SOLICITUDE Á DEPUTACIÓN DE DIVERSAS MEDIDAS DE SEGURIDADE VIAL NO CONCELLO.
A Asociación Veciñal do Saviñao, diríxese á Delegación de Vías e Obras Públicas da área de Xestión Territorial da Deputación de Lugo, para solicitar unha serie de medidas de seguridade vial no territorio municipal do Saviñao.
A asociación veciñal, facéndose eco das necesidades sentidas pola veciñanza no que respeta á seguridade vial nas estradas que comunican o territorio municipal, solicítalle á Deputación Provincial, titular das estradas afectadas, a necesidade de levar a cabo as seguintes actuacións:
- Na Estrada provincial 4102 Escairón-Currelos: limitación da velocidade a 50 qm/h no paso polo Gorgozo e por Xuvencos. Dado o exceso de velocidade co que circulan moitos vehículos ao paso por estes dous lugares, suxíresese a colocación dalgúns dos seguintes elementos disuasores:
- sinais luminosos de limitación,
- bandas reductoras da velocidade nas entradas á poboación.
- Semáforos que se poñan en vermello ao superar a velocidade.
- Na Estrada 4102 Escairón-Ferreira de Pantón: colocación de bandas reductoras da velocidade na estrada Xán de Forcados de Escairón, á altura do parque infantil, que obriguen a aminorar a velocidade.
- Estrada 5806 Montecelo-Fodo de Vila: colocación de sinais limitadoras da velocidade a 30 qm/h no lugar de Galegos dada a estreiteza da calzada ao paso pola poboación.
- Estrada 5804 Escairón-Rebordondiego: limitación da circulación a un só sentido no centro de Escairón, desde o cruce ata a praza de España, no tramo que inclúe a praza Bernardino Ribadavia e a praza Maior, para evitar o colapso circulatorio que se observa a diario nesta zona.
Coa esperanza de que se faga efectiva a coordinación entre as administracións, condición imprescindible para dar resposta ás necesidades da veciñanza, despídese de Vde. a Presidenta da Asociación.
Escairón a 30 de outubro do 2023.
Na data do 11 de decembro acode a Capataz de obras públicas da Deputación para entrevistarse con nós. Confirma que as dúas intervencións solicitadas en Escairón ( a de sentido único e a do parque infantil ) son de competencia municipal. En canto ás medidas propostas para o Gorgozo e Xuvencos, só é viable a de colocación de sinais luminosas e afirma que informará delo. En canto á de Galegos afirma que xa está tramitada. Gracias pola pronta resposta.