A deputación invita a participar na elaboración dos orzamentos do 2015

A DEPUTACIÓN INVITA A PARTICIPAR NA ELABORACIÓN DOS ORZAMENTOS DO 2015. CLARO QUE PARTICIPAMOS!

A Deputación de Lugo anunciou unha, ata agora, descoñecida apertura na participación da cidadanía para a elaboración dos orzamentos.

Dende a asociación acollemos a iniciativa con gañas e sentido positivo, e elaboramos unha serie de suxerencias que trasmitimos á institución vía correo electrónico, e ademais levamos par expoñer nó acto do 22 de xullo no Centro do Viño de Monforte.

ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS DA DEPUTACIÓN DE LUGO.  PROPOSTAS DA ASOCIACIÓN VECIÑAL DO SAVIÑAO.

Dende a asociación veciñal aprobamos a iniciativa da Deputación de Lugo de abrirse á participación cidadá, feito que nas épocas actuais vense reclamando dende a veciñanza, e cada vez con maior empuxe. Elo levará a un maior acercamento e contacto entre a sociedade e as institucións.

Agradecendo a invitación recibida presentamos as seguintes propostas cara ós ornamentos do 2015:

1 – Entendemos como prioritaria a atención á área de Protección Social, e concretamente ás situacións de Dependencia, por ser este o sector social máis indefenso e vulnerable, e ó mesmo tempo por ser o máis castigado polas políticas de austeridade. Por elo consideramos necesario o apoio económico ou asistecial ás persoas que estan nesta situación, que son moitas dado o envellecemento da poboación e o carácter rural da nosa sociedade.

No mesmo senso deberíase reforzar a atención a poboación maior, coa creación de Centros de Día e de Residencias no mundo rural. Elo evitará a disgregación e desintegración dos nosos maiores do entorno no que viviron, xa que ata agora vense obrigados a buscar o lugar de vida fora do seu ambiente orixinal, feito que obriga a unha nova adaptación nun entorno alleo que non sempre se consigue, provocando desasosego froito da desubicación xeográfica. Asemesmo estas estructuras asistenciais poden servir como xeneración de emprego ó esixir unha boa dotación de persoal. Cobrese un servizo básico e xenérase emprego.

Aproveitamos esta invitación para repetir a pregunta, enviada nos pasados meses e sen resposta, sobre o estado no que se atopa á proxectada e aprobada obra da Residencia para maiores en Escairón, así como ó contido do convenio suscrito co concello, para poder incidir e buscar axilización á concreción desta necesidade, sentida como a carencia máis grave que temos hoxe en día no Saviñao.

2- Apoio económico e estructural ós sectores productivos da cada zona xeográfica. En concreto para a nosa da Ribeira Sacra propoñemos as seguintes inversións:

  • O sector vitícola é ún referente da zona e un sector productivo a potenciar, máis xa te financiación específica, pero pode recibir un apoio dende a institución provincial. Así se está a ver como a interelación das adegas e o turismo cultural e patrimonial están a dar bos resultados de demanda turística, facilitar eses itinerarios culturais, vitícolas e paisaxísticos pode ser unha boa inversión.
  • Relacionado co turismo, deberíanse apoiar e potenciar as labores artesáns, así a cerámica, a mimbrería, a cantería, a carpintería, o restauro e outras moitas terán boas perspectivas de futuro de confirmarse a declaración da UNESCO. Poderíase invertir en escolas – obradoiro de capacitación nesteas áreas.
  • Dende que se iniciaran os pasos para a catalogación da nosa xeografía pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade, ábrense optimistas perspectvas para o Turismo, polo que propoñemos apoio para formación e capacitación neste sector profesional, formación en turismo e hostelería van ter demanada. Asemesmo o Patrimonio cultural e arqueolóxico pode ser aproveitado para, ademais de aportar acicates promocionais á zona, convertirse nunha fonte de recursos e de xeneración de emprego especializado. Pódese facer algunha excavación arqueolóxica na comarca, tendo en conta a cantidade de vestixios castrexos, do bronce e neolíticos que existen. A museilización dos mesmos no mesmo entorno é un reclamo do turismo cultural e outra fonte de emprego. Como o é a paisaxe e natureza, polo que propoñemos apoio as actividades de sendeirismo. Asemesmo e aproveitando o paso do Camiño de Inverno por Diomondi, deberíase concertar co obispado o aproveitamento do pazo obispal de S. Paio de Diomondi como albergue e punto de parada na ruta xacobea. Tamén se está demandando polos visitantes un punto de campismo na Ribeira Sacra, xa que non hai ningún; a zona da Cova no Saviñao ou a de Maiorga en Pantón son idóneas para este fín. Non estamos a falar de axudas directas a establecementos e empresas de turismo e hostelería, pois consideramos que teñen outras vías de financiacion, senon a estructurar pequenos servizos que influirán na xeneración de riqueza para o mundo empresarial e traballo para os autóctonos e residentes que axudaría a fixar poboación.
  • O sector gandeiro ten moita relevancia na economía do Saviñao. Como no caso anterior, xa ten fontes de subvencións procedentes de entidades autonómicas, estatais e comunitarias. Consideramos que temos as condicións idóneas para que a gandería sexa un motor económico pero podería ser máis competitivo. Por elo propoñemos apoio económico e administrativo a toda iniciativa de coperativismo, pois cremos que pode mellorar a productividade do sector e contribuir a fixar poboación.
  • O sector forestal podería ser aproveitado como fonte de recursos, pero esta explotación debe ser sostible e racionalizada para non agredir ós caracteres que identifican á Ribeira Sacra: paisaxe e natureza. Propoñemos a potenciación dunha planta de biomasa forestal ou de pellets e outros derivados da masa forestal na comarca. Estas actividades ademais de xenerar riqueza e traballo contribuirían á limpeza do sotobosque e a prevención da perigosa e crecente ameaza dos incendios.

3- Consideramos moi necesario o mantemento e conservación da rede de comunicacións viarias na xeografía rural.

4- Respecto das inversións incluidas no Plan de Obras e Servizos solicitadas polos concellos, cremos que se deberían seleccionar con criterios de prioridade e necesidade. Nos últimos anos vemos como no noso concello se levaron a cabo obras de dudosa necesidade e moi cuestionable funcionalidade, son exemplos a impopular carpa instalada na praza do concello, o gastado na rotonda do polígono industrial dotada de rego automático, ou o peche con aceras da área verde do campo da Lama en Escairón. Por elo solicitamos que as solicitudes feitas para acollerse ás subvencións se fagan públicas no momento de ser presentadas e antes da súa aprobación, co fín de que a cidadanía teña coñecemento das inversións que se van facer coa antelación suficiente para valorar a súa prioridade ou propoñer alternativas máis eficientes ou necesarias.

En Escairón a 15 de xullo do 2014.

Firmado, a presidenta da asociación.

Nese día acodimos ó acto institucional, pero a nosa sorpresa foi maiúscula cando comprobamos que a tan publicitada participación consistía en cubrir unha enquisa sinalando as áreas preferenciais ¡sin máis! ahí rematou a apertura á participación a todo o tecido asociativo de Lugo. Que exceso de apertura ¡que talante democrático!

No Nadal de 2014 recibimos da Deputación un analise de cada unha das propostas enviadas. Unhas respóndenas con actuacións similares, pero noutros concellos da provincia. Dúas delas, a do posible uso do Pazo Obispal de Diomondi como albergue no Camiño de Inverno, e a da creación dunha planta de Biomasa ou derivados forestais na comarca, dín trasmitilas á administración da Xunta.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail