Auga da traida negra, unha vez máis

Coma xa ven acontecendo nos últimos anos, a auga municipal, pública e ben pagada tralo incremento das tasas, volta a saír dos grifos opaca e sucia, xenerando a lóxica preocupación en cada unha das casas que fan uso dela. Á asociación chéganlle numerosas queixas e por elo rexistramos no día 26 de xuño unha pregunta á Alcaldía: ¿é potable a auga?, ¿pódese facer uso doméstico dela para cociñar e inxerir?: Estas preguntas esperan unha rápida e tranquilizadora resposta por parte do responsable da calidade sanitaria das augas ¿dará a cara o Sr. Alcalde?

 

A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 14 no rexistro municipal de asociacións, a traves da súa presidenta Violeta Perez Figueroa, diríxese á Alcaldía do Concello do Saviñao coa intención de

EXPOÑER:

Despois da múltiples queixas recibidas na asociación co motivo da turbidez e suciedade da auga de consumo sofrida nesta semana, e despois da preocupación despertada na veciñanza polas dudas sobre a calidade e potabilidade da auga da traída

SOLICÍTASE:

Do concello, como responsable da hixiene e calidade das augas públicas de consumo , a confirmación de que a auga da traída cumpre as condicións de potabilidade esixidas para ser catalogada como auga de consumo doméstico, e se disipe de esta maneira a máis mínima duda de risco sanitario.

Solicítase ademais se tomen as medidas oportunas para que este feito, que se ven repetindo todos os anos, non xenere alarma social; e que este esencial servizo público cumpra os requisitos sanitarios mínimos establecidos por Sanidade , máis cando se están a subir as tarifas no recibo da auga. O servizo ten que ser polo tanto impecable e correcto.

Na espera dunha resposta pública tranquilizadora, despídese de Vde. a presidenta da asociación. En Escairón a 26 de xuño do 2014.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail