Manifestación defensa hospital de Monforte
Na data do 16 de marzo do 2013 a comarca de Monforte, Chantada e Quiroga, unha poboación de úns 60.000 habitantes que conviven nun amplo territorio que abarca dende A serra do Faro ata O Caurel, e dende as terras de Sarria ata Os Peares, sáen polas rúas de Monforte a expresar o rexeite da integración do hospital de Monforte en Lugo.
Unhas 10.000 persoas, con moita presenza de elevada edade, recorreron e clamaron por unha sanidade máis próxima, por non ter que volver os tempos de coller un taxi e correr cara á Lugo. A integración da área de Monforte en Lugo conleva a centralización do presupostos e das decisións na capitalidade, en nun medio prazo o recorte de servizos baixo a disculpa da mala rendibilidade economica. Baste mirar para o que acontece no Barco de Valdeorras, que un ano despois da integración en Ourense xa perdeu o laboratorio e algunha especialidade pediátrica, nun só ano.
Dicir que corren perigo as especialidades dun só médico (Neuroloxía, Reumatoloxía, Endocrinoloxía e Neumoloxía), así como a obstetricía. Pola contra, aínda está sin executar a tan prometida e necesaria UCI, ou a especialidade de Xeriatría tan demandada pola realidade social da comarca.
Dende a asociación, seriamente comprometidos cos dereitos cidadáns, organizouse unha charla explicativa e publicitouse o acto en todas as parroquias do municipio. A asistencia de veciños do Saviñao foi notable nunha acción popular masiva na que, dito de paso, a TVG pública nin se dignou a enviar unha unidade, omitindo a realidade e pretendendo manipular a información. É a realidade dun país descabezado onde a xente ten que defender na rúa as agresións que recibe do parlamento galego.