SÁE Á POXA A ANTIGA CASA SINDICAL, PÍDESE Ó CONCELLO A SÚA ADQUISICIÓN PARA USO SOCIAL.

A Asociación Veciñal do Saviñao, diríxese á Alcaldía do Saviñao coa intención de solicitar a adquisición da Casa Sindical da rúa Mendez Nuñez.

O 3 de febreiro saíu publicado no D.O.G. a poxa pola Consellería de Facenda e Administración Pública do edificio dos antigos sindicatos, dita poxa terá lugar no Edificio Administrativo da Xunta na Ronda da Muralla en  Lugo o próximo 17 de marzo. A poxa pública parte dun primeiro valor de 103.000 €, en segunda 88.000 € e 72.500 en terceira.

O edificio dos antigos sindicatos, denominado Lanca ou Campo da Virxe é unha construción de cantería de principios do século XX, ubicado nas proximidades da Devesa de Escairón, co que a súa adquisición por parte do Concello garantiría que nese solar non se constrúa en altura, aportando consenso urbanístico a esa zona de ocio. Dita construción está catalogada como patrimonio civil no PXOUM coa ficha AC-212 e a súa adquisición suporía un interesante incremento do patrimonio municipal.

O edificio actual de dúas prantas e 750 metros cuadrados por pranta ten capacidade suficiente para albergar no seu interior diversas salas e variadas actividades, polo que a asociación considera distintas posibilidades de uso no caso de ser municipalizado:

  • A planta baixa podería adicarse a Local da Xoventude, unha vella reivindicación que nunca tivo resolución e que trouxo como consecuencia a deambulación das múltiples xeneracións de xóvenes polos bares ou á intemperie por non contar cun lugar de reunión ou a súa marcha a Monforte ou Chantada, causando desarraigo e fuga da xoventude..
  • Poderíase asemesmo baraxar a posibilidade de ubicar nesa ampla planta baixa un Centro de Día para uso e desfrute dos nosos maiores, outra importante carencia de servizos do noso concello. Aínda que para esta actividade a asociación contempla mais idónea a remodelación do edificio de enfronte do antigo ambulatorio.
  • A pranta superior podería distribuirse en varios locais para cesión ó diverso tecido asociativo do municipio para a realización das súas actividades, xa que a día de hoxe non hai posibilidade física de facilitar este dereito recollido no ROF e na LRBRL. Son varias as asociacións que non dispoñen dun local : os cazadores, a Asociación do Cabalo, as mulleres rurais, ou mesmo a nosa Asociación Veciñal do Saviñao .

Dada a inmediatez da poxa e o risco de que este edificio sexa adquirido por un titular privado e particular e considerando esta cifra perfectamente asumible para as arcas municipais, é a última oportunidade que terá o Concello de adquirir este ben patrimonial.

Por todos estes argumentos SOLICÍTASE da Alcaldía a participación na poxa para a adquisición deste inmoble para uso do conxunto da sociedade do Saviñao e dos diversos colectivos asociativos.

Na procura de que se actúe con responsabilidade e sentido de xestión da nosa colectividade, despédese de Vdes. A presidenta da asociación. Escairón a 7 de marzo do 2022.

Unha vez celebrada a poxa, coñecemos que non se presentou ningunha solicitude por este edificio. Aínda hai tempo para que o noso Alcalde recapacite.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail