Solicitude á Conselleira de territorio e infraestruturas .

SOLICITUDE Á CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUCTURAS DA XUNTA DE GALICIA DO ARRANXO DAS ESTRADAS ESCAIRÓN – PESQUEIRAS E DO ACCESO A ESCAIRÓN DENDE O CORREDOR.

A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 13651 no rexistro provincial de asociacións de Lugo, a través da súa presidenta Violeta Perez Figueroa, con DNI 34.259.009 A, diríxese diante da Axencia Galega de Infraestructuras para solicitar as tarefas de conservación e mantemento dos tramos de dúas estradas autonómicas de moita frecuentación e importancia no noso municipio.

EXPONSE:

 1- Trasmitir as queixas dos veciños e usuarios polo deterioro manifesto da estrada LU – 617 entre Monforte e Belesar, no tramo dende o cementerio de Escairón ata o lugar de Pesqueiras. Neste tramo a capa de rodadura está totalmente erosionada e desconchada o que fai moi dificultoso o tránsito.

Recordamos que dende o desdoblamento de esta estrada na LU – 533 e o corredor RG – 2,1, xamais foi reposta a capa de rodadura, limitándose o mantemento a rebacheos puntuais que actualmente son insuficientes.

Esta estrada supón un dos eixes fundamentais de comunicación do noso concello, sendo un vial que soporta unha gran cantidade de tráfico” interno” de veciños do concello. É este tramo da estrada LU -617 punto de saída de varias parroquias: Marrube, Vilatán, Diomondi, Louredo, Laxe, Piñeiró, Vilelos, Rebordaos e Stº Estevo de Ribas de Miño fan uso cotidiano de esta estrada, polo que supón unha necesidade para boa parte da poboación do municipio, que así nolo manifesta para tramitar a presente solicitude.

2- O deterioro importante e perigoso de boa parte da capa de rodadura do acceso Este a Escairón dende o Corredor Rápido Galego 2,1, o que é a estrada autonómica LU – 615. Precisamente por ser a vía principal de acceso á capitalidade municipal (Escairón) dende Monforte é imprescindible unha boa conservación da mesma.

Por estes motivos e argumentos

SOLICÍTASE:

As actuacións de mantemento e conservación necesarias das estradas do concello do Saviñao de titularidade autonómica nos tramos que a continuación se concretan:

 1- Estrada LU – 617: dende o km. 13,960 á saída de Escairón, á altura do cementerio, ata o km. 21,450 no lugar de Pesqueiras e na confluencia coa estrada LU – 533.

Hai dous puntos de excepción asfaltados no pasado ano e que non precisan traballos: Dende o km. 16,360 nas Carrasqueiras ata o km. 17,140 no desvío a Vilatán. E no punto km.19,370 no enlace coa LU – 533.

2- Estrada LU – 615: É o acceso Este a Escairón dende o Corredor Rápido Galego 2.1. Dende o km. 0 na encrucillada próxima a Escairón ata o km. 1,320.

Na espera de ver cumpridas as fundamentadas queixas veciñais e de ver reparadas estas dúas importantes estradas de comunicación interior do noso municipio, despídese atentamente de Vdes. a presidenta da asociación.

Escairón a 23 de xuño do 2014.

Na data do 13 de agosto, resposta a Consellería que a obra LU-615 está xa presupostada, e de feito vese realizada a finais de setembro. Respecto á 617 confirman que non hai presuposto para afrontala.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail