OS VECIÑOS RECLAMAN MEDIDAS DE SEGURIDADE VIAL NO BARRIO DE CABREIRA EN ESCAIRÓN.

O pasado luns 26 de marzo vimos de rexistrar no concello unha solicitude de mellora da seguridade vial no barrio de Cabreira en Escairón, despois de recollida a queixa formulada por veciños daquel barrio, Adxuntamos copia da solicitude.
EXPOÑENDO :
Recentemente recíbiuse na asociación unha queixa dos veciños do barrio de Cabreira pola velocidade coa que pasan o coches pola entrada a Escairón dende A Páxara, co perigo añadido da presenza dun paso de peóns próximo á panadería Avenida e á saída dunha curva.

Asemesmo relatan que a sinal que limita a velocidade a 40 está deteriorada e colocada nun lugar onde casi non se vé.
Tamén solicitan o cumprimento da proibición de estacionamento alternativo quincenal a cadaún lado da Avenida Buenos Aires, na proximidade do cruz e do Café Moderno. É evidente que a sinal actual a día de hoxe está tan oxidada que xa non se ven os números dos días que indicaban a proibición .


Por estas razóns

SOLICÍTASE:

  1. A colocación dunha banda elevada trasversal á altura das primeiras casas de Cabreira que obrigue a reducir a velocidade nesta entrada a Escairón.
  2. A renovación da sinal de limite de velocidade a 40 e a ubicación nun punto máis visible e máis separado das primeiras vivendas.
  3. A renovación da sinal de proibición alternativa de aparcamento a cada ún dos lados da rúa no comezo da Avenida Buenos Aires.

Na procura de que sexan atendidas estas solucións propostas polos veciños e coa intención mellorar a seguridade vial na capital do municipio, depidese atentamente a presidenta da asociación veciñal.
En Escairón, a 26 de febrero do 2018.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail