A Devesa precisa de coidados continuados


Continuando coa actividade da asociación de coidado e protección da Devesa, e tal como vimos repetindo todos os anos por estas datas propicias para as labores de plantación, e por certo con boa resposta por parte municipal na reposición anual, notificamos ó concello a necesaria reposición das pezas que causaron baixa neste último ano. Ademais desta atención anual, neste ano solicítase unha laboura de poda, saneamento e selado dos exemplares máis lonxevos, cara a evitar esgañizamentos que poden acortar a vida e con elo a duración de este querido patrimonio .

Así na data do 10 de febreiro do 2014 diriximos ó concello solicitude e argumentos.

A Asociación Veciñal do Saviñao, a través da súa presidenta Violeta Perez Figueroa, diríxese díante da Alcaldía do Concello do Saviñao para solicitar unha nova intervención no espazo da Devesa de Escairón.

Na procura dunha atención a conservación de esta arboreda tan significativa e representativa para todos os veciños do municipio, consideramos unha tarefa necesaria a reposición metódica e permanente de cada unha das pezas que van desaparecendo cos anos. Esta medida ten demostrada a sáu efectividade por canto o volumen arbóreo da Devesa é a día de hoxe maior do que era fai 20 anos.

Tendo en conta que está a piques de comezar a época da prantación, e como xa se leva facendo nestes últimos anos e con bó criterio, solicítase a reprantación dos pés que secaron despois da reposición feita o ano pasado.

       SOLICÍTASE por tanto a reprantación de:

– 4 carballos no mesmo lugar onde o ano pasado non prenderon .

 – 1 carballo a prantar na zona de tras do edificio do xulgado de Paz. Motívamos esta prantación por canto alí hai un carballo que leva varios anos mermando e actualmente en vías de secar definitivamente. Para garantir a reposición e evitar claros no conxunto, deberíase prantar moi próximo ó que está secando, de maneira que vaia medrando ata a sutitución definitiva. Aquela é unha zona bastante asolada.

– 3 castiñeiros de índias co fín de manter a liña desta especie na beirarrúa da zona baixa da Devesa. É unha reposición necesaria para manter a armonía desfeita coa seca e posterior corta no ano pasado destes tres pés.

Asemesmo solicitamos unha actuación a abordar cada década. Consideramos que as vellas pezas centenárias do núcleo da Devesa precisan dunha atención que pode mellorar a súa lonxevidade e a bó seguro agradecerían, unha poda e cerna de todas as partes secas para evitala extensión da corrosión, así como o correcto selado dos cortes e feridas, e o remodelado e poda dalgunhas pezas que teñen perigo de fractura. Estes traballos deberían ser levados a cabo por personal técnico especializado, polo que pedimos unha pequena dedicación do presuposto municipal para tratar de conservar e facer perdurar este patrimonio natural. É o mellor legado que podemos deixar ás xeneracións futuras.

A principios do ano 2016 repetimos visita ó concello e nova solicitude de coidados para a Devesa . Como no ano anterior non reprantaran peza algunha , e dando por perdidos os tres castiñeiros de indias da beirarrúa do fondo da Devesa , pedimos a prantación dos 5 carballos que fracasaran na última actuación . Asemesmo solicitamos a tan necesaria poda terapeutica e selado dos vellos carballos , pero a mans de profesionais . Obtemos como resposta o compromiso de reprantación , pero en marzo comprobamos como non prantou un carballo solicitado entre o xulgado de paz e a gardería , xa que naquela zona hai unha vella peza que está secando .

Tamén confirma que invertirá 33.000 € dunha subvención para poñer rego automático , así como para refacer a beirarrúa que hai fronte a Devesa con pedra , e a ubicación de iluminación interior , cando aínda están sen retirar as arquetas da anterior e fracasada iluminación interna . Gastos en accións superfluas  , en lugar de protexer e coidar as vellas pezas .

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail