, no seu defecto, o vocal que o substitúa, levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.

 Artigo 16º.- Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte das ditas comisións o número de asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.

Artigo 17º.- A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por tódolos integrantes desta. O presidente e o secretario da asemblea serán o presidente e o secretario da Xunta Directiva.

Artigo 18º.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó presidente, autorizado coas sinaturas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.

Artigo 19º.- A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente no mes de decembro.Tanto a Asemblea Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva.

A notificación farase nos locais da asociación.

Artigo 20º.- Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:

  1. Aproba-lo plan de actividades.
  2. Examinar e aproba-las contas e balances do exercicio anterior.
  3. Aproba-los presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
  4. Aprobar as cotas.

Artigo 21º.- Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:

  1. Modifica-los estatutos da asociación.
  2. Elixir e cesa-los integrantes da Xunta Directiva.
  3. Aproba-la federación con outras asociacións.
  4. 4. Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
  5. Acorda-la disolución da asociación.
  6. Designa-los/as liquidadores/as.
  7. Ratifica-la expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
  8. Solicita-la declaración de utilidade pública da asociación.
  9. Aproba-lo regulamento de réxime interno da asociación.
  10. As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan agarda-la súa convocatoria, sen grave prexuízo para a asociación.
  1. Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou a Xunta

Directiva.

Artigo 22º. A Asemblea Xeral quedará validamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes, pero, en todo caso, coa presenza do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.

Artigo 23º.-

  1. Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados do 1 ó 7 do artigo 21º, que requirirán maioría de dous terzos. A continuación levaranse os acordos ó libro de actas e asinarao o/a presidente/a, o/a secretario/a da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.
  2. Terán dereito a voto todos os membros da asociación que se inscribisen antes da elaboración da proposta que se vai votar.

Artigo 24º.- Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes.

As sesións abriranse cando así o determine o presidente. Seguidamente procederase por parte do secretario á lectura da acta da asemblea anterior que deberá ser aprobada.

Posteriormente, o secretario procederá a presenta-la orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ó debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate.

Artigo 25º.- Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.

 Artigo 26º.- 1. O secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle, así mesmo, notifica-las convocatorias, custodia-las actas e expedir certificacións destas co visto e prace do presidente. O secretario tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto.

  1. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario, o presidente designará entre os vocais a un que desenvolva esta función.

Artigo 27º.- 1. O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o presidente, levará a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da asociación así como as contas de resultados e balances.

  1. O tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da asociación nos quince días anteriores á celebración da asemblea ordinaria.

Artigo 28º.- Os vocais terán as seguintes atribucións:

  1. Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
  2. Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.

CAPÍTULO IV

RÉXIME ECONÓMICO

 Artigo 29º.- A asociación no momento de inicia-las súas actividades dispón dun patrimonio de… euros. O peche do exercicio económico coincidirá co 30 de xuño.

 Artigo 30º.- A asociación funcionará en réxime de presuposto anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de presuposto será elaborado polo tesoureiro da asociación, que deberá telo preparado antes do 15 de decembro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.

Artigo 31º.- A asociación manterase dos seguintes recursos:

  1. As cotas periódicas dos/as asociados/as.
  2. As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola

asemblea.

  1. As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades

privadas ou particulares.

  1. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
  2. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.

 

Artigo 32º.- A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase a atende-las necesidades da asociación.

 Artigo 33º.- Anualmente, con referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.

Artigo 34º.- Para a disposición de fondos das contas que a asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a sinatura conxunta do presidente e do tesoureiro.

Artigo 35º.- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola asociación.

 CAPÍTULO V

DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO

 Artigo 36º.- O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nestes estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva e o procedemento disciplinario, e non pode ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da asociación estará sometido ó ordenamento xurisdicional civil.

 CAPÍTULO VI

MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

 Artigo 37º.- Os ditos estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados. A proposta de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.

 Artigo 38º.- A asociación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas 2/3 partes dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.

 Artigo 39º.- Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a presidente e o/a tesoureiro/a, procederán para efectua-la liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.

 Artigo 40º.- O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e inscrita na comunidade autónoma que teña iguais ou similares fins que os desta asociación.

O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da asociación.