CAMPAÑA DE RECORDO AOS DONOS DE CANS DA NECESIDADE DE RECOLLER OS EXCREMENTOS NAS VÍAS URBANAS.
Despois das numerosas queixas recibidas na asociación pola cantidade de excrementos de can que hai nas rúas de Escairón, iniciamos un recordatorio para que todas as persoas responsables de cans de cans se conciencien sobre a necesidade e obrigatoriedade da recollida dos excrementos das mascotas das vías públicas, pola máis elemental razón dunha convivencia respetuosa coa veciñanza. Procédese á colocación de 50 carteis en Escairón.



