Rexeite veciñal á antena de Licín

A Asociación Veciñal do Saviñao denuncia nos medios de comunicación a reanudación das obras da instalación da antena de telefonía movil en Licín a cargo da empresa France Telecom por carecer dos permisos pertinentes .

No pasado mércores día 7 os veciños afectados por dita antena paralizaron as obras da instalación electrica da antena xa anteriormente denunciada , levantando acta e denunciando díante da Garda Civil a carencia dos permisos pertinentes , tanto da licencia municipal como da autorización da Consellería de Industria .

Con anterioridade , no mes de abril , os veciños dos lugares da parroquia de Licín xa pararan a obra unha vez que fora colocada a estructura metálica da antena , o carecer das autorizacións necesarias e por considerar unha ameaza para a saúde dos habitantes dos lugares máis próximos : A Pousada , Pacio , A Hermida , A Cavada e A Páxara . Por aquelas a obra fora iniciada aínda no periodo de alegacións e precisamente neste prazo os veciños a título personal e a mesma Asociación Veciñal presentaron as alegacións pertinentes , quedando a instalación parada ata esta mesma semana .

A asociación veciñal apoia e solidarízase cos veciños o considerar que son eles quenes deben decidir sobre as condicións do entorno onde viven , como usufructuarios históricos do territorio teñen o dereito a rexeitar todo o que consideren unha ameaza para a saúde  , e nesta ocasión así é percibido . Aínda por díante dos intereses da empresa de telecomunicacións e do particular que se beneficiaría do arrendamento desa   terra , son os veciños quenes perciben unha ameaza para a súa saúde e non están dispostos a permitir esa instalación , chegando onde sexa preciso ó ser a TOTALIDADE dos veciños quenes se sinten afectados e estando dispostos a movilizarse .

A asociación veciñal defende o dereito dos nativos a decidir sobre as condicións do entorno onde desenvolven a súa vida a cotío .

Dende a asociación , aínda considerando que a cobertura é imprescindible no medio rural onde nos desenvolvemos , somos do criterio de que non hai porqué causar incomodidade no colectivo de ningunha poboación , polo que habería que buscar  un lugar estratéxico para a instalación destes repetidores , alonxado dos lugares habitados e centralizado , de modo que poidera ser utilizados polas diversas compañias de telecomunicacións . Nunca o interese particular dunha multinacional ou do arrendatario  pode prevalecer sobre os dereitos elementais do individuo , xa temos moitos exemplos no noso territorio de grandes obras que supuxeron a despoboación e desarraigo de moitas familias e eses tempos remataron .

Non houbo marcha atrás e a antena continúa funcionando .

 

A Asociación Veciñal do Saviñao , a través do seu presidente , Manuel Sarmiento Rodriguez , diríxese á alcaldía do Saviñao coa finalidade de rechazar dentro do período de alegacións a instalación dunha macroantena de telefonía movil no lugar dos Outeiros , na parroquia de Licín , por parte da empresa France Telecom España S.A.

Os motivos que moven a esta decisión son :

 

  • O rechazo masivo dos veciños dos lugares próximos á ubicación da Pousada , Pacios , A Hermida e A Páxara , da parroquia de Licín , concretados na recollida dunhas 100 firmas coas que manifestan a alarma social despertada por esta instalación .
  • A estratexia da empresa de feitos consumados , que aínda con anterioridade a finalización do periodo de alegacións xa iniciara a ubicación da mesma .
  • A excesiva proliferación de antenas de este tipo por toda a xeografia do concello , en lugar de concentrar todas estas instalacións nunha mesma ubicación estratéxica .
  • O perigo certo dos campos magnéticos sobre o ser humán .

Coa finalidade de que señan tidas en conta para facer efectivo o rexeite á instalación de dita antena por parte das autoridades municipais , despédese atentamente o presidente da asociación . Escairón a 4 de abril do 2011 .

A/A Do Sr. Alcalde-Presidente do concello do Saviñao .

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail