Solicitudes e queixas veciñais

SOLICÍTASE DO CONCELLO A LIMPEZA DO ACCESO Á STº. ESTEVO DE RIBAS DE MIÑO.

A igrexa románica de Stº. Estevo, declarada BIC, é unha das máis representativas da Ribeira Sacra e por elo é importante o número de visitantes que recibe.

Recentemente e dada a súa relevancia, levouse a cabo o acondicionamento con aglomerado da estrada de acceso pero a día de hoxe ofrece unha imaxe de abandono pola vexetación que invade as cunetas e o espazo do estacionamento próximo ó monumento xa que no pasado ano non foi desbrozada.

SOLICÍTASE :

A limpeza de mantemento da maleza das cunetas e beiras da estrada de acceso para ofrecer unha imaxe dacordo coa relevancia do singular templo románico. 23 de xaneiro de 2023.

Concretar que si, fíxose ó pouco

SOLICÍTASE Ó CONCELLO AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Visto o incremento dos prezos no presente ano que comprometerá a economía das familias e dada a inmediatede da apertura do curso escolar, a asociación solicita a urxente apertura de axudas do Concello para material escolar para familias con necesidade económica e que non teñen  a cobertura das axudas da Xunta de Galicia, tal e como se ven facendo noutros municipios próximos.

Na espera dunha resposta a este tema de necesidade real, despídese de Vde. A Presidenta da asociación.

SOLICÍTASE Á DEPUTACIÓN A LIMPEZA DE MANTEMENTO DO CORREDOR FLUVIAL DO MIÑO POR RIBA DA PRESA DE BELESAR.

A Asociación Veciñal do Saviñao, a través da súa Vicepresidenta Violeta Pérez Figueroa, diríxese á Delegación de Vías e Obras Públicas da Área de Xestión Territorial da Deputación de Lugo , para solicitar traballos de limpeza das cunetas no Corredor do Miño da rede viaria da Deputación no territorio do Saviñao.

A asociación veciñal informa do estado da estrada do Corredor Fluvial do Miño que parte da presa de Belesar paralelo ó río na direción norte. A vexetación invade a estrada de maneira que ocupa o 50 % da calzada, despois de dous anos sin realizarse desbroze de mantemento.

Este corredor, alén da súa finalidade paisaxística e turística, é utilizado polos veciños que posúen terras e viñedos na ribeira esquerda, por riba da presa de Belesar, pero neste momento é imposible o cruzamento de dous vehículos en sentido contrario, o que supón unha importante limitación na circulación.

Esta falta de mantemento está ocasionando conflictos e incomidades no vecindario polo que, coincidindo coa presenza de maquinaria da Deputación no concello do Saviñao, SOLICITAMOS:

A inmediata limpeza e desbroze das cunetas do corredor fluvial do Miño dende o seu punto de partida próximo á presa de Belesar e á Pena de Abeado.

Na espera da pronta solución a este problema, déspédese atentamente a Vicepresidenta da asociación veciñal.

P6194690 copia P6194691 copia P6194692 copia P6194693 copia P6194694 copia

A finais do verán vemos como a Deputación atende esta petición veciñal e procede o desbroze das cunetas do corredor.

A A.V. DO SAVIÑAO INSISTE NA NECESIDADE DUN PUNTO LIMPO NO MUNICIPIO.

A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 13651 no Rexistro Provincial de Asociacións e co nº 14 no Rexistro Municipal, a través da súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, diríxese á Alcaldía e partidos da Corporación Municipal coa finalidade de solicitar a ubicación dun punto limpo no municipìo.

O longo destes dous últimos meses comprobamos como na área adicada a recría, entre o vello campo da Lama e o novo campo de futbol, ía medrando unha extensa área de escombreira, composta de material de obra, mobiliario vello, rodas e outros restos. Como queira que o territorio é de titularidade municipal, consideramos que este novo e amplo punto de verquidos conta co permiso do Concello.

Recentemente víuse como a maigrande parte daqueles materiais foi retirada pero volve a medrar día a día.

Dende a asociación veciñal preguntamos á Corporación municipal si esta escombreira vai ser permitida e si a dinámica vai ser a de continuar acumulando materiais  e periodicamente proceder a súa retirada.

Asemesmo SOLICITAMOS, como xa o fixéramos no ano 2016, a dotación dun Punto Limpo oficial e homologado de depósito de todo tipo de materiais de escombros non orgánicos , xa que é unha das carencias básicas dun municipio do tamaño e características do Saviñao e o actual, coa apertura tan só os sábados pola mañán, é a todas luces escaso e ineficaz. Dito punto limpo debería estar aberto dunha maneira continuada para a súa eficacia e servizo, ben coa presenza dun operario ou cunha previa chamada á un responsable do Concello.

Dende a asociación solicitamos da Corporación Municipal un debate sobre esta carencia e  solución a unha problemática que está ocasionando múltiples pequenos verquidos de escombro en distintos puntos do municipio.

Coa finalidade de ser escoitada esta proposta, despédese atentamente de Vde. A presidenta da asociación. Escairón a 9 de decembro do 2021.

A ASOCIACIÓN TRASMITE AS QUEIXAS E PETICIÓNS DOS VECIÑOS DE VILASANTE.

A Asociación Veciñal do Saviñao, a través da súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, diríxese á Alcaldía e partido da Corporación Municipal para trasmitirlles unha queixa e solicitude da veciñanza de Vilasante.

A principios do mes de maio do presente 2021 a asociación veciñal trasmitíulle unha solicitude dos veciños de Vilasante que levan reclamando dende hai 10 anos. Nela requeríase do Concello a solución ás augas fecais do alcantarillado que afloran na zona e ademais solicitábase a humanización do espazo público do lavadoiro para habilitalo para uso e reunion dos veciños de Vilasante.

Recentemente neste mesmo mes vimos como o Concello procedeu a actuar na área pero tan só realizou o desbroze da zona sen outra obra.

De novo a veciñanza de Vilasante dirixíuse a asociación veciñal para queixarse da inacción e falta de atención por parte do Concello.

A asociación veciñal trasmite de novo as peticións dos veciños de Vilasante:

  • Saneamento do alcantarillado naquela zona.

 

  • Rehabilitación das pedras e paredes do lavadoiro.

 

 

  • Retirada dos tocóns e raices que deixaron alí na última desbroza.

 

  • Colocación duns bancos para facilitar a reunion dos veciños nesa área pública.

 

 

  • Dotación de dúas ou tres farolas para iluminar a área.

Na procura de que se sintan cumplidas as peticións veciñais, solicítase á Alcaldía e partido da oposición que sexa tratado o tema nunha sesion plenaria.

Escairón a 23 de Agosto do 2021

Na data do 9 de setembro acódese a falar co Alcalde sobre a solicitude e a aceptación por parte do Concello. Resposta que será no primeiro trimestre do 2022 cando se poidan acoller ás subvencións do FEDER e o LEADER, e aínda que hai moitas demandas, espera asumir esta. Esperaremos ata esas datas para voltar sobre o tema.

PRESENTACIÓN Á ALCALDÍA DE SOLICITUDES VECIÑAIS

Na data do 30 de xullo a asociación mantivo unha entrevista co Alcalde na que, entre outras moitas cousas, trasmitíuselle as peticións de veciños de Outeiro e Vilasante.

Os veciños de Outeiro reclaman a reposición dun banco que desaparecera.

Os veciños de Vilasante pedían a limpeza e adecuación da área pública do lavadoiro, así como a humanizción dese lugar para uso e reunión dos veciños.

Na data do 9 de agosto, o Alcalde confírmalle á Presidenta da asociación a execución desas dúas peticións.

TRASMÍTESE QUEIXA E SOLICITUDE DOS VECIÑOS DE VILASANTE.

A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese á Alcaldía e partidos da Corporación Municipal para trasmitirlles unha queixa e solicitude da veciñanza de Vilasante.
Recentemente os veciños de Vilasante dirixíronse a asociación veciñal para denunciar que as augas do alcantarillado, que descende soterrado baixo a capa asfáltica da estrada, fíltranse por unha posible rotura da tubería chegando a mezclarse sen depurar no cauce do rego de Mosiños, coa conseguinte contaminación.
Asemesmo solicitan a habilitación, para disfrute humano e social, da área pública da fonte e lavadoiro de Vilasante que hoxe aparece tapada pola vexetación.
A asociación veciñal faise eco desta preocupación veciñal non atendida ata agora pola Alcaldía, polo que
SOLICÍTA:
1. Reparación da tubería do alcantarillado para evitar a dispersión das augas negras que baixan ata a vella depuradora.
2. Restauración da área pública do lavadoiro e fonte para convertila nun lugar de reunión e memoria dos veciños de Vilasante.
Coa intención de que sexan atendidas estas lóxicas peticións veciñais, solicitamos da Alcaldía e dos partidos da corporación que o tema sexa tratado nun Pleno e se lle dé solución.
Escairón a 5 de maio do 2021.

TRASMÍTESE QUEIXA POLA OBRIGADA ESPERA NO EXTERIOR DO AMBULATORIO DE ESCAIRÓN.

A  asociación veciñal diríxese á Comisión municipal de seguemento da Covid-19 para transmitir as queixas da veciñanza polas condicións de espera no exterior do ambulatorio de Escairón para acceder aos servizos sanitarios.

O feito de ter que agardar fóra do ambulatorio, unha medida adoptada como transitoria, parécenos insalubre e contraproducente para os pacientes, especialmente para os maiores, que teñen que permanecer de pé sometidos a condicións climáticas a veces extremas. Ademais, esta medida non evita o contacto e, polo tanto, o risco de contaxio.

Esta situación, que podería entenderse ao inicio da pandemia, seméllanos a estas alturas ineficaz e moi incómoda para a veciñanza. Ademais, non figura nos protocolos da Consellería de Sanidade e non se adoptou noutros concellos da comarca.

Por estas razóns solicitamoslle á Comisión que acabe con esta limitación e que se volva á normalidade, respectando as medidas de prevención e desinfección no interior do edificio, sinalando os asentos dispoñibles e as distancias que se deben manter.

Ao mesmo tempo, débeselles pedir ás persoas usuarias que cumpran escrupulosamente os horarios das citas para evitar aglomeracións.

Por outra parte, solicitamos que se retomen na medida do posible, as consultas presenciais, como se esta a facer noutros centros próximos ao noso concello.

Na procura dunha asistencia sanitaria digna e respectuosa coa poboación, transmítese esta queixa que cremos fundada.

En Escairón, a 14 de setembro de 2020

SOLICÍTASE RECOÑECEMENTO DE INTERESE MUNICIPAL PARA A RUTA DE SENDEIRISMO

A ruta de sendeirismo da Ribeira Sacra do Miño, deseñada e aberta integramente pola Asociación Veciñal do Saviñao, e hoxe é unha realidade grazas a unha subvención de 30.000 € concedida pola Deputación de Lugo no ano 2012. Aquela axuda posibilitou a sinalización e homologación deste longo camiño como PR-G 162.

A intención da asociación na aposta por esta iniciativa foi a de abrir o primeiro (e único) camiño sinalizado no municipio do Saviñao, e a de conseguir a primeira ruta de sendeirismo homologada no territorio da Ribeira Sacra do Miño, así como contribuir á promoción do territorio Miño, en franca inferioridade fronte a numerosa oferta de actividades no territorio do Sil.

Esta ruta de máis de 36 quilómetros, a mais longa de todas as existentes na Ribeira Sacra, acompaña no seu descenso ò río Miño polos concellos do Saviñao e Pantón, mentres se avistan na outra ribeira do río Chantada e Carballedo.

INTERESE DA RUTA:

Sigue leyendo

RECLÁMASE REBACHEO URXENTE NA ESTRADA DE TORNO A VILELOS

Tal e como ven acontecendo todos os anos, na estrada provincial 5811 entre Torno e Vilelos, reabríronse de novo numerosas e profundas fochancas na calzada que case imposibilitan o tránsito. Na data do 20 de decembro do 2019 e a petición dos veciños, diriximos solicitude á área de Xestión Territorial da Deputación de pronta intervención e rebacheo para facilitar o tránsito normal.

O tramo afectado supón uns 400 metros nas proximidades de Santa Cruz. Este tramo precisará con tempo unha reposición integral para evitar a contínua apertura de fochancas e zanxar dunha vez por todas co problema.

Adxuntamos solicitude e documentación fotográfica.

texto

PC183425 copia PC183428 PC183429 PC183430 copia PC183431 copia

Na data do 27 de decembro comprobamos como se executou un rebacheado nese tramo. A obra foi feita pola empresa do Saviñao Virgilio, consistíu nun aglomerado en frio das fochancas sen compactación, que aliviará temporalmente a situación. Esperemos que nos meses próximos aborden unha reparación integral deste tramo que ano tras ano ven levantandose.