Necesidade dun local social en Escairón
1ª solicitude arranxo local sindicatos
2ª solicitude arranxo local sindicatos
Reunión co alcalde
Segundo soupemos na última reunión mantida co alcalde no 2012, o local pertece á Xunta de Galicia, quen propuxo unha subasta do mesmo partindo dun valor de 200.000 €. Comenta asemesmo que o concello intentou introducilo no Plan Leader, pero foi rexeitado por non ter a titulridade do local.
Pese a estar recollido nos dereitos veciñais do ROF e da LRBRL que a corporación facilitará locais ás distintas asociacións, non se está a cumplir. De esta maneira seremos a única parroquia de todo o Saviñao que carece de un local social para as moitas asociacións que aquí o precisan.
Continuaremos na procura de este dereito veciñal.
Solicítase inclusion no Parque Bombeiros Monforte

A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese díante da Alcaldía do Concello do Saviñao coa finalidade de
EXPOÑER:
Observando a cantidade de accidentes en forma de incendios en domicilios e vivendas que acontecen durante todo o ano na nosa comarca e no resto da comunidade galega; e dado o deplorable estado das instalacións eléctricas de moitas das vivendas do rural; e engadindo que no noso concello non existe un servizo permanente que poida atender unha urxencia en forma de lume, pois tan só se dispón dunha carroceta e un pick-up cun limitado depósito e cunha disponibilidade limitada ó horario laboral (non as 24 horas), e dado que tampoco se dispón dun equipo de Protección Civil nin tampouco dos GRUMIR xa que de ambos se prescindíu no seu momento por parte da Corporación.
SOLICÍTASE:
Se inícien os trámites para solicitar dende o Concello a inclusión do Saviñao na Mancomunidade do Parque de Bombeiros de Monforte para así ter a garantía dunha resposta rápida, continuada no tempo e profesional díante dunha potencial emerxencia en forma de lume nas vivendas de calesquera lugar da ampla xeografia do noso municipio.
Esperando se inicien os trámites para a solución desta importante carencia de servizos no noso concello, despédese atentamente de Vde. o presidente da asociación. En Escairón a 15 de novembro do 2011.
Na defensa dos servicios sanitarios do noso municipio
No mes de maio do 2011 o noso municipio ten a desgraza de ser pioneiro nos hachazos das medidas de recorte nos servizos sanitarios por parte do goberno do PP na comunidade autónoma. Así, xusto dous días antes das eleccións municipais, suprímese un médico no centro se saúde de Escairón, levado moi habilidosamente por parte de Raquel Arias ó seu concello de Sober cando aquel era o municipio, coa lóxica poboacional, candidato a perder un profesional. 4.450 veciños fronte os escasos 3.000 de Sober así o facían previsible.
A asociación púxose rapidamente na tarefa de tentar cambiar este negativo destino. Dirixímonos ó Comité de Centros de Atención Primaria de Lugo, a Recursos Humanos da Consellería, á mesma Conselleira Pilar Farjas e ata en dúas ocasións ó Valedor do Pobo. Todo esforzo foi inútil. Convocouse ós veciños a manifestarse ante o concello con ocasión dun Pleno onde se tratou “á lixeira” o tema, acodiron unhas 300 persoas. Colocáronse pancartas en Escairón e nos pasos elevados do corredor. Falouse nunha ronda de prensa en Monforte, e ata nos manifestamos ante a propia conselleira con ocasión dunha visita ó Hospital de Monforte. Anímase ós veciños a presentar follas de reclamación a título individual, e a fé que responderon, pois foron enviadas máis de 600 reclamacións á Xerencia de Lugo do SERGAS.
Pero non contentos coa afrenta, dous meses despois salta o rumor da posible supresión do consulorio de Currelos que, grazas o cambio de moitos veciños para ó médico de Currelos, consigue manterse.
A conselleira non foi quen de responder ós argumentos que defendían a xusta demanda, que expoñemos agora.

A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 13651 no rexistro provincial de asociacións diríxese á Illma. Sra. Conselleira de Sanidade Dña. Pilar Farjas Abadía co ánimo de
EXPOÑER:
Que no noso concello e a data 21 de maio foi suprimida unha praza de médico e que pese ás instancias dirixidas díante dos diversos estamentos da administración sanitaria solicitando a reconsideración da decisión, non se obtuvo resposta algunha. Dende os veciños consideramos esta unha decisión inxusta e discriminatoria respecto do resto de municipios que nos rodea, e supoñendo un recorte sanitario que merma a cobertura e protección desta zona.
