UN MIRADOIRO NA COSTA DE STº ANTÓN DINAMIZARÌA O NORTE DO MUNICIPIO.
A Asociación Veciñal do Saviñao, diríxese á Alcaldía do Saviñao e á oposición coa intención de propoñer a creación dun miradoiro na cima do monte de Santo Antón na parroquia de Piñeiró.
A Costa de Stº Antón representa unha elevación considerable respecto do altiplano do Saviñao situándose a 680 metros de altitude, tan só superada pola serra da Parrocha xa no concello de Paradela a 837 m..
No cumio da Costa, onde estan os depositos da auga da traída, está ubicado o punto xeodésico 15567 e ó seu carón hai construído un refuxo de cazadores, de planta baixa e cuberta plana.
Dende a parte superior da cuberta da caseta gózase dunha privelexada panorámica de 360º, obtendo con precision unha vista dos límites xeográficos da Ribeira Sacra: a nacente os montes de Samos e avistando detras a serra do Caurel, ó sur Cabeza da Meda e a serra de Manzaneda, a poñente a serra do Faro e ó norte os montes de Portomarín e Paradela.

