Queixa polo paso de veículos ó interior da Devesa .

Na data do 20 de novembro do 2013 solicítase do concello pronta solución a este feito reiterado. Un mes despois e ante a falta de iniciativa acodimos a recordarllo. Tan só coa colocación dunhas pedras nos dous puntos de acceso solucionábase o problema.

A Asociación Veciñal do Saviñao, por medio da súa presidenta Violeta Perez Figueroa, diríxese díante da Alcaldía do Saviñao coa intención de trasmitir unha queixa veciñal coa finalidade de que se lle dé resolución.

EXPOSICIÓN:

Na xunta directiva da asociación recíbese queixa pola reiterada presenza de veículos rodados no interior do espazo da Devesa, tanto nas festas de Escairón, como en todos os días de feira. Os puntos de acceso son: 1- Na zona alta pola esquina da Devesa próxima ó edificio do concello, onde se colocan as pulperías. 2- Na zona baixa polo aparcamento do centro de saúde.

Considérase que non ten sentido o transito rodado no interior da Devesa, so para os traballos de mantemento de xardineiría, xa que o único que poden provocar e o deterioro da superficie e as raices, así como dalgunha árbore xove recen prantada. Asemesmo pode incitar ó uso deste emblemático espazo por outros veículos de tracción (motos, quads, etc…).

SOLICÍTASE:

O peche destes dous puntos de acceso con cadeas e candado a cargo do concello, así como a colocación duns carteis de proibición do acceso nestes dous puntos por si a primeira medida fose vulnerada.

Na procura de que se tomen medidas para evitar estas situacións incívicas e abusivas, despédese atentamente de Vde. a presidenta da asociación.

A día de hoxe vemos como en todas as feiras e festas o espazo do interior da Devesa é invadido por vehículos, sin a mínima intención por parte do goberno municipal de acabar con esta situación.

 

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail