Propostas de mellora da información do punto de turismo dixital

É este un tema no que levamos insistindo dende fai 3 anos. Ata en 3 ocasións aportamos ó concello concrecións a recoller neste sistema dixital de información turística, que é a ÚNICA fonte de información que se ofrece no noso municipio a quenes nos visitan. Tamén nos diriximos díante do Consorcio de Turismo que foi quen diseñou e ubicou este sistema de información en todos os concellos. Algunhas melloras recolléronnas, pero non entendemos a grave carencia de información pola imaxe: fotos de cada un dos puntos sinalados e ubicación nun mapa xeral. Sin este soporte básico e elemental pobre é a información ofrecida. Adxuntamos solicitude:

A Asociación Veciñal do Saviñao, a traves da súa presidenta Violeta Perez Figueroa, diríxese díante da Alcaldía do Saviñao coa intención de actualizar e mellorar a información do punto de Información Turística Dixital.

Como queira que este punto é a única información turística dispoñible no concello, consideramos que é un elemento a poteciar e mellorar na información que se ofrece a quenes nos visitan e descoñecen o territorio. Por elo, dende a asociación aprécianse certas carencias que deben ser correxidas en aras a ofrecer un servizo detallado e perfectamente sinalizado.

Por elo suxírese que á información actúal se engadan as seguintes aportacións:

1 – No apartado de RUTAS DE INTERÉS:

Incluir á visita a certos castros, non tanto pola valoración dos mesmos, senón pola súa ubicación, que ofrece unhas vistas e perspectivas como miradoiros. Destacar os castros de Mourelos, de Vilacaíz e de Orxaínza pola ubicación elevada e as panorámicas que ofrecen.

Como visitables polo accesibles e polos elementos que presentan poderían incluírse o castro de Illón, próximo a Escairón e limpo, e o de Abuíme por accesible e pola presenza da “pía da Moura”.

Poderíase ofrecer unha ruta en coche pola zona norte do municipio, que tamen ten os seus encantos, e é moi distinta da coñecida ribeira. A ruta rodada faríase dende Escairón a Currelos, sinalando como visitables no seu traxecto o castro de Abuíme e o Sardiñeira. Dende Currelos continuaría a visita o castro de Vilacaíz, dende alí o de Orxaínza con espectaculares vistas do norte do Saviñao. Continúa o percorrido pola bonita estrada ata Rebordondiego, e volta pola Broza (onde son visible 4 mámos dende a estrada) ata Aiaz. Ó remate parada en Abuíme e visita ó dolmen, ata Escairón. Esta zona norte do municipio ben merece unha posta en coñecemento e promoción.

2 – No apartado de ÁREAS RECREATIVAS:

Incluir a piscifactoría e área do Recreo, no río Sardiñeira. Añadir que alí tramitanse os coutos de troita do municipio.

3 – No apartado de PATRIMONIO INMATERIAL: Engadir a romería de Diomondi, por ser unha romería popular establecida dende moito tempo.

4 – Na AXENDA CULTURAL:

Marcar as datas da romería de Diomondi (22 de agosto), do Entroido en Escairón, e das festas municipais de Escairón, facendo referencia á popular carreira de burros.

5 – No apartado de RUTAS DE SENDEIRISMO: Incluir a recentemente homologada ruta de Sendeirismo da Ribeira Sacra (PR-G 162), como a única homologada no municipio. Adxuntar mapas da mesma.

6 – No apartado de NAS PROXIMIDADES: Engadir o museo de Tor, pola súa proximidade e por ser un elemento museístico visitable da Comarca.

7 – Consideramos imprescindible un mapa xeral do municipio onde se ubiquen todos e cada ún dos elementos recollidos neste punto turístico, que debe ser de información, e debe deixar claros os accesos a cada un deles para facilitar a súa visita. Esta tarefa non debería ofrecer a mínima dificultade a quen manexe minimamente o ordenador.

8 – Bótase en falta a aportación de fotos de cada un dos elementos recollidos no punto de información turística. O que aporta información visual e desperta aínda máis interese para a súa visita.

Esperando que estas carencias sexan trasmitidas á empresa responsable do soporte informático destes puntos de información dixital, e na procura dún maior atractivo do noso concello para quenes nos visitan, e polo tanto contribuindo a promoción do turismo como elemento de futuro no desenrolo da nos aterra, despédese atentamete de Vde. a presidenta da asociación veciñal.

Escairón a 23 de novembro do 2013.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail