Solicitude taboeiros informativos

A Asociación Veciñal do Saviñao no cumplimento dun dos seus obxetivos como é a busca da máxima cohesión interparroquial, diríxese ó Alcalde e máximo representante da corporación municipal de O Saviñao para

EXPOÑER:

Que dada a dispersión e atomización da poboación do noso concello, dada a grande extensión do territorio municipal e, en moitos casos, a dificultade de acceso e a soledade dalgúns lugares, agravado polo envellecemento e abandono das aldeas; debe prestarse atención especial e prioritaria a comunicación de todos os lugares e puntos habitados para evitar que se produzan estados de segregación e olvido.

No noso concello non existe medio de comunicación de imaxe ou són (radio), e aínda que no futuro máis inmediato a internet debe ser o medio de contacto dos máis novos veciños, namentras esto non se produza son os taboeiros os que fan de soporte da comunicación. Poidemos comprobar que na maior parte dos lugares os taboeiros dunha sinxela madeira contrachapada estan xa moi abalsados e deteriorados polos medios naturais e o paso do tempo, e que en moitos outros a costume veciñal estableceo como puntos de información os paos de madeira do alumado público.

Coa finalidade de actualizar esta infraestructura que consideramos básica

SOLICÍTASE:

Que dende o concello se preste a atención que este tema merece e se procure na administración provincial ou autonómica a dotación duns taboeiros de anuncio sólidos e resistentes as incremencias metereolóxicas, asi como a ubicación destes en todos os lugares onde por tradición e costume os veciños veñen colocando a cotío as novas procurando a cobertura total do habitat.

Na espera de que esta solicitude de procura de comunicación e de achegamento interveciñal non se dilate no tempo, depídese atentamente o presidente da asociación.

Dende a asociación entregouse un presuposto duns paneis de PVC. Esta solicitude feita en marzo do 2010 tivo resposta positiva por parte do concello e colocáronse taboeiros de madeira en case todos os lugares do amplo territorio municipal. Extráñanos certas carencias como en Aiaz, Currelos, Rebordondiego, Galegos, Diomondi.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail