FUTURO DO RÍO PESQUEIRAS : REXENERAR A VIDA NATURAL DUN RÍO

      Estamos a primeios do 2018 e continúan as obras de construción da necesaria depuradora na planta de CELEGA que se iniciaran a primeiros do setembro pasado. Con esta obra espérase que remate dunha vez por todas o pesadelo dun río morto e cheirento, e que os veciños e visitantes do Saviñao non teñan que soportar a pestilencia e degradación dunha fonte de vida.

     Agora compre recuperar sa condicións biolóxicas naturais e consustanciais a un cauce fluvial.

      Xa no 21 de xuño do 2017 a europarlamentaria Lidia Senra levara ó Parlamento Europeo o tema da persistente contaminación deste afluente do Miño. Daquela a Comisión europea respostara que estaban evaluando a resposta das autoridades españolas e esperaba ver cumpridas as diretrices europeas na materia da calidade das augas, evaluando despois as medidas propostas.

pregunta de Lidia Senra ( 21 de xuño do 2017 )

resposta a Lidia Senra ( 16 de agosto do 2017 )

      A primeiros do 2018 coñecemos que o tema do río Pesqueiras foi levado ao Congreso dos Deputados. Na data do 15 de decembro do pasado ano o grupo Podemos-En Marea presenta unha Proposta non de lei solicitando o cese inmediato dos vertidos contaminantes e a aprobación dun Plan de Rexeneración e Limpeza do río. O Congreso dos Deputados español insta ao Ministerio-Confederación Hidrográfica Miño-Sil a aprobar un Plan de Rexeneración e Limpeza do río. Esta resolución  acércanos a posibilidade de voltar a ver un río vivo, e reconfórtanos despois de dous longos anos de rabia, traballos e actuacións.

PNL Congreso 1 ( 15 de decembro do 2017 )

PNL Congreso 2

      Asemesmo estamos na espera de coñecer si o Parlamento galego decide asumir a recuperación do río, tal e como solicitou o PSOE a traves dunha PNL e anunciou a Voz no día 19 de decembro. Na proposta solicítase a Xunta un plan de descontaminación e rehabilitación do río, así como que se estableza un sitema de alerta en distintos puntos do cauce para detectar novos vertidos.

      Considerámolo un triunfo da perseverancia e da actividade veciñal na defensa da dignidade da súa vida cotiá. Agradecemos a solidaridade e colaboración de todas as entidades que participaron ó longo deste tempo.

         Pero antes de comezar a fase de restauración do río, ten que rematar a fase de contaminación. A situación a día de hoxe, 1 de febreiro do 2018, é de que rematou a construción da depuradora e o río non desprende olor, pero aínda presenta abundante espuma na superficie. É de esperar que se corrixa esta emisión e se demostre a ausencia total de contaminación coa análise da auga.

          fotos tomadas en Pesqueiras o 28 de xaneiro do 2018:

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

        Na primavera do 2018 o río baixa aparentemente limpo. O proceso xudicial iniciado pola fiscalía continúa para definir responsabilidades. Na data do 19 de marzo o avogado, veciño de Gonzán e denunciante, invítanos a acodir a unha reunión cos responsables de CELEGA. Nas oficinas da láctea en Freán reunímonos dous representantes da asociación, xunto co avogado e a súa parella, co xerente da empresa, o avogado da mesma e o inxeneiro responsable do matemento da depuradora. Despois de escoitar a desculpa de que a Cooperativa Lemos, recente compradora da planta, xa coñecía o conflicto co que se ía atopar, e que, segundo eles, xa entraron co proxecto da depuradora, respostamos que iso non foi así. Dende que a Cooperativa Lemos se fixo coa empresa, tivemos que soportar 6 meses de contaminación diaria, o que nos levou a acodir á fiscalía na busca dunha solución xudicial. Tamén nos amosa a empresa a faciana paternalista de que manten a planta no Saviñao, e non a traslada a Monforte, por motivos sentimentais. ¡ que mellor mostra de cariño ó territorio e a sociedade que deixar de contaminar ós veciños !. O interese da reunión centrabao a empresa en coñecer as futuras accións xudiciais que íamos tomar os denunciantes. O avogado de Gonzán, José Manuel López Iglesias, confirma que vai buscar as responsabilidades administrativas na permisividade á tan longa contaminación : o Concello e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Pola nosa parte, coa admisión da denuncia pola fiscalía, xa nos damos por satisfeitos, esperamos que as próximas analises amosen a limpeza do río e que a xustiza dirima as responsabilidades penais. O da restauración das condicións naturais do río sónanos a utopía. Esperemos que co paso do tempo a natureza volva recuperar a súa vida.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail