Queixas rebacheos inservibles

QUEIXAS POLOS CATIVOS E INSERBIBLES REBACHEOS DO CONCELLO

Na data do 7 de xuño do 2013 a Asociacion Veciñal do Saviñao faise eco das protestas recibidas por parte de veciños de distintas parroquias do concello con ocasión do plan de rebacheo que se está executando no Saviñao. O tema de fondo é a provisionalidade da obra, consistente no deposito de grava asfáltica en cada un dos baches, elo sin nivelacion previa nin a compactacion posterior necesaria, o que fai de esta actuación un mero parche sin futuro algún, pois o non estar compactado, esa masa asfaltica é levantada inmediatamente có paso de vehículos, e moito mais acelerada co paso de tractores.

Así, nesta semana pasada recibíronse queixas de Sabariz (parroquia de Stª. Mariña de Rosende), onde se estableceron duas familias procedentes de Madrid, o que supuxo o incremento de 10 habitantes para o núcleo de Sabariz. Queixábanse de que dende o seu asentamento xa solicitaran o arranxo da estrada que atravesa o lugar, pois cada vez que chove fanse balsas de auga que quedan estancadas na cuneta e calzada impedindo case que a deambulación. Solicitaran unha nova capa de rodadura, e na semana pasada sentíronse defraudados o comprobar que a solución municipal quedouse nun rebacheo manual, rácano e escaso, de algun dos moitos buratos.

Outra queixa procedeu dos veciños de Vilamor, que levan anos esperando o arranxo da estrada de acceso, minada de baches. Con ocasión da publicitacion da inversión da Consellería no arranxo da estrada antiga entre Escairon e Pesqueiras (Belesar), esperaban ver cumplida a necesidade de este arranxo necesario. Tamén se viron sorprendidos por unha obra de escasa efectividade de rebacheo básico e un tanto arcaico que non terá futuro algún. Elo xenerou indignación nalguns veciños, o que se puxo en pública evidencia con ocasión do campeonato provincial de patinaxe celebrado no pavillón municipal, onde o alcalde e tenente de alcalde tiveron que oir moitas reprobacións á súa nefasta xestión nas obras veciñais.

Tamén en Arxuá, parroquia da Cova, se procedeu da mesma maneira. Rebachearonse groseiramente alguns baches. Esto acontece pasados dous anos dende que se aprobara unha inversión de asfaltado para Arxuá que quedou en menos da metade do percorrido, pois nunca chegou o aslfaltado ata as casas.

En todas estas manifestacións de descontento veciñal late a rémora presupostaria que sufre o concello do Saviñao dende que se adoptara a asombrosa e frívola decisión de aumentar de dúas a catro dedicacións exclusivas a cargo dos presupostos públicos. Esto supón unha merma considerable na dedicación presupostaria a atender as necesidades básicas e elementais da poboación, que aínda vendo como se incrementaron todalas tasas municipais, non reciben a atención mínima que un concello debe prestar ós seus veciños.

Dende asociación redundamos unha vez máis na inmediata necesidade de reprantearse o excesivo gasto público en cargos de representación municipais, considerando que con unha soa dedicación exclusiva (ou dúas medias dedicacións) sería suficiente para xestionar a vida pública dun concello de 4.300 veciños. Elo suporía un remanente considerable para adicar ás necesidades básicas do municipio.

01 rebacheo chapuza 02 grava chapapote sen reprensar 03 canto durara o arranxo 04 Arxua  limite entre rego asfaltico e tramo non arranxado 05 cruce Vilamor principal

 

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail