Actividades e noticias actuais

RÚA PIÑEIRO DE ESCAIRÓN: PETICIÓN VECIÑAL DE SEGURIDADE VIAL.

A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 13651 no Rexistro Provincial de Asociacións e co nº 14 no Rexistro Municipal, a través da súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, diríxese á Alcaldía do Saviñao para solicitar a adopción de medidas de seguridade vial na rúa Piñeiro de Escairón.

Os veciños da rúa Piñeiro dirixíronse á asociación expoñendo os seus problemas de tránsito. Concretamente refírense á velocidade coa que circulan por esa rúa os vehículos, co afán de adiantarse aos que veñen pola estrada principal. Esto está poñendo en risco aos peóns e a quenes viven alí, pois sair da casa convírtese nun perigo.

Por este mesmo motivo xa recolleron firmas e entregáronas no Concello, pero ata agora non houbo resposta, polo que expresan o seo malestar e queren insistir nesta demanda lóxica.

Dende a asociación facemos nosas as peticións e trasmitímoslle ao Concello a SOLICITUDE:

  1. Colocación dalgunha medida que obrigue a reducir a velocidade dos vehículos. Ben coa colocación de bandas transversais na calzada ou ben coa creación dun baden de aglomerado.
  1. Para facer segura a deambulación a pé por dita rúa pídese a dotación dunha beirarrúa polo lado esquerdo da calzada, que é onde hai vivendas, como merece toda rúa urbana.

Na procura de garantir a seguridade vial dos veciños da rúa Piñeiro e para prevenir accidentes de tránsito, esperamos unha pronta reacción da administración municipal.

A Presidenta da Asociación Veciñal do Saviñao.

Escairón a 2 de novembro do 2026.

A VECIÑANZA DO SAVIÑAO TEN QUE SAIR ÁS RÚAS PARA RECLAMAR A DOTACIÓN DOS MÉDICOS QUE NOS CORRESPONDEN.

O centro de saúde de Escairón leva 6 meses con tan só unha médica fixa e ata hai úns días sen pediatra, poñendo en risco a saúde de todos. Esta situación de desatención sanitaria foille trasmitida á Consellería de Sanidade, sen obter resposta algunha. Por este alarmante motivo creouse a Plataforma Pola Defensa da Sanidade Pública do Saviñao, aberta a todas as asociacións, partidos e a todos os veciños. O dereito á saúde está sendo vulnerados e hai que defender os dereitos que nos corresponden.

pancarta copia cartaz 2 copia

MANIFESTO DA PLATAFORMA:

Polas razóns que se expoñen no manifesto convocase unha concentración de veciños para o sábado dia 7 de novembro ás 12 h diante do Centro de Saúde de Escairón para amosar o malestar pola situación e reivindicar estabilidade na atención con profesionais que asenten na praza, ademáis de agradecer o traballo sobrecargado das profesionais estables actuais.

Manifesto.

Unha vez máis estamos no Saviñao denunciando a precariedade da Sanidade Pública. Profesionais médicos cuxas baixas ou vacacións non se cobren ou soamente algúns días, unha atención pediátrica que foi  moi deficiente que non é digna dos nosos nenos e nenas (estes días incorporouse pediatra 2 días por semán).

A Sanidade é un dereito fundamental e debería estar garantido en todos os territorios, tamén nos concellos máis despoboados onde é de vital importancia para atender e fixar a poboación, unha poboación que ademais está avellentada, polo que utiliza a miúdo este servizo.

Neste momento, como todos e todas sabedes, non hai profesionais médicos estables en Escairón. Soamente hai unha médica fixa. As outras dúas prazas son substituídas por días e horas co que a atención ao paciente é moi deficiente ao non existir continuidade na mesma. Esta situación mantense desde hai cinco meses. Estase poñendo en perigo a nosa saúde xa que hai unha soa médica para atender a listaxe de cada día ( sobrecargada de traballo), ademais das urxencias que poidan xurdir ( a día de hoxe esta médica está en concurso de traslados).

 Como consecuencia, hai listaxes de agarda para a atención primaria en Escairón, tendo que esperar ás veces ata dúas semanas para sermos atendidas no noso centro de saúde.

Canto á atención pediátrica, xa fica reducida á súa mínima expresión desde hai uns anos. Para alén desta deficiencia, durante uns meses non houbo atención pediátrica no concello e os pais e nais tiñamos que desprazarnos a Quiroga para realizar as revisións periódicas aos nosos fillos e fillas. Esperemos que a incorporación de hai unhos días dure.

O centro de saúde de Currelos atende a unha poboación ampla no norte do Saviñao mais soamente ten un médico e unha enfermeira que atende durante unhas horas ao día. Para realizarmos analíticas, temos que desprazarnos a Escairón. Se o doutor que nos atende está de baixa ou ten vacacións, tampouco se substitúe, senón que vimos engrosar as listaxes do centro de saúde de Escairón, xa tensionadas.

Por todo isto, desde as persoas, entidades e organizacións que integramos a Plataforma pola Sanidade Pública do Saviñao, esiximos unha Sanidade Pública de calidade e de proximidade. A Xunta debe mellorar a atención sanitaria primaria para o ben da nosa saúde. Desde esta Plataforma esiximos a cobertura inmediata de prazas médicas en Escairón así como que se cubran as ausencias que se produzan por baixas ou permisos. A sanidade pública no medio rural mantén vivas as nosas aldeas, un dereito fundamental que garante a equidade e a dignidade. Garantir o acceso a unha atención médica de calidade en cada aldea e vila non é un privilexio, senón o piar básico que sostén o noso territorio. Protexer, coidar e investir na sanidade pública rural é o mellor xeito de defender o rural e quen habita nel.

Pola Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao.

 

NON DEBERÍA SER PRECISO QUE OS VECIÑOS TEÑAN QUE SAIR Á RÚA PARA RECLAMAR O DEREITO Á SAÚDE.

No día de hoxe, 7 de novembro, ás xentes do Saviñao manifestaron o descontento e a preocupación pola desasistencia sanitaria, por ter garantido o dereito á saúde, pero sen recortes nin carencias, a tempo completo.
¿ Éramos poucos ? ¿ éramos moitos ?. Os suficientes para deixar claro que temos un grave problema. Estan poñendo en risco a nosa saúde e coa saúde non se xoga, é a necesidade máis básica e elemental e así está recollido na Constitución. É de obrigado cumplimento para calquer governo.
Agradecidos a todos, aos que estiveron presentes e aos que non poideron estar. Seguiremos atentos e vixiantes e continuaremos saíndo á rúa ata que nos devolvan o que nos pertence. Polas xentes do Saviñao.

20261107_122458 copia 20261107_122527 copia 20261107_122529 copia 20261107_122606 copia 20261107_122618 copia 20261107_122624 copia 20261107_123307 copia 20261107_123451 copia 20261107_123554 copia

Eco na prensa:

Cientos de personas participan en una concentración por la sanidad pública en O Saviñao. La Voz de Galicia.

La plataforma organizadora anuncia que convocará nuevas movilizaciones si sus reivindicaciones no son atendidas. 07 nov 2026 .

Cerca de doscientas cincuenta personas —según los organizadores— participaron este sábado en Escairón en una concentración de protesta convocada por la Plataforma pola Sanidade Pública do Saviñao. Los participantes se reunieron primeramente ante el centro de salud de Escairón, donde se dio lectura a un manifiesto en el que se pidió la «cobertura inmediata de prazas médicas en Escairón, así como que se cubran as ausencias que se produzan por baixas ou permisos».

Según afirman los convocantes, en centro de salud de Escairón solo hay ahora una médica fija —que está en concurso de traslados—, mientras que otras dos plazas «son substituídas por días e horas, co que a atención ao paciente é moi deficiente ao non existir continuidade», por lo que forman listas de espera que duran «ás veces ata dúas semanas». La atención pediátrica, añaden, se ofrece dos días por semana. Desde la plataforma dicen además que el otro centro de salud del municipio —en la localidad de Currelos— «soamente ten un médico e unha enfermeira que atende durante unhas horas ao día» y que para realizar las analíticas hay que desplazarse a Escairón. «Se o doutor que nos atende está de baixa ou ten vacacións tampouco se substitúe, senón que vimos engrosar as listaxes do centro de saúde de Escairón, xa tensionadas», añaden. Los participantes en la concentración de Escairón marcharon después hasta el centro de la localidad. La plataforma convocante anunció por otro lado que seguirá organizando manifestaciones hasta que sus reivindicaciones sean atendidas, aunque por ahora no se ha adelantado una fecha para la próxima.

Desde el Sergas han rechazado estas críticas, afirmando que el centro de salud de Escairón cuenta con tres plazas de medicina familiar, de las que un titular está ahora en situación de incapacidad temporal, mientras que otra se halla vacante y sigue ofertándose.

 

O PROGRESO.

La falta de médicos en Escairón y Currelos moviliza a 300 personas, que reclaman una mayor dotación al Sergas

Desde el área sanitaria lucense sostienen que las ausencias se cubren «practicamente todos os días» y advierten de falta de especialistas en toda España.

Miguel Piñeiro 07/11/26

Unas 300 personas se movilizaron este sábado en O Saviñao para reclamar una mayor cobertura médica en el centro de salud de Escairón y el consultorio de Currelos, los dos principales núcleos de población del municipio.

La concentración contó con el apoyo de representantes del PSOE y el BNG, entre ellos el presidente de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, José Antonio Quiroga (vecino de O Saviñao); o el diputado autonómico nacionalista por Lugo Iago Suárez.

