Non era unha árbore máis
Na data do venres, 8 de marzo do 2013, pudemos comprobar como os peores temores se facian realidade e a árbore do cementerio de Escairón xacía desraizada ás portas do cementerio ó que durante máis de 65 anos deu beleza e protección.
Namentras en Escairón e parroquias próximas non para de escoitarse un clamor popular: é unha barbaridade. E aínda non atopamos o sentido nin a motivación que poido mover ó noso alcalde e equipo de goberno a executar tal vandalismo institucional.
O vello plataneiro, plantado polos pequenos da escola alá polo anos 50 do anterior século, era a única exemplar que sobrevivía daquela plantación que describía un túpido corredor a modo de tunel arbóreo que daba entrada a Escairón dende a vella estrada de Chantada. Moitos daqueles pequenos están hoxe rabiosos pola insensata demostración de poder absoluto.
O maxestuoso exemplar non facia dano algún as paredes do campo santo, pois distaba de él uns 12 metros. Nin as súas raizes levantaban pavimento, nin as impresionantes polas supoñian ameaza algunha.
Dende a perspectiva de quen non vive aquí pódese opinar que non é máis que unha árbore máis no oceano boscoso que nos rodea e que a actitude da xente é unha resposta de histeria e sensacionalismo.
Nada máis lonxe da realidade, esta peza tiña para os veciños de Escairón un sentido especial, unha simboloxía existencial na que se percibía a dualidade vida – morte, árbore vigorosa – terra inerte. Baixo a súa sombra agardábase para dar a última despedida a seres queridos, invitaba a convertir en placentero paseo a visita íntima a quenes descansan eternamente e servía de plácido asento e testigo de conversas. Ata no seu pé foron repartidas as cinzas nun acto predeterminado de fusión coa natureza, nunha intención de fertilidade: “coas miñas cinzas medrarás e pasarei a formar parte de ti”. Non era unha árbore máis.
Pero todo este sentimento non foi percibido por quen non ten a mínima sensibilidade, pola ignorancia de quen non entende que a natureza tamen é patrimonio e está moi arraigada na esencia de todos os que convivimos nesta terra especial. Agora só esperamos que tamaña agresión á identidade do pobo lle acabe por pasar factura.