A ASOCIACIÓN VECIÑAL ALERTA QUE COA DESAPARICIÓN DE LINEAS DE TRASPORTE NA COMARCA, CORRE SERIO RISCO DE DESAPARICIÓN DA SOCIEDADE RURAL.
Recentemente os veciños do Saviñao comprobamos como desapareceu unha línea de trasporte que unía catro municipios, a que recorría Taboada-Currelos-Escairón-Tuiriz-Monforte, así como unha franxa horaría do itinerario Monforte-Chantada-Santiago, o que prexudica seriamente os desplazamentos con Santiago e coa comarca de Lemos, afectando a accesibilidade ós servizos sanitarios do hospital ou os enlaces co trasporte por ferrocarril ou avión. Esta situación de desaparición de lineas de trasporte por carretera está castigando especialmente ás provincias de Lugo e Ourense, onde hai máis nucleos rurais, de feito en Chantada e Monforte recolleron firmas para enviar á Consellería, e en Quiroga tamén hai protestas.
A alternativa do trasporte mixto, escolar e público, ofrece moitas dúbidas por canto só facilita o desplazamento no propio territorio municipal, ademais de non estar operativo nos festivos e datas vacacionais, polo que non soluciona os recortes no trasporte coas comarcas de Chantada ou Monforte.
Coa aplicación da reducción de líneas de autobús en toda a zona sur de Lugo, cunha poboación envellecida e pouco autónoma, non se fai máis que acelerar a negativa tendencia de concentración de poboación nas cabeceiras de comarca, e o progresivo abandono dos lugares e aldeas. A carencia de servizos obriga a xovenes e maiores a migrar e acercarse a onde os hai.
Si esta era a chamada “ lexislatura do rural galego “, decisións como esta colócanos na fase definitiva da desaparición da sociedade rural. Por elo dende a asociación veciñal chamamos a unha concentración de queixas a todo o tecido asociativo, veciñal, político e social da comarca, xa que a problemática é común a todos os municipios e o silencio cómplice dos alcaldes obriga a movilizarse para esixir a reposición dos servizos anulados e a volta inmediata á situación anterior.
Na data do 10 de novembro sae publicada na prensa a reposición de dous horarios da linea Monforte-Escairón por Pantón e outra da linea Monforte-Currelos a petición do Concello do Saviñao, ambalasdúas moi necesarias para os estudantes do instituto así como para o acceso o hospital. A insistencia das queixas veciñais tivo o resultado buscado.