PROPOSTAS LEVADAS Á FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DA RIBEIRA SACRA.
Na data do 21 de xuño do 2025 acodimos á VII asemblea da Federación de Asociacións da Ribeira Sacra ( FEARS ) da que formamos parte dende a súa orixe e colaboramos para manter a integridade do territorio e defender o modo de vida do noso entorno.
Aportamos as seguintes suxerencias:
1. XESTIÓN DA FEARS.
– Bótase en falta maior presenza da FEARS nos medios de comunicación, secundando as actividades das asociación vinculadas e facendo súas as vindicacións .
– CREACIÓN DUN SERVIZO DE ASESORAMENTO E INFORMACIÓN ÁS ASOCIACIÓNS.
De ser viable económicamente, sería de importancia este servizo de apoio ás asociacións no caso de trámites como subvencións, reclamacións, etc. Tamén mantería informadas as AAVV das axudas institucionais.
2. PROPOSTAS DA AV DO SAVIÑAO.
Solicitude de apoio da FEARS na oposición á implantación dunha planta de biogás no territorio R . Sacra e mais concretamente no noso municipio. Dirixir carta ó Alcalde do Saviñao e nota de prensa aos medios de comunicación.
3. ELABORACIÓN DUN GLOSARIO DE MEDIDAS PARA UN TURISMO SOSTIBLE.
Proponse:
- Evitar a modificación da paisaxe coa apertura ou ensanchamento das estradas ou con obras desproporcionadas.
- Sinalización no territorio da anchura das estradas e prohibición do tránsito de autocares superiores aos 6 metros. A circulación polo territorio débese facer en microbús.
- Prohibición do uso de quads e motos acuáticas no territorio BIC pola contaminación acústica que supoñen.
- Dotación de lanchas para salvamento fluvial ( zodiacs ), nos parques de bombeiros do territorio, dado o incremento de accidentes nas proximidades dos ríos e a dificultade dos rescates.
4. Denuncia das plantacións de especies arbóreas agresivas no territorio ( eucalipto ).
5. Busca dunha D.O. de calidade para productos do territorio: aceite, mel, froitos ( cereica, castaña, etc ), productos de horta, etc




