Quen somos

Con esta asociación queremos dar unha nova voz de opinión para os veciños/as do Saviñao, para que se impliquen máis na vida social, que deixen de ser meros espectadores pasivos e se transformen en actores dinámicos da vida pública , coa súa opinión e a súa participación.

Por elo creouse esta asociación, para traballar polo interese común dos veciños do Saviñao, de ámbito municipal, independente de partidos políticos e crenzas relixiosas, e aberta a todo o mundo, por elo invitamos a todos os veciños do concello a asociarse para conseguir unha asociación forte.

  • Son obxetivos da asociación:

– Impulsar a cohesión social e o desenvolvemento de todas as parroquias do Saviñao.

– Servir de voceiro da opinión dos veciños , transmitir as súas carencias e as súas necesidades.

– Realizar proxectos relacionados con calesquera tema de relevancia para o municipio. Propiciar estudos e alternativas que potencien os intereses socio-económicos, culturais e estruturais do Saviñao.

– Informarse e ó mesmo tempo informar da actividade institucional municipal (comisións de goberno, plenos,..). Esixir o cumprimento da lexislación en canto a información sobre comisións de goberno, plenos… e a utización dos medios públicos municipais, como auditorio, biblioteca e casa da cultura.

– Promoción do noso património arqueolóxico, histórico e cultural. Estudar, divulgar e defender o patrimonio histórico-artístico; fomentar a cultura en termos xerais e apoiar todas as iniciativas a este respecto que xurdan no ámbito veciñal.

– Defensa do medioambiente e o paixasismo. Protexer, vixiar e mellorar o noso contorno natural e responder aos problemas ambientais do concello ou da comarca co desenvolvemento de iniciativas.

Esixir o cumprimento rigoroso da normativa vixente en materia de urbanismo, intentando impedir o feísmo e o deterioro da nosa paisaxe.

– Facilitar a participación xuvenil na vida socio-cultural do municipio.

– Promover actividades encamiñadas á formación e cualificación profesional dos habitantes do concello no ámbito produtivo.

– Fomentar a integración social e a mellora do nivel de vida dos nosos maiores, para conseguir que poidan desenvolver a súa existencia completa no seu propio concello. Evitar a disgregación dos nosos maiores por terras distantes .

– Defensa dos servizos públicos .

-Solicitar a participación na organización dos servizos básicos do concello (consello escolar municipal, consello de sanidade…), así como en plenos e comisións de goberno segundo estableza a lexislación.

– Participar na defensa e protección do ben común en todo o que atinxe á xestión dos recursos públicos do noso municipio.

  • Metodoloxía de funcionamento:

    • Haberá reunións da xunta directiva , convocadas por correo electrónico, ás que pode acodir e participar calquera asociado. É o lugar de debate e toma de decisións da asociación.