SOLICITUDE DE LIMPEZA DOS SOARES URBANOS EN ESCAIRÓN.
Na asociación veciñal recibíronse diversas queixas pola falta de limpeza e roza en soares urbanos de Escairón pegados ás vivendas, co risco que isto supón. Temos coñecemento de que un veciño dirixíuse ata en tres ocasións ao Concello demandando esa limpeza obrigatoria sin recibir resposta algunha.
Dende a asociación veciñal SOLICÍTASE da Alcaldía:
– a aplicación da lei 3/2007 do 9 de abril de prevención e defensa contra os incendios na Comunidade Autónoma, así como da consecuente ordenanza municipal, segundo a cal o concello debe avisar as persoas propietarias para que manteñan limpas as súas propiedades.
– De non realizarse esta limpeza, o Concello debe aplicar a “execución subsidiaria” contemplada no artigo 22.3 da devandita lei, que capacita ao concello a realizar os traballos de roza e a posterior facturación dos custos ás persoas propietarias.
Esperando a aplicación da lexislación vixente por parte da Alcaldía e en beneficio de toda a colectividade, despídese atentamente de Vde. a Presidenta da asociación.
Escairón a 9 de xuño do 2025




