A AUGA DO CONSUMO DA TRAÍDA MUNICIPAL CONTINÚA OCASIONANDO PROBLEMAS AOS VECIÑOS.

        É non nos referimos só o seu precio , que foi incrementado dunha maneira alarmante polo Concello, senón  á desconfianza que xenera o toldosa e sucia cor  e aos custos extras que lle está supoñendo aos veciños as reparacións por esta causa.

     Dende hai tempo e dunha maneira puntual, pero reincidente, a auga do consumo sae sucia, e o Concello non parece tomar iniciativa para solucionar o problema, por elo a Asociación Veciñal do Saviñao dirixíuse á Alcaldía para trasmitir as queixas dos veciños pola mala calidade da auga da rede de distribución municipal.

        Un bó número de veciños acercáronse á asociación veciñal para trasmitir o descontento pola calidade da auga de consumo da rede de distribución municipal. En concreto refiren que en ocasións, coincidindo coas tempadas de tormenta ou de choiva intensa, a auga pública é obscura e opaca, non sendo apta para o consumo directo e aportando unha gran desconfianza para o uso culinario e ata para as funcións de aseo persoal comprobado como quedan sucias as toallas despois do secado corporal.

      Algúns veciños víronse obrigados a cambiar os filtros das caldeiras da calefacción por mor da cantidade de pousos que trae a auga da traída, ocasionando importantes custos nas reparacións e indignando á veciñanza que vé como se incrementou ultimamente o precio da auga, pero non se invirte nas solucións a este problema crónico.  Por elo

SOLICÍTASE do Concello:

         Unha adecuada inversion na renovación ou colocación dos sistemas de filtrado que sexan tecnicamente precisos, na entrada ou na saída das tuberías dos depósitos de almacenamento do monte de Santo Antonio, a fin de solventar estes problemas de sedimentos. Incluso valorar a necesidade de colocar filtros en cada un dos puntos de conexión ás vivendas. A calidade e salubridade da auga de consumo debe estar garantida, só risco de sofrir un serio problema de saúde pública.

         Esperemos que o Alcalde saínte faga unha última acción antes da súa retirada e invirta algunha parte de ese superavit que creou coa suba de todas as tasas e impostos para solucionar os problemas dos veciños.

         Escairón, a 18 de marzo do 2019.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail