A ASOCIACIÓN RECLAMA DO CONCELLO A FACILITACIÓN DO PERMISO PARA A APERTURA DE DÚAS INICIATIVAS DE HOSTELERÍA EN BELESAR.
A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 13651 no rexistro provincial de asociacións, e co nº 14 no rexistro municipal, a través da súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, diríxese á Alcaldía do Saviñao co motivo de solicitar a facilitación do permiso para a apertura que afecta a dous proxectos de hostelería en Belesar.
A asociación recolle e trasmite a queixa de dous veciños con iniciativas de hostelería, unha un furancho e outra un pequeno hotel-restaurante, que ven como o Concello lle pon trabas administrativas para a concesión do permiso.
O veciño de Belesar, José Mazaira Vazquez, denuncia que leva anos intentando unha iniciativa de emprendemento consistente nun furancho ou cantina en Belesar e que se atopa nun conflicto de permisos entre o Concello e a Deputación Provincial. No ano 2021 o interesado solicitou os permisos á CHMS así como á Direción de Patrimonio e ambos fóronlle concedidos. Asemesmo a oficina do Catastro otorga o permiso pero atópase co conflicto de que a Deputación condiciona o permiso ó cambio de uso a núcleo urbano, que lle corresponde ó Concello do Saviñao e este denegao.
Recordamos que Belesar é un dos puntos neurálxicos mais visitados da Ribeira Sacra. De alí parten os catamarans do río Miño e por alí discorre o que en nada será masivo, o Camiño de Inverno a Santiago. A presenza de visitantes é considerable e con tendencia á alza, polo que son necesarios e imprescindibles servizos de alimentación e habituallamento, así como de hostelería e habitación.
Esta negativa da corporación municipal contrasta coa total permisividade para outros locais do mesmo uso no territorio municipal:
– A existencia e apertura recente doutras cantinas en núcleos rurais como Segán, Vilelos, A Portela, Mendreira, A Páxara ou Meán.
– A existencia en Belesar dun Clube Naútico pertencente á Deputación así como a recente apertura dunha adega e centro de cata da adega Asolagados.
– Ademais no baixo dunha vivenda de Belesar próxima á do solicitante xa existíu de antigo unha cantina.
Estes antecedentes establecen un perigoso agravio comparativo coa negativa do Concello no momento atual. Ademais de supoñer un freo administrativo á dinamización do mundo rural en alarmante decadencia poblacional, é unha deixadez dá imprescindible laboura municipal de facilitar todas as iniciativas de desenvolvemento ós seus veciños.
Por elo dende a asociación SOLICÍTASE do Concello do Saviñao:
Axilizar os trámites para a certificación nun acordo plenario de Núcleo Urbano para Belesar nas normas subsidiarias de urbanismo ou ben a elaboración dunha ORDENANZA que facilite a aperture dalgúns negocios, sempre no mantemento do respeto ás normas urbanísticas. Cremos adedmais que desta maneira solucionaríase a necesidade de servizos de alimentación e hostelería, carentes a día de hoxe en Belesar e demandados pola gran afluencia de visitantes. Ditos proxectos contribuirían a xerar emprego e fixar poboación no noso municipio, o que debería ser tarefa prioritaria para todos os xestores do mundo rural .
Na procura de que a administración local inície de inmediato os pasos para facilitar estas iniciativas de desenvolvemento presentadas, despédese de Vde a Presidenta da asociación.
14 de xullo do 2023