Propostas trala caída da Nogueira de Licín

Como consecuencia dos continuados temporais que vapulearon Galicia no inverno de 2014 temos a negativa nova da caída da Nogueira de Licín, a única árbore do noso municipio e o único exemplar de esta especie incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia co código 122A e ó que se lle supoñen 500 anos de idade. Así na data do 10 de febreiro do 2014 o propietario, Xose Antonio, notifica á prensa o feito.

 

Como queira que Enrique Perez Losada iniciara a solicitude e aportara a documentación no ano 2007 que rematou coa inclusión no Catálogo a finais do 2008, e que tralo prolongado periodo requerido de recursos non víu o DOG ata o 13 de outubro do 2011; acode a TVG a entrevistalo a pé da peza siniestrada para coñecer os datos históricos. Posteriormente tamén a Radio Galega se fai eco da desfeita.

A asociación xa mostrara preocupación pola peza cando en decembro do 2009, unha vez coñecida a aceptación no catálogo e dado o estado de deterioro que presentaba, solicitara da Dirección Xeral de Conservación da Natureza a aplicación das medidas de protección que implicaba o feito de estar catalogada. A resposta xamais chegou.

Posteriormente en novembro do 2011 e recen publicado no DOG, solicítase da mesma Dirección Xeral información acerca dos coidados que leva ímplicita a catalogación e a responsabilidade dos mesmos. O silencio do organismo público chegou ata hoxe.

Unha vez asumida a catástrofe, a asociación veciñal acode a valorar a lonxeva nogueira derrubada e compróbase que, maila que xace deitada, conserva viables dúas das polas principais da súa copa así como boa parte do sistema radicular.

Por elo considera a asociación que debería intentarse a súa conservación, para o que considera imprescindibles dúas actuacións inmediatas: A cerna das polas e ramaxe seco, e o soterramento das raizes que quedaron expostas ó aire. Estes traballos deberán ser realizados por persoal especializado.

Con estas propostas, na data do 20 de febreiro, a asociación dirixíu un escrito á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, como responsable do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, solicitando se ordene ou ben autorize a execución desas imprescindibles tarefas dun xeito inmediato, antes da inminente primavera, cara a intentar a pervivencia do lonxevo exemplar.

En relación á mesma nogueira, informamos que tamen acudíu persoal do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas do CSIC de Santiago para recoller brotes e mostras coa finalidade de intentar clonar este senlleiro exemplar. De resultar positiva esta longa investigación de máis dun ano, entregarían patróns ó dono da Nogueira de Licín para replantar e facer perdurable esta privilexiada xenética.

SOLICITUDES FEITAS ANTERIORES A CAÍDA

1ª Solicitude

2ª Solicitude

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail