A ASOCIACIÓN VECIÑAL DENUNCIA NOVOS VERTIDOS DA EMPRESA LÁCTEA CELEGA Ó RÍO PESQUEIRAS.

Na pasada semana ( 11 de novembro do 2016 ) recibíronse queixas dos veciños polo aspecto das  augas do cauce do río Pesqueiras , en concreto nos lugares de A Veiga e Torno , úns 5-6 quilómetros abaixo da central leiteira. A alarma despertouna os restos flotantes de espuma branca , cun fétido cheiro e o leito opaco das augas.

Recordamos que na primavera deste mesmo ano ADEGA presentou denuncia ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil ( CHMS ) e o SEPRONA, despois do informe elaborado pola asociación veciñal. Asemesmo un veciño afectado tamén se dirixíu ante a CHMS , o Concello e a Consellería de Medio Ambiente. Os feitos son repetidos e continuados , pois ademais destes residuos visuais , comprobamos como case que todas as mañáns percíbese un fétido olor nas proximidades do cauce que vai desaparecendo ó longo do día , o que fai sospeitar que eses vertidos fanse alevosamente pola noite.

Estes feitos motivan que a asociación veciñal rexistre a día 21 de novembro de 2016 denuncia díante da CHMS, aínda que non se entende como dende a administración se consinte tanta reiteración e reincidencia. Recordamos que esta empresa ven sendo obxeto de multas medio ambientais dende hai casi 20 anos , e con distintos propitarios. Parece que sae mais rendible o pago das sancións que a dotación dos medios técnicos necesarios para solucionar o problema.

A contínua contaminación repítese este ano cunha insistinte frecuencia , e atribúese á incapacidade da depuradora para asumir a grande cantidade de cisternas que son lavadas na pranta, xunto coa carencia de neutralización dos líquidos emitidos. Dende a asociación advertimos que esta persistencia pode ser constitutiva dun delito medio ambiental.

O río Pesqueiras , afluente do Miño, foi un couto troiteiro hai 20 anos, e a continua acción contaminante desta pranta ocasionou a destrución do leito do río , morto e carente de toda forma de vida , tanto animal como vexetal. Ademais perxudica as actividades agrarias dos veciños próximos ao cauce.

Dende a asociación veciñal tan so pretendemos que a empresa adique a cantidade necesaria de recursos á corrección e depuración dos líquidos emitidos. É totalmente ilegal e incomprensible que nos tempo actuais se esté a usar un río como unha cloaca dun alcantarillado. Por elo requerimos que dende a Administración se obrigue á empresa a devolver as condicións bioloxicas dun elemento que de por sí é xenerador de vida : un río.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA Torno1 copia Torno2 copia Torno3 copia Torno4 copia Torno5 copia Torno6 copia

No mes de xaneiro do 2017 comprobamos como os vertidos continuan producíndose a cotío. Non hai máis que recorrer calquer día e a calesquera hora a estrada vella que vai paralela ó río para notar a pestilencia que emana o cauce. Recíbense novas fotos de veciños cabreados. Non se entende como as distintas administracións públicas consinten a vulneración continuada da lei. Nunha das fotos vese claramente a saída d tubería da central leiteira.

15894397_885557654913523_1408497522766626859_n copia 15826422_884469995022289_4363350767515512056_n copia

Na data do 18 de xaneiro do 2017 coñecemos que ó veciño e advogado denunciante recibíu resposta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Medioambiente admitindo a denuncia e incorporandoa a outro proceso contra CELEGA aberto polo mesmo motivo. Non se sabe nada da Consellería de Medio Ambiente nin da CHMS, e polo que nos comentou o Alcalde, os 1500 euros doados para as festas municipais e outros tantos para o equipo de futbol do Escairón, xustifican o silencio do Concello . ¿ Non se lle chama a esto prevaricar ?

O 22 de xaneiro de 2017, o mesmo veciño e advogado denunciante, envíanos copia do escrito dirixido ante o Ministerio e a CHMS neste mesmo día. Nel , conmina ás administracións a : 1º. A que as administracións obriguen á empresa á correción e normalización do sistema de depuración. 2º. A repoñer e restaurar a flora e fauna habitual e desaparecida neste río. Esto, en aplicación da nova lexislación publicada no BOE do 31 de decembro do 2016.

Na data do 22 de febreiro recibimos notificación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil ( CHMS ) na que confirman que todas as denuncias presentadas pola contaminación do río Pesqueiras pola empresa CELEGA son admitidas e incóase expediente sancionador contra a empresa. Na mesma indican que para persoarnos no procedemento debemos solicitalo explicitamente. Na data 24 de febreiro enviamos confirmación á CHMS da intención da asociación de persoarnos como interesados no procedemento por representatividade da veciñanza. O 16 de marzo responde a CHMS denegándonos a solicitude de persoación no procedimento, analizaremos a posibilidade de recurrir esta determinación.

O 18 de marzo sáe publicada no Progreso unha nova denuncia anónima da persistencia de vertidos. ( El Progreso )

O 5 de abril somos testigos dun novo vertido visible ó paso do río Pesqueiras polo churrasco Casa Pepe.

P4052399 copia P4052400 copia P4052401 copia

 Na data do 7 de abril de 2017 facemos unha valoración do estado de contaminación do río Pesqueiras, pasado máis de un ano de vertidos diarios e múltiples denuncias e notas de prensa.

Vemos como o cauce conserva a vexetación fluvial normal ata xusto antes da planta de CELEGA. En todo este tempo a única iniciativa por parte da empresa para frear a escandalosa contaminación foi a colocación dun depósito verde de pequeno tamaño xusto antes da tubería de vertido. Comprobamos como dende que as augas contaminadas son vertidas, o leito do río está totalmente morto, carente de vida animal e vexetal, ata o lugar de Vilatán, 2,5 quilómetros abaixo da empresa.

Asemesmo acompanamos á pé do río á eurodiputada Lidia Senra, ademais de dous diputados do parlamento galego, quenes se interesaron por este tema, para ver que se pode facer dende as distintas institucións para rematar dunha vez con esta dinámica contaminante, e facilitar a progresiva recuperación dos caracteres biolóxicos dun río, fonte de vida.

Coñecemos que a Confederación Hidrográfica propón no expediente sancionador, con data 20 de febreiro do 2017,  unha multa de 24.000  euros, que coas reducións quedaríase en 14.646 . Pero esto aínda non é unha sentencia firme, e ademais é unha multa por un só vertido, cando comprobamos como os vertidos son TODOS OS DÍAS do ano.

O 10 de maio coñecemos que o grupo En Marea vai presentar unha Proposición Non de Lei ( PNL ) no parlamento galego acerca deste tema e da permisividade das distintas administracións.

No mes de xuño do 2017 a asociación ten que responder na prensa á afrenta por parte da empresa de falsas acusacións, e ó chantaxe de que con elo póñense en risco os postos de traballo. Nese mesmo día compróbase un novo vertido, adxuntamos fotos feitas dende a pontiña que enlaza co camiño de Vilamor, 100 m. baixo o churrasco Casa Pepe, de novo unha capa branca cubre a superficie e baixa direccion á Veiga.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O 7 de xuño do 2017 coñecemos que o avogado e veciño de Gonzán presenta unha querella contra CELEGA. O 8 de xuño, tal e como acordáramos na última reunión, rexistramos denuncía díante da Fiscalía de Medio Ambiente, dada a reicidencia e cotidianeidade dos vertidos.

denuncia fiscalia 1  denuncia fiscalia 2

Na data do 26 de xuño do 2017 no Parlamento Galego o grupo En Marea pregunta pola falta de solución ós continuados vertidos no río. A Conselleira de Medio Ambiente resposta que a empresa foi sancionada e que dende o mes de marzo a empresa ten aprobada a solicitude de construción da nova e necesaria depuradora. Esperaremos un tempo prudencial para comprobar as intencións de solucionar este problema que afecta a cotío ós veciños da Veiga, Torno , Pesqueiras , e a todos os que transitamos pola estrada paralela ó río, o fedor é insoportable.

O 28 de xuño recibimos resposta da CHMS ó recurso de alzada presentado por denegarnos a personación na acusación contra CELEGA. É de novo denegatoria e tan só nos deixan a dificultosa, cara, e interminable vía dun contencioso-administrativo.

Na data do 4 de outubro do 2017 recibimos resposta da Fiscalía Provincial de Lugo á denuncia que a asociación presentara na data do 2 de xuño ante a Fiscalía de Medio Ambiente , na que admite a denuncia. A fiscalía resposta que despois de dirixirse ó SEPRONA e proceder aos analises da auga, que aportaron unha contaminación global, procede a decretar apertura de dilixencias preprocesais penais contra a empresa contaminante.

 A situación actual do conflicto é que está en construcción unha nova depuradora na planta, da que esperamos dé unha solución definitiva á catástrofe medio ambiental provocada e ás molestias ocasionadas a todos os veciños afectados. Namentras, os vertidos continúan case que a diario, sendo perceptibles visual e olfativamente dende a súa orixe na planta láctea ata o lugar de Pesqueiras, úns 6 quilómetros río abaixo.

        fotos tomadas en Torno ( Pesqueiras ) o 3 de outubro do 2017 :

1 2 3 4 5

 En novembro do 2017 a empresa invita a veciños de Rebordaos a comprobar as obras da nova depuradora. Fotos no muiño de Pesqueiras do 23 de novembro.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA
facebooktwittergoogle_pluspinterestmail