La representante vecinal Noelia Martínez, el socialista Gonzalo Calvo y la responsable local del BNG, Patricia Varela, leyeron un manifiesto ante el centro de salud de Escairón.

Durante su intervención indicaron que en la capitalidad municipal solo está cubierta una de las tres plazas médicas existentes. Las otras dos se ocupan «por días e horas», situación que se mantiene «desde hai cinco meses», provocando largas listas de espera y sobrecarga de trabajo para la única facultativa disponible.

Por otro lado, en Currelos trabajan «un médico e unha enfermeira» para atender «a unha poboación ampla no norte do Saviñao». Para realizar analíticas, los vecinos deben desplazarse a Escairón y en caso de baja o vacaciones del facultativo, su puesto «tampouco se substitúe».

Manifestación por las calles de Escairón, este sábado. EP

La atención pediátrica fue también objeto de críticas. La plataforma convocante señaló que desde hace años «fica reducida á súa mínima expresión» y denunció que durante unos meses hubo que desplazarse a Quiroga para la asistencia infantil.

Reacción

Desde el área sanitaria lucense explicaron que uno de los dos médicos de familia con plaza en Escairón se encuentra actualmente «en situación de incapacidade temporal» y que el tercer puesto permanece vacante, pero «continúa ofertándose para a súa cobertura estable».

El Sergas sostiene que cubre las ausencias «practicamente todos os días da semana», por lo que, según añadieron, el centro de salud «conta habitualmente con dous ou tres facultativos prestando asistencia», pese a advertir un déficit de especialistas «que afecta ao conxunto de España». Respecto al consultorio de Currelos, el área sanitaria dice que se mantiene «a súa dotación habitual de profesionais para atender 583 tarxetas sanitarias», por lo que niegan que haya cambiado su organización y funcionamiento.

A TRAIL HEROICA SACRA DEIXA A RUTA DE SENDEIRISMO ATESTADA DE PLÁSTICOS

No seno da asociación recibíronse queixas de usuarios da ruta de sendeirismo PR-G 162 que procedemos a trasmitir e notificar ao Concello.

Trala celebración da carreira anual Trail Heroica Ribeira Sacra que discorre en boa parte pola ruta sendeirística PR-G 162, comprobouse que dende Belesar ata Guítara en Pantón deixaron por todo o recorrido numerosas marcas de plástico colgando das árbores ou en peches de fincas particulares. Non entendemos o motivo da colocación destes longos plásticos cando a ruta está perfectamente sinalada. Este feito vense repetindo cada ano e é unha actitude lamentable xa que o plástico tarda anos en degradarse e supón unha agresión medio ambiental.

Por este motivo pedímoslle ao Concello do Saviñao que se dirixa á organización chantadina responsable da carreira ( xa que foron quenes os colocaron e suponse que co permiso do Concello ) para que proceda de inmediato á retirada de todas as marcas, tanto no recorrido polo Saviñao como polo de Pantón. Ou ben que se dé orden aos operarios do propio concello do Saviñao de que as retiren.

Polo coidado e conservación da única e moi transitada ruta de sendeirismo  que ten o noso municipoio e polo respeto ao medio ambiente, esperamos unha pronta actuación reparadora.

Escairón, a 26 de outubro de 2026

2 IMG-20261020-WA0003 copia 2 IMG-20261020-WA0004 copia 2 IMG-20261020-WA0005 copia 2 IMG-20261020-WA0006 copia 2 IMG-20261020-WA0007 copia 2 IMG-20261020-WA0008 copia 2 IMG-20261020-WA0009 copia 2 IMG-20261020-WA0010 copia 2 IMG-20261020-WA0012 copia 2

ACORTELLAR O ESPAZO DA DEVESA COA BALAUSTRADA DE GRANITO PULIDO, OUTRA BARBARIDADE PAISAXÍSTICA DO NOSO ALCALDE.

Por se non fora pouco coa construción do pendello na Praza de España, e para demostrar quen manda e quen toma as decisións, estase a pechar a Devesa de Escairón cunha balaustrada de granito pulido que afea e rompe co entorno. Por elo a asociación dirixíuse ó Concello para argumentarlle o novo feísmo institucional.
Recentemente, a veciñanza do Saviñao contemplou atónita como se procedía ó peche do lado norte da Devesa de Escairón cunha balaustrada de granito pulido que nin sequera é do país, sen previo proxecto de obra nin presuposto para ela. Dende a Asociación consideramos que esta obra é de pésimo gusto e demostra unha nula sensibilidade paisaxística, máis propia dun xardín urbano que dun bosque autóctono ubicado nunha vila do rural.
A Devesa de Escairón é un elemento patrimonial natural urbano dos que poucos existen na Galicia actual. Está datado nuns 400 anos de antigüidade e goza da admiración e do aprezo de moitas xeneracións que medraron nel.
A intención de pechar perimetralmente a Devesa naceu co alcalde predecesor do actual, quen cerrou cunha balaustrada igual que a actual a zona verde e deportiva da Lama, pero foi máis comedido coa Devesa, da que só pechou a zona próxima ó Concello.
Poderíase xustificar esta obra como garantía de que non se meterán vehículos na Devesa, pero para esto o peche de madeira, lixeiro e discreto, era máis que suficiente.
Esta teima de acortellar a natureza e enclaustrar o bosque ten nefastas consecuencias:
1º- Fragméntase o conxunto orixinario doado por don Xoán de Forcados, que consistía nunha unidade formada pola Devesa e a zona da Lama, hoxe campo deportivo e ubicación do centro de saúde.
2º- Coa barreira de granito actual elimínase a perspectiva de fondo do conxunto arbóreo que permite escrutar, de árbore en árbore, dende fóra ata o fondo da Devesa.
3º- Impide a percepción da maxestosidade das árbores de ata catrocentos anos, xa que non deixa apreciar como cada un deses carballos emerxe con forza do chan.
En definitiva, considerámolo unha aberración paisaxística que de seguro será estudiada nun futuro nas aulas de urbanismo e paisaxismo.
Dende a Asociación SOLICÍTASELLE ao goberno municipal que desista de continuar cerrando a Devesa e que retire o peche granítico construído ata agora.
Polo ben da zona verde máis querida e apreciada pola poboación do municipio e na espera de que se impoñan a cordura e o bo gusto, despídese atentamente a Presidenta da Asociación Veciñal do Saviñao.
Escairón a 14 de xullo do 2026.

DESASISTENCIA SANITARIA NO CENTRO DE SAÚDE DE ESCAIRÓN.

Como queira que a Xerencia sanitaria de Lugo non dá solución á falta de asistencia médica no C. de S. de Escairón, argumentando o clásico » non hai médicos», cando precisamente a súa función é buscalos, destinar fondos para novos contratos, facer oferta de emprego noutras comunidades e ata no extranxeiro, comunicarse cos Colexios Médicos doutras provincias, etc….a Asociación Veciñal do Saviñao, diríxese á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, máximo organismo responsable da asistencia sanitaria galega, co fin de solicitar a cobertura plena das tres prazas médicas do centro de saúde de Escairón.

Neste mes de xuño O Saviñao está a sufrir a carencia de médicos no centro de saúde de Escairón, no que só un dos tres profesionais traballa de maneira estable, mentres que os outros dous cupos médicos só están cubertos un ou dous días á semana por persoal eventual. Esta situación está a xerar indignación, xa que provoca retrasos e falta de asistencia sanitaria, co risco que isto supón para a saúde.

En toda a historia recente da democracia, nunca O Saviñao sufrira como agora o abandono nos coidados médicos e a privación do dereito constitucional á saúde.

A precariedade na cobertura sanitaria xa afectara gravemente aos municipios veciños de Chantada, Monforte e Pantón, e agora tócalle ao Saviñao. Esta comarca está sendo especialmente castigada dende que se centralizaran en Lugo as contratacións de persoal e a xestión sanitaria da área de Monforte.

Xa no ano 2018 este concello sufrira a perda dunha praza médica, o que provocara fortes protestas, como está a suceder agora con esta nova situación de abandono. O sistema sanitario galego fai augas e nesta zona estámolo padecendo tanto na atención primaria como na hospitalaria.

Dende a Asociación Veciñal, esiximos urxentemente da Consellería, como máxima responsable da xestión sanitaria, a cobertura estable e continuada de todas as prazas médicas no centro de saúde de Escairón ata que as ocupe o persoal definitivo, para garantir así o dereito á saúde neste concello. Ter en conta que no noso municipio . coa chegada das familias de emigrantes que volven as súas casas na temporada estival, vaise duplicar a poboación, co máis que previsible caos sanitario no municipio.

Á espera dunha solución rápida, eficaz e estable que devolva a normal asistencia sanitaria á poboación do Saviñao, despídese de Vde. a Presidenta da Asociación.

Escairón, a 18 de xuño do 2026.

pancarta copia

CAMPAÑA DE RECORDO AOS DONOS DE CANS DA NECESIDADE DE RECOLLER OS EXCREMENTOS NAS VÍAS URBANAS.

Despois das numerosas queixas recibidas na asociación pola cantidade de excrementos de can que hai nas rúas de Escairón, iniciamos un recordatorio para que todas as persoas responsables de cans de cans se conciencien sobre a necesidade e obrigatoriedade da recollida dos excrementos das mascotas das vías públicas, pola máis elemental razón dunha convivencia respetuosa coa veciñanza. Procédese á colocación de 50 carteis en Escairón.
CACA CANICHE.jpeg copiacadeira rodas copia

A SINRAZÓN DO GASTO PÚBLICO NO SAVIÑAO. A CARPA DE OBRA NA Pr. DE ESPAÑA.

Os veciños de Escairón, capitalidade do Saviñao, estamos asistindo atónitos á execución sin sentido das inversión públicas no noso municipio. Referímonos á sustitución da carpa existente diante do Concello, xa conflictiva nos seus inicios dado que ninguén a quería e continúa a día de hoxe xenerando controversia.

Trátase dun gasto de 350.000 € para substituir unha instalación que non estaba deteriorada e cumpría con creces a súa finalidade, por outra nova de granito pulido e cobertura de pizarra, para continuar sendo lugar de concentración dos actos populistas de gastronomía gratuíta do noso alcalde.

Prantexaranse moitos si realmente é imprescindible esta inversión ou si existen outras necesidades neste municipio en fase decadente. Dende a asociación aseguramos que os veciños deste municipio temos moitas e moi básicas necesidades por cubrir por parte dos titulares da administración municipal. Repasando as peticións que esta asociación leva facendo á Alcaldía dende o 2009, comprobamos cales son as prioridades e servizos básicos dos que carecemos:

  1. Carencia dunha Residencia de Maiores. O noso municipio é un dos poucos ou quizais o único do sur de Lugo que non ten unha residencia pública ou concertada. A existente é un sistema de apartamentos tutelados con 21 prazas, privatizada e cun custo de 1.500 €, inalcanzable para unha pensión agraria. Elo pese a intención benefactora de Dña. Maruja Somoza quen donou o edificio para esa finalidade, pero non contaba coa súa privatización. Recordamos que no 2011 habia firmado un convenio coa Deputación para a construcción dunha residencia que non chegou a executarse pola negativa do concello a invertir os 50.000 € iniciais dun total de 200.000 a aportar en prazos, moito máis barato que a carpa prevista. Así os nosos maiores e as súas familias teñen que buscar estancias a moitos kilómetros do seu territorio, coa deslocalización e desarraigo que supón a idades tan avanzadas.
  2. Para maior castigo aos nosos maiores, tampouco hai un Centro de Día onde poidan relacionarse e onde realizar actividades recreativas e de mateñemento maila dispoñer do edificio do antigo ambulatorio a restaurar, ubicado na Devesa de Escairón.
  3. Non o teñen mellor os xóvenes, sen un local onde reunirse. Decenas de rapaces e rapazas deambulan polo pobo sin un cobixo, coa obriga de iniciarse nos bares á espera de en pouco tempo escapar a Monforte ou Chantada para quizais non volver ó seu pobo. Elo pola negativa do Concello a facer un Local para a Xoventude, pese a ter a tan só 60.000 € a posibilidade de adquirir o edificio patrimonial do sindicato agrario á venda pola Consellería de Agricultura. Para esto tampouco hai cartos nin gañas.
  4. Vivenda Social. Hai unha crecente demanda de vivenda, tanto de nativos como de inmigrantes que estan chegando en grande número, pero non hai intención de acollerse á liña aberta pola Xunta de creación de vivenda pública e social. Son moitos os xóvenes que tiveron que buscar vivenda nos veciños Monforte e Chantada, afondando na crise demográfica e no esmorecemento do municipio. Namentres en Escairón existen dúcias de casas que poderían ser compradas a baixo prezo para a súa restauración e dar solución á perda constante de poboación. Tampouco parece interesarlle este problema.
  5. E para os que seguimos vivindo aquí, tampouco se fixeron obras de saneamento nos núcleos rurais, como si fixeron os veciños Pantón e Sober, tendo que solucionar o problema cada casa coa súa fosa séptica ante a falta de depuradoras. Tan só Escairón, Currelos e a ineficaz depuradora de Belesar estan en actividade, pese a ser unha esixencia europea.

Ademáis hai que considerar que a Devesa merece un entorno protector e esta instalación afeará a imaxe. E para maior irracionalidade cortouse o único e centenario tilo que existía en Escairón que coas súa follase marela no outono daba luz a este espazo, o que denota unha falta total de sensibilidade.

Tendo as necesidades e servizos básicos sin cubrir, antóxasenos unha frivolidade gastar 350.000 € para cambiar un pendello por outro. En conclusión, atopándonos cunha obra “de feito”, sen exposición previa do proxecto, consideramos un tremendo disparate esa inversión en algo tan antiestético como innecesario.

carpa nova

NOVA AMEAZA DAS ENERXÉTICAS: PARQUE EÓLICO DO FERROEDO. APORTACIÓNS DA ASOCIACIÓN Á PACTO FRENTE EÓLICOS.

Aínda fresco o rexeite do TSXG ó parque eólico Neboreiro, aparece un novo parque, o do Ferroedo, pegado ó proxecto Neboreiro como si dunha cadea se tratase. Dende a asociación temos moi claro que non van traer beneficios aos veciños , senón incomodidades, limitacións e ocupación gratuita do territorio. Por elo aportamos ao colectivo Pacto Frente Eólicos, do que formamos parte, unha serie de consideracións e motivos para denegar e rexeitar esta nova ameaza.

Unha vez examinados o proxecto e o Estudo de Impacto Ambiental ( EIA ), observamos afeccións e impactos concretos que expoñemos a continuación.

  1. Non se fai referencia nin se valora no EIA as TORRETAS DE EVACUACIÓN, que son as mesmas previstas no proxecto do Neboreiro. Será unha líña de evacuación de 220 KV ata a subestación de San Pedro cun recorrido de 29 km. Próximas aos núcleos de poboación de Pantón e atravesando a boca ribeira do Sil incluída no BIC Ribeira Sacra candidata a Patrimonio da Humanidade. Todo un navallazo á candidatura da UNESCO.
  2. Respecto á construcción:
  • As vías de acceso para a construcción, en concreto na CP 5804 ó seu paso polo plantio de piñeiros do Ferroedo, son estradas moi estreitas e van ter que facer terraplenados coa afectación consecuente da orografía e do curso das augas que abondan naquel punto onde irían os aeroxeneradores FER01, 07 e 08.
  • Recoñécese que para evitar os riscos de interferencia coa circulación vial vaise “ limitar o paso “, cando eses viais afectados son os únicos eixes de comunicación destes lugares, non hai pasos alternativos. Os viais afectados serán a CP 5804, 0905, 0903 e 3202.
  1. Respecto da evacuación de residuos: Ter en conta que a base de cada eólico medirá 26 m. de diámetro e 3,56 m. de altura, levará 113 toneladas de aceiro, 747 m. cúbicos de formigón armado, 54 m. cúbicos de formigón de limpeza e 24 m. cúbicos de formigón de pedestal.

–      presenta distintas solución teóricas sen concrecións. Non especifican onde se         verterán. Serán toneladas de vertidos no polígono debido á construcción das pistas de acceso interior e as zanxas de conducción soterrada entre os aeroxeneradores. e na liña de evacuación.

–       Xenarará residuos perigosos: aceite hidráulico, cáucho plástico, cableado, baterías, filtros, residuos metálicos, fibra de vidro, PVC, lubricantes, formigón, forxados, resina epoxi, lodos de fosas sépticas e aluminio.

  1. Non respeta a distancia mínima de 500 m. das poboacións ( solo de núcleo rural ) no caso de Casanova, A Retorta, A Piteira, Xesto ou A Raiña. Tampouco cumple a distancia ás estradas no FER07 próximo á CP5804, nin no FER06 coa CP 3102 nin o FER04 coa CP0903.
  2. Respecto á contaminación acústica: a empresa Vestas confirma unha potencia sonora de 108´4 dB en cada aeroxenerador Vestas 163-4,5 MW. e o propio EIA valora como impacto NEGATIVO a contaminación acústica permanente nas numerosas localidades próximas.
  • El EIA estima que nos lugares onde establecen o parque ten un ruído de fondo de 35-45 dB, para xustificar que hai dificultades para discernir os sonidos. Totalmente falso xa que naquela zona xeográfica non hai ruído algún salvo o moi puntual paso dun automóvil, un tractor ou un avión. Non existe outra fonte de ruído ambiente.
  • Entre os puntos onde o EIA fixo estimación do ruído, tan só hai dúas poboacións do Saviñao próximas ao polígono ( Os Amieiros e Xesto ) e outras dúas en Bóveda ( O Val e A Cantina de Abaixo ). O resto de lugares afectados próximos non foron tidos en conta, tan só no Saviñao: Lamas, O Carballiño, A Teixeira, Casas Novas, Vilameá, A Retorta, As Lamas, A Peiteira e Casanova. Si inclúen no cadro de datos a poboacións alonxadas moitos km., non é asumible nin leal este estudio.
  • Os valores estimados para as poboacións máis próximas e de 45-55 dB, pero tendo en conta que o umbral legal é de 85 dB e que este ruído será continuado día e noite, non será fácil de compatibilizar coa vida cotiá nesas poboacións próximas. Valórano como IMPACTO COMPATIBLE.
  • Falan de que naquela zona as aldeas estan deshabitadas. Outra mentira, hai xente vivindo en todas elas.
  1. O polígono eólico ocupará 85.936 m cuadrados co que modificará a tipoloxía urbanística do chan, pasando a ser considerado solo industrial. Asemesmo ocupará 205.750 m. cadrados de arbolado e 51.000 de pradería. Na zona ocupada ( superficie de afección ) polas palas do aeroxenerador estará limitado e prohibida a súa explotación en 3 veces o radio de vó da pala, tendo en conta que cada unha mide 163 m. de diámetro, a superficie afectada serán 240 m. dende cada eólico.
  2. RISCO DE SISMICIDADE, na realidade alto. Con frecuentes movementos sísmicos, aínda que o consideran risco medio e os movementos en masa medio-alto. Naquela zona hai presenza do anticlinal “ Ollo de sapo “ xusto no tramo entre as poboacións próximas de Casanova e A Broza. Asemesmo hai recoñecida unha faia en Aiaz ( denominada no estudo como “falta” ).
  3. IMPACTO SOBRE A FAUNA:

– Ter en conta que a altura dos aeroxeneradores será de 113 e 98 m. e que cada rotor ten un diámetro de 163 m, isto sumado ós parques xa existentes naquela zona en Paradela, conforma un muro infranqueable para todo tipo de aves. Definido no EIA como COMPATIBLE.

– Respecto do Milano Real, no periodo de seguemento ( dende marzo 2024 ata xuño 2025) recopiláronse 48 avistamentos do milano na área. Esta ave utiliza pradería e piñeiral que é precisamente o que hai na área estudada co que o efecto será aínda máis devastador. Catalogado polo EIA como IMPACTO COMPATIBLE ¡!.

– Pero o efecto barreira tamén será para mamíferos e reptís entre outras moitas especies, prácticamente a todo o ecosistema. IMPACTO NEGATIVO.

– Non inclúe á curuxa e o peto, habituais na zona.

  1. RISCO DE INCENDIO. Os aeroxeneradores dos eólicos FER01, 7 e 8 e os da FER02, 03 e 04 irán no espesor de plantacións de piñeiros no monte común con antecedentes recentes de incendios. No proxecto minimízase a ocupación do monte común de piñeiros do Ferroedo, cando na realidade vai integrada no seu espesor. O outro monte común de piñeiros afectado será o de Tor.Ter en conta que na súa construcción haberá chispas e soldaduras, co que o risco é moi alto.
  2. Respecto ó IMPACTO NA PAISAXE:

            – Afectará directamente a 26.617 Has de impacto paisaxístico, recoñecido no proxecto.

            – Está inmerso na Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras de Ouribio e O Caurel.

            – Afectará a zonas hidrolóxicas protexidas como as turbas.

            – o FER05 e 06 Irán a menos de 100 m. do rio Portiño, incluído na zona de ordenación piscícola da Xunta ( acotados ). Será mais que posible existencia de escorrentías e filtracións e por afeccións en zonas de policía fluviais informa de IMPACTO NEGATIVO.

            – Na restauración da paisaxe fálase de plantacións compensatorias pero non as define en canto a superficie e volumen de terreo talado.

  1. IMPACTO SOBRE O PATRIMONIO CULTURAL:

            – Dentro do polígono veránse afectados varios elementos arqueolóxicos como túmulos megalíticos ( mámoas ) e castros. Os desmontes e compactación dos viais internos non respetan a distancia mínima de 200 m. a béns integrantes do patrimonio arqueolóxico, así van a menos de 200 m. das mámoas de Chao da Broza e da de Aiaz. Os aeroxeneradores FER05 e 06  irán próximos a zona Monte das Medorras e o FER05  mesmo ó lado da mámoa da Gándara. Tamén invaden a zona de protección do castro da Teixeira en Ousende.

            – Dentro da existencia de pazos e casas grandes na proximidade, omítese  a Casa grande de Ousende, a de Vilaesteva ou a de Vilameá.

  1. IMPACTO TURíSTICO:

            – Cando falan do patrimonio cultural olvídanse da secular festa ( catalogada de interese turístico ) das Fachas de Vilelos, adicada á diosa Vesta, que precisamente por celebrarse no alto do castro de Besta terá xusto en fronte a visión dos aeroxeneradores, como xa se ven a día de hoxe os de Paradela.

            – Supón unha seria limitación aó futuro turístico dun territorio que opta a Patrimonio da Humanidade.

            – Omite o estudo a proximidade ó xacemento arqueolóxico do dólme da Abuíme, de numerosas visitas turísticas. Dende alí veránse os aeroxeneradores.

            – Omite a relativa proximidade á igrexa románica de S. Vitorio de Ribas de Miño e á igrexa De Guadalupe, ambas BIC Ribeira Sacra, e que reciben numerosas visitas.

            – Cando o estudo fai referencia a que non é unha zona de recorrido turístico, está omitindo que hai unha ruta turístico-cultural para recorrer aquela zona en coche e visitar os seguintes elementos neste orde: dólmen de Abuíme, refuxio do Sardiñeira, igrexa románica de S. Vitorio, igrexa de Guadalupe e Ponte Mourulle polo que si existe demanda turística.

  1. IMPACTO SOCIO-ECONÓMICO:

            – afectación directa a gandeiros  ( pastizais, vacuno..), forestal dada a ubicación no monte común, turismo, inmobiliaria que esta tendo un importante incremento, e seriamente á apicultura. Aínda con todo catalógano de impacto COMPATIBLE.

            – Desgaste das infraestructuras, limitación da circulación, considerado impacto NEGATIVO.

DENUNCIA DO USO DUNHA PARCELA MUNICIPAL COMO VERTEDEIRO E ESCOMBREIRA NO NÚCLEO URBANO DE ESCAIRÓN.

A Asociación veciñal denuncia díante da opinión pública e nos medios de comunicación a nefasta xestión dos residuos no concello coa ocupación continuada e reiterativa dun soar de titularidade municipal como vertedeiro ilegal e escombreira ubicado no casco urbano de Escairón.

Dende hai máis dun ano vemos como esta área pública, localizada na Lama de Escairón e próxima ás vivendas e centro de saúde, ven sendo utilizada polo Concello como vertedeiro incontrolado e que día a día medra e se expande. Este soar, antaño adicado á adestración de cans de caza, está hoxe repleto de escombros de obra, electrodomésticos e enseres domésticos que xa ocupan a totalidade da parcela, úns dous mil metros cuadrados.

Dende varias empresas da construcción demándase un lugar onde depositar os escombros e restos de obra dado o incremento da actividade de restauración de vivendas no municipio.

A presenza deste vertedeiro incontrolado e sen peche perimetral ven a reforzar a necesidade, trasmitida en moitas ocasións ao Alcalde, da creación dun Punto Limpo oficial no antigo mercado gandeiro, que conta con portal de entrada e peche. A resposta do Alcalde sempre foi a mesma: que precisaría dunha persoa adicada a xestionalo, como si o inconvinte fora insalvable para a administración municipal.
Nos tempos actuáis non é de recibo nin cumpre a legalidade medio ambiental nin urbanística o depósito de residuos nun soar no casco urbano de Escairón.

Hoxe non queda outra alternativa máis que a denuncia pública dunha nefasta xestión dos residuos e restos domésticos. Na procura de que dunha vez por todas, por parte da Corporación local, se lle dé solución a esta demanda e se corrixan as irregularidades e as ilegalidades na xestión do lixo.
Escairón a 9 de xaneiro do 2026.

20251227_154651 copia 20251229_173658 copia 20251230_171118 copia 20251230_171123 copia 20251029_160237 copia 20251029_155859 copia 20251029_160029 copia 20251029_160223 copia

A nota de prensa tivo eco en todos os medios de comunicación comarcais e así unha semana despois procedeuse á limpeza do soar. A presión veciñal resulta efectiva.

PÍDESE A CREACIÓN DUNHA ORDENANZA MUNICIPAL QUE PROHIBA A PRANTACIÓN DE ÁRBORES PIRÓFITAS NO MUNICIPIO.

Neste 10 de decembro rexistramos no Concello e entregamos ao partido da oposición esta petición para que a valore nunha sesión plenaria como unha medida preventiva básica para evitar incendios como o que afectou aos municipios de Pantón e Sober neste pasado verán, onde estas especies tiveron moito que ver na orixe e na rápida extensión dos incendios que chegaron a queimar vivendas.
A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 13651 no rexistro provincial de asociacións, e co nº 14 no rexistro municipal, a través da súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor diríxese á Alcaldía do Saviñao co fin de solicitar a adopción dunha ORDENANZA que prohíba a plantación de árbores pirófitas no territorio municipal.
Despois de que este verán quedara patente o poder devastador dos lumes na nosa xeografía, e vistas as dificultades para frealo nun territorio plagado de piñeirais, e tendo en conta que estos fenómenos vanse repetir cada vez con máis frecuencia, debido á emerxencia climática que estamos a vivir, son horas de que dende todas as institucións se adopten urxentemente medidas preventivas para mitigar esta ameaza real que acaba arruinando á poboación e afondando no despoboamento da nosa área.
Por estes motivos, SOLICITAMOS ao noso goberno municipal a creación dunha ORDENANZA na que se prohíba a plantación de árbores pirófitas, as cales imposibilitan a extinción dos incendios e aceleran a extensión dos mesmos. Referímonos, concretamente, ao eucalipto, árbore extremadamente inflamable, e ao piñeiro, que coa metralla expansora das súas piñas convértese nun perigosísimo combustible.
Na procura de que se aborde este tema coa seriedade e responsabilidade que merece, e coa intención de previr outra catástrofe incendiaria na nosa poboación, despídese atentamente de Vde. a presidenta da asociación.
Escairón, a 10 de decembro do 2025.