Noticias, novidades

VISITA CULTURAL Á ÁREA DA CIUDÁ EN XUVENCOS

      Na data do 30 de xullo do 2017, a comisión de cultura da Asociación Veciñal do Saviñao organizou unha visita cultural á área da Ciudá.

        Previa limpeza da zona, nesta xornada de reunión fraternal dos veciños, acodíuse a coñecer  unha pequeña porción da historia da nosa terra. Nunha tarde apacible paseamos o recorrido dende a estrada ata o pequeño val que describe o río Sardiñeira. A zona aprécise fértil e de interese para o establecemento de poboación.

       Achegámonos os 42  visitantes ata a única vivenda que alí foi construída. Na fachada dos restos da mesma chaman  a atención as dúas pedras incrustadas a cada ún lado da ventana da esquerda, un trisquel e unha flor de auga, ambos símbolos castrexos, pero que probablemente foron trasaladados á vivenda dende o derrubo por parte dos irmandiños dunha torre medieval ubicada no cumio do castro que se localiza xusto detrás da casa .

        Despois dunha serie detallada de datos históricos aportados por Enrique Perez Losada, iniciamos a subida en círculo ata a croa do castro, por unha senda recén limpada e amurallada en diversos niveis de socalcos ou terrazas. Na cima, dende a que se divisa toda a contorna labrada polo río Sardiñeira, vese unha parede vertical duns 2 metros e medio que indica a presenza dun costrución , e por riba dela o escombro de cascotes de derrubo, que poden ser indicio evidente da existencia anterior  dunha torre medieval.

     Esta foi unha actividade de coñecemento e divulgación da historia da nosa terra, que pretende que a memoria perdure e non se perda nas xeracións vindeiras.

         Xa no ano 1930 o historiadores Cuevillas e Fraguas visitaron a zona e levantaron plano do castro, máis non se percibiron da existencia dos restos da torre.

         Planos do castro  12

A ASOCIACIÓN VECIÑAL DENUNCIA ANTE OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN QUE O ALCALDE REGALA A AUGA PARA O LAVADO DAS CISTERNAS DE LEITE DE CELEGA.

        O Concello do Saviñao non só se inhibe nos contínuos vertidos contaminates da empresa láctea CELEGA ó río Pesqueiras, “ mirando para ó outro lado”, mentras teñen que ser os vecinos quenes insistan nas denuncias e defendan as condicións naturais do río. Agora compróbase como o Concello facilita auga da traida de forma totalmente gratuita, sin contador algún nin rexistro do gasto, para encher as enormes cisternas que logo serán lavadas e vertidas como residuais, sin a debida depuración.

          Pero non só regala miles de litros de auga, senón que o Concello creou hai poucos días  a rede de tuberías que derivan a auga da traída dende una arqueta aberta ó lado da caseta dos pozos, ata a beirarúa, onde instalaron outra arqueta e unha boca de acceso a auga , que facilite o enchido aos camións cisternas. Esto é na área recreativa da Lama de Escairón, fronte ó pavillón deportivo municipal. Adxuntamos dosier fotográfico onde se nota a zanxa do soterrado recenté da tubería, así como os dous rexistros , entre a caseta da Lama e a beirarúa.

         Este feito ten gravidade por canto é un agravio compartivo, e de favor a una empresa, respecto ó resto da veciñanza que sofre ano tras ano os incrementos na tasa polo consumo da auga da traída. Mesmo pode estar incurrindo nun delito de fraude e prevaricación administrativa doble: por un lado por permitir os constantes e diarios vertidos , e por outro por regalar miles de litros de auga da traída que logo irá a cargo dos bolsillos dos vecinos.

        Escairón a 28 de marzo do 2017. Ver anexo de fotos.

Sigue leyendo

Solicítase actuación do Concello nas vivendas ruinosas de Escairón

        O venres 24 de febreiro do 2017 rexistramos no Concello solicitude para dar solución a unha problemática que pode poñer en risco a peóns e a seguridade vial en Escairón . Trátase do cada vez máis crecente abandono de vivendas no núcleo urbano de Escairón, e da responsabilidade que pode recaer no Concello no caso de accidente por desprendemento de estruturas destas vivendas á vía pública.
Para evitar este risco, presentamos una relación de 7 vivendas que precisan de actuación inmediata. Algunha delas xa provocou en anos anteriores caída de cascotes da estrutura sin danos .
Adxuntamos copia da solicitude. Sigue leyendo

A ASOCIACIÓN ENTREGA NO CONCELLO O CENSO DE FONTES A ANALIZAR

Tal e como se acordara na reunión mantida co Alcalde na data do 17 de outubro do presente, a Asociación Veciñal do Saviñao fai entrega ó Concello da relación de fontes públicas do municipio e actualmente en uso polos veciños.

A finalidade é que pola parte responsable do control, o Concello, sexa realizada analise da potabilidade das augas de ditas fontes , para garantir aos usuarios as condicións sanitarias para o uso e consumo doméstico. Posteriormente deberíase sinalizar en cada unha delas a aptitude para o consumo. Sigue leyendo

A ASOCIACIÓN DENUNCIA QUE O CONCELLO PERMITE O USO DO PUNTO DE RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS COMO PUNTO LIMPO CLANDESTINO.

Recibidas na asociación queixas dos veciños da rúa Celso Emilio Ferreiro de Escairón , polo alarmante incremento de ratas de gran tamaño nas proximidades das vivendas, cortes e negocios da zona, atribuídas á prolongada existencia de vertidos clandestinos  de lixo no punto oficial de recollida de plásticos agrícolas ubicado no lugar proximo de ” Os Bulleiros “.

Comprobamos como o punto específico de depósito de plásticos convertíuse nun vertedoiro incontrolado de materiais de diversa procedencia . Así é apreciable o predominio de calquera outro tipo de material acumulado : cascallos de obra, palés, mobiliario urbano, trapos e tecidos, caixas de bebidas, etc. acumulados nun longo periodo de tempo.

Considérase que este é o punto de orixe da presenza de roedores, o que o convirte nun foco perigoso para a saúde pública , afectando gravemente á veciñanza . Sigue leyendo

ANDAINA CONXUNTA CON COLADO DO VENTO NO CABO HOME

Na data do 9 de xullo acodimos a Cabo Home no Morrazo a realizar unha andaina xunto coa asociación de Sober O Colado do Vento , e invitados por unha asociación de sendeirismo que acodira no pasado outono a realizar a ruta da Ribrira Sacra do Miño .

A ruta foi espectacular en canto a paisaxe , próxima o mar e divisando as illas Cies e as Ons , así como as rías de Vigo e de Pontevedra , e facendo parada na fermosa praia de Melide . A viaxe foi coorganizada con Colado do Vento . Acodimos nun microbús 13 persoas , das que tan só 3 foron do Saviñao .

SOLICITUDE DE LIMPEZA E ADECENTAMENTO DOS PUNTOS VISITABLES DO NOSO MUNICIPIO

Co inicio do verán comeza unha estación na que o noso territorio é visitado por moitas persoas que escoitaron e viron imaxes suxerentes de natureza , paisaxe e patrimonio . O noso municipio , como moitos outros do interior , precisa urxentemente de acicates económicos que asenten poboación e frenen o abandono do territorio por parte dos xovenes que aínda quedan . O turismo debe ser aproveitado como un bó recurso de ingresos , eso sí , sostible e sin agresións , integrado na fermosa natureza que nos rodea .

Por iso , dende a asociación instamos ós nosos gobernantes a que se impliquen na tarefa de mostrar o mellor do noso territorio , e esto leva a limpar e manter os puntos de maior afluencia de visitantes , co fin de continuar na promoción deste territorio como pequeno paraiso de disfute dos sentidos .

Son elementos de interese : o románico , o resto do patrimono arqueolóxico , a natureza e a paisaxe . O entorno das egrexas está bastante ben conservado , bótase en falla a sinalización e limpeza dos accesos á Leira Rapada . Os dous puntos paisaxisticos de mais demanda : o pobo de Belesar e o a praia da Cova tamén están en aceptables condicións , quizais a limpeza das cunetas da estrada que une estes dous puntos sexa unha carencia a reclamarlle á Deputación .

A asociación demanda a execución do que é responsabilidade institucional , a limpeza e adecuación doutros tres puntos de interese que presentan a día de hoxe un lamentable estado , e por elo rexistramos a seguinte solicitude : Sigue leyendo

ELIMINACIÓN DAS BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS . ¡ CANTO COSTA APLICAR A LEXISLACIÓN NO NOSO MUNICIPIO !

A Asociación Veciñal do Saviñao ven de rexistrar unha solicitude no Concello para que se aplique o Decreto 35/2000 polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia .

Esta é unha vella demanda veciñal , trasmitida á asociación por familiares de persoas con discapacidade , que no ano 2013 motivara unha solicitude para facilitar o acceso ós edificios públicos da capitalidade do noso municipio .

Daquela o noso rexidor aceptaba e dicía estar moi sensibilizado con esta problemática . Hoxe , tres anos despois , comprobamos como aquel vontarioso compromiso tan só se materializou nuha praza de aparcamento reservada en todo Escairón , e para eso coa carencia dun rebaixe na beirarrúa para facilitar o acceso dunha cadeira de rodas .

Na semana pasada vimos de rexistrar unha nova solicitude concretando as carencias máis notables a correxir para executar unha lei co inexplicable retraso de 15 anos .

Este é o contido da solicitude :

Sigue leyendo

OPOSICIÓN VECIÑAL Á CONSTRUCCIÓN DUN NOVO CENTRO DE SAÚDE NA ZONA VERDE DA LAMA

Despois do acordo tomado pola Corporación Municipal no Pleno do 21 de abril , polo que se acorda modificar a catalogación dos terreos que hai detras do campo de futbol e pista de tenis da Lama en Escairón , de Dotacional Deportivo a Dotacional Sanitario , a asociación recolle e trasmite o desacordo veciñal a esta agresión . Ademais consideramos que a principal carencia sanitaria do noso municipio non é un novo edificio , senón a dotación suficiente en persoal sanitario .

Recordamos que este foi o primeiro concello da comarca onde se aplicaron os recortes sanitarios , e no 2011 suprimíronse unha praza médica e outra de enfermería . Daquela a protesta veciñal fora masiva e enviáranse case 600 reclamacións persoais ó SERGAS , pero a dotación en persoal quedou mermada , ó mesmo nivel que Pantón con 1000 habitantes menos , ou que Sober con 1.500 veciños menos .

Así na data do 19 de maio enviamos á Consellería de Sanidade e ó Concello o rexeite veciñal á construcción dun novo edificio sanitario , razonado e xustificado .

Sigue leyendo

CONTAMINACIÓN REPETIDA E PERMANENTE DO RÍO PESQUEIRAS . Informe enviado a ADEGA .

        O río Pesqueiras é un afluente do Miño que nace nas proximidades de Escairón , capitalidade do Saviñao , na zona da Lama e na zona do Parque Empresarial . Despois dúns dous quilómetros pasa pegado á central láctea de Celega , para continuar uns 5 quilómetros despois ata o lugar de Pesqueiras , e dende alí iniciar o pronunciado descenso ata a desembocadura no Miño , xusto na base da presa de Belesar .

        Este río foi couto de pesca ata hai uns 20 anos , no que a contaminación exerzeu de verdugo da vida piscícola , e nas súas marxes operaban ata sete muíños .

       Neste febreiro pasado , recibíronse na asociación multitude de queixas polo alarmante estado das augas que baixaban espumosas , e malolentes pese a gran cantidade de choiva caída . De feito as dúas fotos seguintes foron feitas por un veciño que vive nas proximidades do río , no lugar da Veiga , e úns 4 quilómetros e medio despois do paso do cauce pola central láctea de Celega .

1   

2

        Tamén se comprobou o fedorento olor das augas o paso do río baixo a estrada e corredor rápido , á altura do desvio ó lugar de Vilamor e da confluencia do rego Saviñao , úns dous quilómetros e medio máis abaixo da central .

Sigue leyendo