Falta de cobertura dunha enfermeira en Escairón

Ata en dúas ocasións vivíronse no municipio situacións de desatención nas labores de enfermería pola racanería de aforrar en sustituir a baixa dunha profesional. E nas dúas ocasións nos diriximos á Xerencia de Lugo do SERGAS:

A Asociación Veciñal do Saviñao denuncia a precariedade sanitaria coa que o SERGAS continúa a castigar a este concello.

Nesta ocasión os feitos céntranse en que dos 3 enfermeir@s cos que conta o centro de saúde de Escairón, dous estan na situación de baixa laboral de longa duración, co que a día de hoxe tan só hai un enfermeiro para atender os 3 cupos médicos da zona de Escairón (unhas 3.300 tarxetas sanitarias). Solicitado un sustitut@ ó SERGAS, aceptan enviar un enfermeiro tan só para os dous días nos que se fan analises, deixando os outros 3 días da semana a toda esta poboación con tan só un enfermeir@. Despois de moitos rogos dos sanitarios locais, a directora de enfermería de Lugo concede un sustitut@ 3 días á semana.

Destacar que a enfermería debe atender a diário un bó número de visitas domiciliarias nunha poboación altamente dependente, envellecida e moi dispersa, co que un só enfermeiro ten que atender os domicilios dos 3, quedando o centro de saúde sin asistencia de enfermería case que toda a mañá, perigando a asistencia urxente no caso de aviso do 061 e imposibilitando a aplicación dos tratamentos urxentes que surxen así como as citas ordinarias para curas, inxectables ou sondas.

Dende a asociación denunciamos o abandono sanitário ó que está sometido o centro de saúde de Escairón por parte da Xerencia do SERGAS de Lugo, poñendo en perigo constante a saúde dos veciños que ven como cada vez hai menos cobertura sanitaria no seu concello. Por outro lado, a asociación denuncia o incumprimento por parte do SERGAS da obriga de manter ó menos o 50 % do persoal en funcionamento en cada punto sanitário.

Preguntámonos si o recurso que nos queda ós veciños do Saviñao e acodir directamente ó servizo de urxencias do hospital de Monforte, coa conseguinte sobrecarga do mesmo, ou facer uso contínuo e reiterado das ambulancias para traslado dos enfermos, co conseguinte encarecemento dunha prestación que debera estar garantida, próxima e inmediata.

Como xa denunciamos en moitas ocasións, a precariedade asistencial neste concello é grave e perigosa, non entendendo a pasividade da Xerencia de Lugo para coas necesidades sanitarias e sociais da poboación do Saviñao, polo que esiximos a cobertura inmediata destas ausencias sanitarias.

En Escairón a 14 de febreiro do 2012.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail