Solicitude de arranxo da estrada LU-611

SOLICITUDE DE ARRANXO DA ESTRADA LU-611 (RUBIÁN-TABOADA), VERTEBRADORA DAS COMUNICACIÓNS NO NORTE DO CONCELLO.

A inicios de xaneiro do 2015 e a instancias de veciños de Xixiriz, retómase esta antiga vindicación e necesidade plurimunicipal. Para conseguir manter poboación no rural e evitar a desaparición a curto prazo da vida rural en Galiza, consideramos básico e imprescindible o mantemento das clasicas vías de comunicación. Non comunican grandes eixos económicos, senón que facilitan a vida económica de moitas e pequenas poboacións que están mantendo poboación e o mesmo tempo produción. Por estes motivos dirixímonos á Consellería responsable de esta vía para expoñer os argumentos que xustifican á intervención.

XUSTIFICACIÓN :

A estrada LU-611 entre Rubián e Taboada supón a vertebración das comunicacións dunha amplia zona rural que manten poboación que implica ós concellos de Bóveda, Paradela, O Saviñao e Taboada.

Esta vía está á espera dunha actualización dende fai máis de vinte anos. Na actualidade presenta un estado de conservación moi deficiente, con erosión moi acusada da capa asfáltica superficial, que nalgúns tramos está prácticamente desaparecida.

Comunica os concellos de carácter netamente rural, con economías basadas na gandería e o leite, e facilita a comunicación entre pequenas pero múltiples localidades pertecentes ós catro concellos. Supón un atallo ou by-pass que une a N-540, entre Lugo e Ourense, e a LU-546 entre Lugo e Monforte de Lemos.

SOLICÍTASE :

Se fagan as tarefas de matemento mínimo da capa de rodadura na espera dunha añorada e necesaria restauración integral do traxecto global de esta estrada.

Polo que se refire ó municipio do Saviñao, trasmitimos as queixas veciñais recibidas no seno da asociación, que indican como tramo de máximo deterioro o comprendido entre o km. 11, nas proximidades de Rebordondiego, ata o km. 16´7 na cruz de Forcados. É un tramo de estrada que comunica unha amplia zona rural poblada (Rebordondiego, Xixiriz, Agra, Orxainza, Lamapodre, Forcados e Currelos), que ofrece unha desestructuración total da capa asfáltica, e precisa unha intervención inmediata.

Na espera de que sexa valorada esta petición veciñal, despídese atentamente de Vde. a presidenta da asociación.

En Escairón a 8 de xaneiro do 2015.

En setembro de 2015 sorprende a noticia de que a Consellería vai iniciar as obras de reparación desta estrada, pero tan só  6 km., dende Taboada ata Sonán. A iste paso, con obras cada catro anos aproveitando a tempada electoral, tardaremos outros 20 anos en ver rematada a reparación desta deteriorada estrada.Envíase nota de prensa denunciando a pírrica medida e o olvido ancestral por parte da Xunta.

 

ARRANXO DA ESTRADA TABOADA – RUBIÁN (LU – 611), INSUFICIENTE E MISERENTO.

Unha vez coñecido pola prensa o anuncio da Delegada territorial para Lugo do inicio das obras de arranxo da estrada LU – 611 entre Taboada e Rubián, e como a asociación cursou no mes de xaneiro á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas solicitude de execución desta obra pendente dende hai uns vinte anos, desexamos manifestar o desencanto por esta mínima intervención.

A obra anunciada como un investimento estrutural da Xunta limítase a 6 quilómetros da estrada, dende Taboada ata Sonán, no concello de Taboada.

A asociación reclama a intervención global nos 38 quilómetros da estrada, toda vez que o proxecto de ampliación permanece arquivado nalgún caixón de San Caetano dende hai vinte anos. A cotío os veciños de varias parroquias de Taboada, Paradela, Bóveda e O Saviñao teñen que soportar a calamitosa conservación dunha estrada que xa perdeu en moitos tramos a capa de rodadura e precisa urxentemente unha ampliación xa que hai puntos nos que non pasan dous vehículos á par.

Os tramos máis necesitados dunha intervención son a entrada a Currelos dende Taboada, sucado por profundas focharcas, e entre Forcados e Rebordondiego (do qm. 11 ó 16,5) onde xa hai tempo que se levantou toda a capa de rodadura. Reseñar que este vial recorre todo o norte do municipio, comunicando moitos lugares que aínda conservan poboación e manteñen unha notable actividade gandeira e forestal. Consideramos que se houbera intención de conservar poboación no rural, as infraestruturas e comunicacións son un elemento imprescindible, ademais de que é obriga da Xunta o mantemento das estradas da súa titularidade

Afrontar as obras tan só en 6 quilómetros e anunciar o proxecto nunha segunda fase doutros 3 km., parécenos insuficiente e irrelevante. A este ritmo, e dado que só se actúa no ano electoral, tardaremos vinte anos en ver rematada esta necesaria vía. Polo tanto, a asociación veciñal condidera que a actitude da Xunta cos veciños de Taboada, Bóveda e O Saviñao é de engano permanente e de olvido ancestral.

Sorpresivamente, no Nadal do 2015 vemos como se esta rebacheando e botando ducha asfaltica nesta estrada, concretamente na zona máis deteriorada, entre Rebordondiego e Orxaínza. O curioso é que esta obra non estaba prevista nin presupostada. Non é o aglomerado de 8 cm. que botaron no término de Taboada, pero agradecemos a intervención pola urxencia e necesidade.

Na data do 13 de abril do 2016 os medios de comunicación anuncian a intención da Xunta de continuar coa restauración desta estrada . De feito acode a Delegada para Lugo , Raquel Arias , a confirmar a inmediatez das obras entre Sonán e Currelos . Afirma nese acto que se irá facendo a tramos ata Rubián , a totalidade dos 37 quilómetros . Outra proba de que a persistencia veciñal dá resultados .

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail