Solicitude de reformas no centro de saúde de Escairón

A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 13651 no rexistro provincial de asociacións, a través da súa presidenta Violeta Perez Figueroa, con DNI 34.259.009 A, diríxese ó Servicio de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo, coa finalidade de solicitar unha necesaria actuación sobre o edificio do Centro de Saúde de Escairón, para que á súa vez o trasmita á Subdireción Xeral de Investimentos da Dirección Xeral de Recursos Económicos do SERGAS.

EXPONSE :

  1. O edificio do Centro de Saúde da capitalidade do municipio amosa unha imaxe de deterioro e de falta de funcionalidade para o desempeño das labores sanitarias que ven prestando a úns 2.600 veciños. Recordar que a última reforma remóntase ó ano 1996.
  1. É notable e gravosa a carencia dun elevador no centro de saúde, considerando que na 1ª planta estan ubicadas dúas das tres consultas médicas do centro así como outra de enfermería, profesionais que a miudo teñen que baixar á pranta baixa para atender a pacientes limitados fisicamente. Esto supón o incumprimento do Decreto 35/2000 do 28 de xaneiro que aproba o regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión das barreiras na Comunidade autónoma de Galicia.
  1. Recordar que no mes de outubro do 2010 a Consellería de Sanidade contemplaba unha inversión de 40.000 € para o consultorio de Escairón. Daquela desglosárase nunha partida de 25.397 € incluída no epígrafe de “construcción de centros de atención primaria” e doutra segunda de 13.995 € integrada nas inversións programadas de “novas no centro de saúde e equipamento”. Despois de catro anos de espera ningunha de esas inversión presupostadas se levou a cabo.
  1. Este concello, pola contra, foi obxeto do recorte dunha praza de médico e outra de enfermeiro no verán de 2011, sufrindo un agravio comparativo con respecto ós concellos veciños que con 1.300 habitantes menos conservaron a mesma dotación. É por elo lóxica unha compensación na asistencia sanitaria ós veciños deste municipio.

Por todos estes argumentos

SOLICÍTASE :

  1. A execución da partida presupostada no ano 2010 para iniciar as actuacións necesarias para actualizar o centro sanitario.
  1. A reforma integral dos espazos e consultas do edificio actual, redistribuíndoas segundo os profesionais, e engadindo unha sala de extracións e outra de atención ás urxencias coa dotación correspondente. Ademais precísanse as obras necesarias para correxir as filtracións das augas dende a cuberta, así como a renovación do mobiliario e os pavimentos das consultas.
  1. A dotación dun elevador que facilite o acceso ás consultas do 1º andar e remate con esta grave carencia, cumprindo coa lexislación vixente, e facilitando o traballo dos sanitarios e evitando os trastornos ós usuarios.

Coa intención de ver actualizado este desgastado edificio e correxidas as deficiencias coas necesarias reformas mencionadas, despídese de Vde. atentamente a presidenta da asociación veciñal.

En Escairón a 3 de novembro do 2014.

         Na data do 29 de xaneiro recíbese resposta do Director Xerente do SERGAS de Lugo.

    Resposta que non existe convenio entre o concello e o SERGAS no que se faga a cesión patrimonial do edificio do centro de saúde á Consellería de Sanidade, polo que non existe responsabilidade algunha do Sergas e non cabe prantexar ningunha obra ou actuación no citado edificio por parte do organismo sanitario.

Está pois a decisión nas mans do concello : ou afronta a obra a cargo dos presupostos municipais, ou executa a cesión do edificio. Ou, o que nos tememos, quede tal e como está, decadente.

Na primavera do 2015 comprobamos como é o SERGAS quen executa unhas reformas no centro, pese a contestar que non era responsabilidae súa. As obras consistiron na reposición da tarima de tres consultas e no selado das filtracións do balcón da fachada e do alpendre da cara posterior do edificio. A todas luces insuficientes, por canto non se pintou o conxunto do edificio, non se habilitou a obrigada saída de emergencia, nin se repuxo a totalidade da tarima, e, o que é pior, non se solucionou o acceso ás dúas consultas da primeira planta. Solicitamos de novo as actuacións necesarias para actualizar o edificio. Esta vez non responderon.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail