A ASOCIACIÓN DENUNCIA QUE O CONCELLO PERMITE O USO DO PUNTO DE RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS COMO PUNTO LIMPO CLANDESTINO.

Recibidas na asociación queixas dos veciños da rúa Celso Emilio Ferreiro de Escairón , polo alarmante incremento de ratas de gran tamaño nas proximidades das vivendas, cortes e negocios da zona, atribuídas á prolongada existencia de vertidos clandestinos  de lixo no punto oficial de recollida de plásticos agrícolas ubicado no lugar proximo de ” Os Bulleiros “.

Comprobamos como o punto específico de depósito de plásticos convertíuse nun vertedoiro incontrolado de materiais de diversa procedencia . Así é apreciable o predominio de calquera outro tipo de material acumulado : cascallos de obra, palés, mobiliario urbano, trapos e tecidos, caixas de bebidas, etc. acumulados nun longo periodo de tempo.

Considérase que este é o punto de orixe da presenza de roedores, o que o convirte nun foco perigoso para a saúde pública , afectando gravemente á veciñanza .

Por elo a asociación ven de rexistrar no Concello, o 8 de novembro, solicitude de :

1.- Inmediata limpeza da área descrita , peche do perímetro do depósito de plásticos e indicación da exclusiva utilidade, control do acceso ó mesmo , e vixianza contínua dos vertidos .

2.- Asemesmo solicítase a dotación dun Punto Limpo oficial e homologado de recollida e depósito de todo tipo de material pesado e non orgánico , xa que esta é unha das carencias básicas dun municipio do tamaño e características do Saviñao.

Escairón , a 8 de novembro do 2016.

No mes de abril acodimos a entrevistarnos co Alcalde por este e outros temas. Afirma que a xente é moi sucia por acumular alí todo tipo de basura, pero nega que sexa a causa da presenza de ratas nas vivendas próximas. Insistimos na urxencia en retirar todo o basurero, así como na necesidade dun punto limpo oficial. Ante esto dí que é imposible por canto precisría dun operario permanente. A propósito, despois da suba das tasas e impostos, este concello ten superavit.

Na data do 15 de xuño do 2017 as excavadoras comezan a retirar os escombros e demais material solido. Por fin se soluciona este grande vertedeiro clandestino á carón mesmo de Escairón. Agora esperemos ó seguinte paso : a consecución dun punto limpo oficial.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail