Na defensa dos servicios sanitarios do noso municipio
No mes de maio do 2011 o noso municipio ten a desgraza de ser pioneiro nos hachazos das medidas de recorte nos servizos sanitarios por parte do goberno do PP na comunidade autónoma. Así, xusto dous días antes das eleccións municipais, suprímese un médico no centro se saúde de Escairón, levado moi habilidosamente por parte de Raquel Arias ó seu concello de Sober cando aquel era o municipio, coa lóxica poboacional, candidato a perder un profesional. 4.450 veciños fronte os escasos 3.000 de Sober así o facían previsible.
A asociación púxose rapidamente na tarefa de tentar cambiar este negativo destino. Dirixímonos ó Comité de Centros de Atención Primaria de Lugo, a Recursos Humanos da Consellería, á mesma Conselleira Pilar Farjas e ata en dúas ocasións ó Valedor do Pobo. Todo esforzo foi inútil. Convocouse ós veciños a manifestarse ante o concello con ocasión dun Pleno onde se tratou “á lixeira” o tema, acodiron unhas 300 persoas. Colocáronse pancartas en Escairón e nos pasos elevados do corredor. Falouse nunha ronda de prensa en Monforte, e ata nos manifestamos ante a propia conselleira con ocasión dunha visita ó Hospital de Monforte. Anímase ós veciños a presentar follas de reclamación a título individual, e a fé que responderon, pois foron enviadas máis de 600 reclamacións á Xerencia de Lugo do SERGAS.
Pero non contentos coa afrenta, dous meses despois salta o rumor da posible supresión do consulorio de Currelos que, grazas o cambio de moitos veciños para ó médico de Currelos, consigue manterse.
A conselleira non foi quen de responder ós argumentos que defendían a xusta demanda, que expoñemos agora.
A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 13651 no rexistro provincial de asociacións diríxese á Illma. Sra. Conselleira de Sanidade Dña. Pilar Farjas Abadía co ánimo de
EXPOÑER:
Que no noso concello e a data 21 de maio foi suprimida unha praza de médico e que pese ás instancias dirixidas díante dos diversos estamentos da administración sanitaria solicitando a reconsideración da decisión, non se obtuvo resposta algunha. Dende os veciños consideramos esta unha decisión inxusta e discriminatoria respecto do resto de municipios que nos rodea, e supoñendo un recorte sanitario que merma a cobertura e protección desta zona.
E que por máis circula o rumor da intención da supresión do consultorio periférico de Currelos (no norte do municipio) e o traslado do persoal (médico, enfermeira e administrativo) ó centro de saúde de Escairón. Sigue leyendo
Residencia dos maiores: Isto non é o que necesitabamos
A Asociación Veciñal do Saviñao, unha vez coñecidas as condicións de apertura dos Apartamentos Tutelados de Escairón, desexa manifestar a decepción sentida así como reclamar a falta de sensibilidade dos responsables municipais para coa xente maior deste concello ó “entregar” a única (e tantos anos desexada) residencia ó uso privado.
A admisión unicamente privada e co custo de 1.200 € ó mes deixará sen este servizo esencial e esperado prácticamente á globalidade dos nosos maiores, que na grande maioría teñen unha pensión da cotización agraria moi inferior a esa cifra, o que lles imposibilita o acceso.
A asociación non entende como un edificio público municipal, doado por Dña. Maruja Somoza coa condición de ser aproveitado para Residencia de Maiores, arranxado e remodelado ata en dúas ocasións con fondos públicos, e dotado de material e mobiliario con orzamento público, poido ser entregado a unha privatización total ; sin a máis mínima opción de cobertura (concerto) coa Consellería de Bienestar e Igoaldade.
Consideramos que este patrimonio público foi convertido nunha mini residencia de luxo só para persoas válidas, e non dá solución ós dependentes do noso medio, nin palía as carencias en servizos para a terceira idade no noso concello. Así os nosos maiores deben buscar praza noutras vilas, desenraigándose do seo entorno. Isto non é o que precisaba o noso municipio.
Para compensar este abandono, a asociación esíxelle ós responsables municipais o inicio das xestións pertinentes para lograr polo menos algunhas prazas concertadas, pero desconfiamos das intencións privatizadoras, pois hai dous anos se negaron a entrar no concerto que se lle ofrecía dende a Consellería de Benestar e Igualdade.
De non ser así haberá que iniciar xa os trámites para conseguir unha residencia “de verdade”: que acolla persoas dependentes e que inclúa servicios de enfermería, fisioterapia e poida valer como Centro de Día. Resumindo, un centro adecuado ás necesidades e á realidade demográfica que estamos a vivir, como os que funcionan dende hai anos en case todos os concellos veciños.
Alegacións á modificación do escudo
A finais do ano 2010 a Corporación municipal decide institucionalizar o escudo e facelo oficial. Para elo é requisito imprescindible que sexa aprobado pola Comisión de Heráldica, organismo que propón e forza á inclusión da imaxe nun escudo de armas e a coroa real. Díante de esta modificación que altera o sentido que para os nacidos no Saviñao sempre tivo o sol elíptico, a asociación (ademais do Círculo Saviñao) presentou as alegacións seguintes, que non foron aceptadas nuha sesión plenaria, coa conseguinte oficialización.
Coñecida a proposta de Heráldica para a institucionalización do escudo do Saviñao, a Asociación Veciñal do Saviñao desexa manifestar o rechazo e a oposición á modificación do escudo que “dende que se recorda” representou as terras do Saviñao, que non é outro que un sol elíptico introducido nun óvalo, de uso histórico por todalas entidades asociativas rexistradas no concello.
Como alegacións presentadas díante do concello considera a asociación que a coroa non é representativa destas terras pois non hai antecedente histórico de fidalguía nin de dependencia real das terras do Saviñao. Por outra banda, considera desafortunada a modificación da disposición ovoidea por outra totalmente circular que o alonxa das orixes máis telúricas e básicas da elipsoide solar. Tampouco entende por qué o sol ten que aparecer encastrado nun escudo de armas, que lonxe de refrexar o sentido de culto ancestral e cósmico, acércao ó bélico e militar. Considera que o actual escudo é máis perdurable o longo da historia, e que as modificacións propostas tan só o adaptan ó momento histórico contemporaneo.
Por todo elo solicita á Heráldica se respete a sinxeleza dun sol prerromano manifestado dunha forma elipsoidal ó modo en que na cultura castrexa se tiña esa misteriosa apetenza polas formas ovoidales.
A asociación aporta, ademais dos argumentos etnográficos, os datos históricos que avalan o mantemento do escudo tal e como é, sen modificacións que alteren o sentido que ese icono ten para os habitantes do Saviñao.
En Escairón, a 15 de novembro do 2010.