Solicitude á deputación do arranxo da estrada Escairón-Currelos

Visto o tremendo deterioro que este duro inverno provocou en certos puntos da estrada de titularidade provincial, e coa intención de que inclúan esta necesaria actuación no plan provincial anual de reparación das estradas, que acertadamente ven facendo a Deputación, na data do 10 de febreiro do 2014 notificamos os puntos concretos onde se precisa reposición ou reparación.

A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 1365 no rexistro provincial de asociacións, a traves da súa presidenta Violeta Perez Figueroa, con DNI 34.259.009 A, diríxese á área de Xestión Territorial da Deputación Provincial de Lugo coa finalidade de

EXPOÑER :

Polo presente escrito notifícase o deterioro da estrada de titularidade provincial entre Escairón e Currelos (LU–P 4102), na que se pode apreciar a perda total da capa de rodadura e a apertura de focharcas, pese o rebacheo feito no verán do 2013; e dado que esto vense repetindo ano tras ano co conseguinte risco de siniestros, e tendo en conta que este é un dos eixes principais de comunicacións viarias no municipio…

SOLICÍTASE:

Actuación da entidade provincial, cando a climatoloxía o permita, e para cando se inicie a campaña de reposición e arranxo das estradas provinciais, consistente nas suxerencias que a asociación presenta:

1 – Reposición íntegra e arranxo estructural da capa de rodadura no traxecto entre Escairón e Vilarreme, duns 3 km. Do mesmo xeito precisa esta reparación integral o tramo dende a entrada á Portela ata Vilachá (1 km).

2 – Rebacheo puntual na estrada ó paso polo lugar do Gorgozo. Tamén é necesaria unha actuación puntual nas focharcas que se abriron ó paso polo lugar de Xuvencos.

3 – Reposición da capa superficial de rodadura nun curto tramo entre a saída de Xuvencos e o paso da estrada pola ponte do río Sardiñeira, no km. 19 da estrada.

4 – Rebacheo no punto de intersección e desvio a Vilaesteva e Corneas.

Na procura do mantemento e conservación das redes de comunicación viaría no noso municipio, esperamos que denantes da época estival o organismo provincial teña solucionada esta carencia dun xeito duradeiro e estable no tempo.

Na espera de que sexa tida en conta esta solicitude veciñal, como ven sendo habitual no bó facer da Deputación Provincial, despídese atentamente de Vde. a presidenta da asociación.

Escairón a 9 de febreiro do 2014.

A /A do responsable da Área de Xestión Territorial da Deputación Provincial de Lugo , Don Manuel Martinez Nuñez.

No mes de xuño do 2014 vemos como inician as obras de reparación dos tramos sinalados, pero non como fora solicitado: unha reparación en certos puntos estructural de reposición da capa de rodadura íntegra, limitándose a intervención a un rebacheo e reposición superficial de grava e ducha asfáltica.

No mes de xullo do 2015 comprobamos como se repuxo a capa de rodadura íntegra de aglomerado ata Vilarreme e se colocaron uns badéns na saída de Escairón sentido Currelos e outro na saída cara a Ferreira.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail