Queixa polos recortes nos medios contra os incendios

Díante do incendio localizado nas proximidades da Broza no Saviñao na tarde noite do 30 de setembro e do localizado nos Amieiros, a Asociación Veciñal do Saviñao recrimina a falta de sentido común por parte da Consellería de Medio Rural na retirada das brigadas de SEAGA.

O ano 2011 foi especialmente seco, pero e que tamén foi o ano que se empezou coa tixeira dos recortes en todo o público. Aquí esa mistura explosiva tivo como consecuencia que no mes de setembro, cando a sequía estival alcanza o culmen e os riscos de lume son máximos, a Consellería de Medio Ambiente suprimira os contratos coas brigadas de apoio ós medios antiincendios.

E foi precisamente nese mes cando vimos no ceo as columnas de fume que delataban os incendios da Broza e dos Amieiros. Non compredimos como na tempada de máximo risco se prescindíu de persoal contra o lume e queixámonos nos medios de comunicación.

Cando estamos no mes de maior e máis alto risco de incendios, incrementado este polo ano especialmente seco que estamos a pasar, coas evidentes consecuencias sobre a vexetación, consideráse unha neglixencia e un abandono do medio rural galego a retirada prematura das brigadas forestais, cando aínda non se coñece o fín da tempada estival.

Asistimos a outra mostra máis dos recortes que estan a aplicar sobre todo o entramado dos servizos públicos. Esta vez coa disculpa do aforro miserable duns soldos temporais, deixanse abandoadas á sua sorte e desprotexidas as zonas forestais e rurais da nosa comunidade, expostas ós coñecidos e de sobra sabidos riscos de incendios. Parece que a desastrosa experiencia dos incendios de fai uns anos non enseñou nada ós nosos responsables políticos e caese outra vez máis nos mesmos erros. Si xa se iniciara rácana a tempada contra o lume prescindindo da función preventiva da presenza do exercito, agora acortouse a protección que a presenza das brigadas ofrecia nestas terras consideradas de Alto Risco de incendios.

A responsabilidade tamén debe abarcar a quen coas súas equivocadas decisións ocasiona un grave prexuizo á sociedade para a que en teoria traballa.

É outra mostra máis da corteadade e baixo espirito comunitario que teñen quenes dirixen os nosos destinos. Neste ano no noso concello estamos a comprobar que facil é suprimir e buscar aforro no recorte dos servizos públicos. Si primeiro foi a sanidade coa eliminación dun médico e a sospeita da perda dun enfermeiro/a e o peche dun centro de saúde; logo a educación coa limitación do trasporte que obriga a longos desprazamentos e a retirada da protección nos libros; os servizos sociais que non acaban de facerse efectivos no noso entorno, morrendo a xente sen chegar percibir axuda algunha da Dependencia e coa única residencia da terceira idade de titularidade municipal entregada ó beneficio privado sen a mínima concertación obrigando a buscar estancia para os nosos maiores lonxe do seu entorno; e por último co abandono dos montes á sorte dos senescrupulos, e iso despois de rechazar a presenza de 3 unidades do SEAGA no noso concello. Polo contrario vemos que precisamente a administración non recorta en persoal directivo, xerentes, subdirectores, e o noso concello lonxe de aplicar a lóxica austeridade para poder ofrecer servizos, reta ó sentido común ampliando a catro as dedicacións exclusivas a cargo dos presupostos municipais e non para de ampliar o cadro de nóminas á conta pública.

Esceario dramático difícil de entender e contradicorio. O elemental e imprescindible para o desenvolvemento da nosa sociedade sacrifícase polos intereses corporativos duns políticos sen escrupulos. A indignación popular segue en ascenso como a lava que ascende ata o crater. Só se pide sentido común.

foto

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail