Solicítase actuación do Concello nas vivendas ruinosas de Escairón

        O venres 24 de febreiro do 2017 rexistramos no Concello solicitude para dar solución a unha problemática que pode poñer en risco a peóns e a seguridade vial en Escairón . Trátase do cada vez máis crecente abandono de vivendas no núcleo urbano de Escairón, e da responsabilidade que pode recaer no Concello no caso de accidente por desprendemento de estruturas destas vivendas á vía pública.
Para evitar este risco, presentamos una relación de 7 vivendas que precisan de actuación inmediata. Algunha delas xa provocou en anos anteriores caída de cascotes da estrutura sin danos .
Adxuntamos copia da solicitude.

        A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese á Alcaldía do Concello do Saviñao coa finalidade de solicitar actuación institucional sobre as vivendas de Escairón que están en estado ruinoso.
EXPONSE :
A asociación veciñal elaborou unha relación de vivendas do núcleo urbano de Escairón que ofrecen un estado de ruina real, e consideramos que debe ser tarefa da corporación municipal dar solución a esta realidade. Entregámola no Concello cunha doble intención : por unha parte , da evitación dun hipotético accidente como consecuencia do desprendemento á vía pública das estructuras deterioradas destas vivendas ( tellas, ventás, dinteis), do que sería corresponsable o propio Concello. E por outra, para correxir o feísmo que ocasionan estas edificacións, e que a propia Lei do Solo pretende erradicar. Por elo
SOLICÍTASE :
Que o Concello inicie as actuacións necesarias para nun corto prazo de tempo solucionar esta perigosa problemática.
Nun primeiro lugar contactando cos seus propietarios e instándolles a reparar os elementos que ameazan desprendemento e derrubo .
De non realizarse estas actuacións preventivas por parte dos propietarios, declarar a edificación en ruina e tomar o Concello a iniciativa de consolidación das partes do edificio que ameazan derrubo, e mesmo que provocar este dunha maneira controlada.
Apórtase un anexo coa relación das vivendas e documentación fotográfica das mesmas.
Na procura dunha vila con bó aspecto e dunha seguridade para os veciños que vivimos nela, esperamos solución a esta vella problemática.
Atentamente, o Presidente da asociación.

1. Av. Buenos Aires. ( Casa do Generalísimo ).

IMG_1660 copia IMG_1652 copia IMG_1655 copia IMG_1658 copia

2. Rúa Dous de Maio.

IMG_1751 copia IMG_1745 copia

3. Rúa de Outeiro.

IMG_1680 copia IMG_1694 copia IMG_1698 copia IMG_1682 copia

4. Rúa de Piñeiro.

IMG_1676 copia

5. Casa do Ciento ( por diante rúa Pardo Bazán, por tras Miguel de Cervantes).

IMG_1663 copia IMG_1664 copia IMG_1667 copia

6.Rúa Miguel de Cervantes.

IMG_1673 copia

7. Rúa Pardo Bazán ( antiga sede do psoe ).

IMG0483A copia

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail