Incremento tasas garderia
A Asociación Veciñal do Saviñao, a traves da súa presidenta Violeta Perez Figueroa, diríxese díante da Alcaldía do Concello do Saviñao para mostrar a súa disconformidade pola pretendida suba das tasas da Gardería Municipal.
EXPOÑENDO:
Díante da proposta presentada pola directora da gardería ante os pais dos nenos na que se anuncia unha modificación e suba das tasas de 110 a 220 €, a asociación veciñal na que están integrados moitos pais afectados considera:
- Un incremento de máis do 100 % é abusivo e non xustificable no momento actual, limitando o acceso a este servizo ós fillos de moitas familias do noso medio.
- O feito de que non contemplen descontos en función da renda familiar é discriminatorio e contradice o reglamento que regula ás garderías públicas, e esta a é, aínda que a xestión sexa privada.
- Que as tasas dunha gardería municipal están reguladas polo Decreto 70/2007 polo que non poden ser modificadas unilateralmente polo concello nin pola empresa adxudicataria.
- Que a concesión do servizo á empresa adxudicataria remata neste presente ano 2012.
Por todo elo SOLICÍTASE:
1- O rexeite, por parte do concello e da Alcaldía do Saviñao, a ese incremento de tasas e en todo caso a estipulación de, ó menos, tres tramos de descontos en función das rendas das familias como aconteceu ata agora, a fín de evitar a discriminación que se xeneraría a favor de quen maior poder adquisitivo teña e en detrimento e perxuício das rendas máis baixas.
2- O respeto pola legalidade vixente na cuestión dos prezos das garderías públicas regulado polo Decreto 70/2007 da Xunta de Galicia.
3- No caso de que a empresa adxudicataria esixa un incremento das tasas, denegar a prolongación da concesión da gardería en función do non cumprimento do servizo público que lle foi adxudicado e abrir un período de busca doutras empresas interesadas en desenvolver este servizo nuhas condicións económicas asequibles á poboación.
Na espera dunha decisión solidaria cos intereses dos veciños nunha época de dificultades económicas , despédese de Vde. a presidenta da asociación.
En Escairón a 8 de outubro do 2012.