E que por máis circula o rumor da intención da supresión do consultorio periférico de Currelos (no norte do municipio) e o traslado do persoal (médico, enfermeira e administrativo) ó centro de saúde de Escairón. Sigue leyendo
Queixa polos recortes nos medios contra os incendios
Díante do incendio localizado nas proximidades da Broza no Saviñao na tarde noite do 30 de setembro e do localizado nos Amieiros, a Asociación Veciñal do Saviñao recrimina a falta de sentido común por parte da Consellería de Medio Rural na retirada das brigadas de SEAGA.
O ano 2011 foi especialmente seco, pero e que tamén foi o ano que se empezou coa tixeira dos recortes en todo o público. Aquí esa mistura explosiva tivo como consecuencia que no mes de setembro, cando a sequía estival alcanza o culmen e os riscos de lume son máximos, a Consellería de Medio Ambiente suprimira os contratos coas brigadas de apoio ós medios antiincendios.
E foi precisamente nese mes cando vimos no ceo as columnas de fume que delataban os incendios da Broza e dos Amieiros. Non compredimos como na tempada de máximo risco se prescindíu de persoal contra o lume e queixámonos nos medios de comunicación.
Cando estamos no mes de maior e máis alto risco de incendios, incrementado este polo ano especialmente seco que estamos a pasar, coas evidentes consecuencias sobre a vexetación, consideráse unha neglixencia e un abandono do medio rural galego a retirada prematura das brigadas forestais, cando aínda non se coñece o fín da tempada estival.
Asistimos a outra mostra máis dos recortes que estan a aplicar sobre todo o entramado dos servizos públicos. Esta vez coa disculpa do aforro miserable duns soldos temporais, deixanse abandoadas á sua sorte e desprotexidas as zonas forestais e rurais da nosa comunidade, expostas ós coñecidos e de sobra sabidos riscos de incendios. Parece que a desastrosa experiencia dos incendios de fai uns anos non enseñou nada ós nosos responsables políticos e caese outra vez máis nos mesmos erros. Si xa se iniciara rácana a tempada contra o lume prescindindo da función preventiva da presenza do exercito, agora acortouse a protección que a presenza das brigadas ofrecia nestas terras consideradas de Alto Risco de incendios.
Obradoiro de Cestería
Xornadas documentais acerca da crise financieira mundial
No verao do 2011, en plena crise económica e financieira mundial, organízanse unhas xornadas de documentais críticos cos responsables e cos sufridores da crise que arrastramos a nivel mundial. Fanse 3 proxeccións.
Xornadas da cultura castrexa
No verao de 2011 a Comisión de Patrimonio e Cultura organiza unhas xornadas adicadas á cultura castrexa, tan prolífica no noso territorio.
Acude Carola Perez, restauradora no museo arqueolóxico do Castro de Viladonga no norte de Lugo. As xornadas consisten nunha conferencia sobre a sociedade castrexa impartida por Carola no local do Círculo Saviñao, e na mañá do día seguinte saída e visita ó castro de Illón en Licín.
No mes de novembro volta Carola Perez con unha exposición de fotos dos castros máis relevantes de Galicia. Permanece exposta durante un mes no local do Círculo Saviñao, asociación coa que coordinamos o acto.
No mes de agosto vense organizando todos os anos unha visita ó castro de Illón coas explicacións pertinentes a cargo do propietario, e preocupado polo tema, Enrique Perez Losada. Pártese a pé, nun curto paseo ata o castro, nas proximidades de Escairón no acceso do corredor dende Monforte. Non está excavado pero atópase limpo e cuidado polo seu propietario. Recórrese o perímetro e o seo interior acompanado dunha explicación sobre a importancia que este asentamento tivo no desenrolo humano nas terras do que hoxe é o Saviñao así como as comunicacións con outros asentamentos próximos. Adxúntase un plano do asentamento feito por Enrique.
Aportacións ó Plan Hidrolóxico do Miño – Sil
A Asociación Veciñal do Saviñao , en resposta á invitación feita dende a Confederación Hidrográfica Miño-Sil a colaborar e participar no Plan Hidrolóxico que se inicia agora , dirixíuse a esa institución co ánimo de facer efectiva a colaboración veciñal no citado plan , para o que enviamos unha serie de suxerencias ou propostas .
Dadas as características rurais do noso concello , e as actividades productivas desenvoltas no mesmo , estas propostas foron pensadas e planificadas para o noso entorno concreto , pero cremos que poden extrapolarse e aplicarse noutros concellos das mesmas características socioeconómicas .
SUXERENCIAS :
Curso de SIXPAC
A ASOCIACIÓN VECIÑAL DO SAVIÑAO ORGANIZA UN CURSO DE SIXPAC (CARTOGRAFÍA E CATASTRO EN INTERNET) DE MOITA UTILIDADE NO NOSO MEDIO RURAL
É NECESARIO APUNTARSE POIS SÓ HAI 15 PRAZAS
CHAMANDO Ó 982 452013 OU NO CORREO
ELECTRÓNICO asociacionvecinaldosavinao@gmail.com




